Rodolfo Martín Villa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodolfo Martín Villa
Rodolfo Martín Villa
Medalla de Galiza.svg
Datos persoais
Nacemento 3 de outubro de 1934
Lugar Santa María del Páramo, (León)
Organización Partido Popular
Alianza Popular
Partido Demócrata Popular
Unión de Centro Democrático
Profesión Empresario

Rodolfo Martín Villa, nado en Santa María del Páramo, León o 3 de outubro de 1934, é un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Enxeñería Industrial en Madrid e foi o xefe nacional do SEU. Procurador en Cortes, foi Gobernador Civil de Barcelona entre 1974 e 1975. Ministro de Relacións Sindicais (1975 - 1976), Ministro da Gobernación (1976 - 1977) e Ministro do Interior (1977 - 1979). Ministro de Administración Territorial con Calvo-Sotelo (1980 - 1982) co rango de Vicepresidente. Foi senador por designación real (1977 - 1978) e deputado da UCD por León. Foi secretario de organización da UCD (1982). En 1985 ingresou no PDP e foi presidente do partido en Castela e León. En 1989 entrou en Alianza Popular, elixido deputado nese ano e ao ano seguinte forma parte da executiva do partido. Presidente de Endesa (1997 - 2002). Foi comisionado do Goberno para o Prestige. Na actualidade (2009), e dende o 2004[1], é Presidente de Sogecable.

Notas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Alejandro Fernández Sordo
Ministro de Relacións Sindicais de España
1975 - 1976
Sucesor:
Enrique de la Mata Gorostizaga


Predecesor:
Manuel Fraga Iribarne
Ministro da Gobernación de España
1976 - 1977
Sucesor:
Pasa a denominarse Ministro do Interior


Predecesor:
Anteriormente denomínase Ministro da Gobernación
Ministro do Interior de España
1977 - 1979
Sucesor:
Antonio Ibáñez Freire


Predecesor:
José Pedro Pérez-Llorca
Ministro de Administración Territorial de España
1980 - 1981
Sucesor:
Rafael Arias-Salgado


Predecesor:
Manuel Gutiérrez Mellado
Vicepresidente Primeiro do Goberno de España
1981 - 1982
Sucesor:
Juan Antonio García Díez