Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bernardino Graña Villar, nado en Cangas o 27 de setembro de 1932, é un escritor galego.
Fillo de Bernardino Graña Refojos. Foi catedrático de lingua e literatura na educación secundaria en diversos destinos, entre eles Onda, Reus, Guadix, Zaragoza, Padrón e Sarria e Cangas, até a súa xubilación en 1991. Desde moi mozo formou parte do Consello de Redacción da revista poética Alba. Participou tamén como articulista en La Noche e Faro de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta noutras publicacións. En 1958 participa na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), entidade da que foi nomeado socio de honra no 1996. O 12 de xuño de 2010 entrou a formar parte da Real Academia Galega.
- Poema do home que quixo vivir (1958, Brais Pinto, Madrid).
- Profecía do mar (1966, Galaxia).
- Non vexo Vigo nin Cangas (1975, Xistral).
- Se o noso amor e os peixes... (1980, Xerais).
- Sima-cima do voar tolo (1984, Algalia).
- Himno verde (1992, Espiral Maior).
- Ardentía: obra poética completa (1995, Espiral Maior).
- Luz de novembro (1997, Espiral Maior).
- Sen sombra e sen amor (2004, Galaxia).
- Acendede as almenaras (2008, Xerais).
- Ser auga, darse en auga (2011, PEN Clube de Galicia).
- Vinte mil pesos crime (1962, Galaxia).
- Sinfarín contra don Perfeuto (1975, separata de Grial).
- Os burros que comen ouro nunca cabalos serán (1992, Sotelo Blanco).
- O león e o paxaro rebelde (1969, Galaxia).
- Planeta dos ratos tolos (1990, Ediciones S. M.).
- Xan Guindán, capitán (1991, Xerais).
- Namoro de lobo Pipo na escola de don Perico (1992, Sotelo Blanco).
- Oso mimoso (1992, Xerais).
- Cristo e San Pedro; Peregrinos: contos populares de Galicia (1994, Xerais).
- O gaiteiro e o Rato Pérez (1994, Xerais).
- Rata linda de Compostela (1994, Xerais).
- Xan Guindán, mensaxeiro (1994, Obradoiro).
- Contra o león covarde (1995, Edicións do Cumio).
- O lobo e o grilo (1995, Sotelo Blanco).
- Son un pasmón peatón (1995, A. C. Monte Branco).
- Xan Guindán e os Salvaxes (1995, Obradoiro).
- Cantigas de Santa María (1996, Xerais).
- O quirico lambón (1997, Xerais).
- O gaiteiro e o ratiño (1999, Xunta de Galicia).
- No castelo de Marbel (2009, A Nosa Terra).
- Un porco con chapeu (2009, A Nosa Terra).
- Larpancia saborosa do lobo e a raposa (2010, Edicións Embora).
- Curros Enríquez e os gansos (2011, Morgante).
- Tragaxán e Tragadiño (2016, Galaxia).
- Lobísimo do saco. Tres titiritadas (2019). Galaxia, Col. Árbore. 204 páxs. ISBN 978-84-9151-397-1.
- Fins do mundo (1974, Brais Pinto. 2ª edición de 1989, Xerais).
- Protoevanxeo do Neto de Herodes (2005, La Voz de Galicia, e 2006, Xerais).
- Carmela e os ladróns (2010, Morgante).
- ¡Medre o mar! (2013, Morgante).
- A fuga a Exipto (2016, Galaxia).
- O neno mariñeiro (2017, Xerais).
- Conversas con Bernardino Graña, de Rafael Fernández Lorenzo e Héitor Mera (2005, Xerais).
- Homenaxe a Luís Seoane (1977).
- Antoloxía da poesía galega actual. Nordés (1978, Edicións do Castro).
- I Festival de Poesía no Condado (1981, S. C. D. Condado).
- II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
- III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado).
- IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
- VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
- VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
- IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
- X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1990, S. C. D. Condado).
- XI Festival da Poesia no Condado (1991, S. C. D. Condado).
- Os monos contra os paxaros (1992, Xunta de Galicia).
- XIII Festival da Poesia no Condado (1993, S. C. D. Condado).
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Edicións do Castro).
- Relato contemporáneo (1995, Xerais).
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
- E dixo o corvo... (1997, Xunta de Galicia).
- A poesía é o gran milagre do mundo (2001, PEN Clube de Galicia).
- Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
- Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán (2003, Edicións do Cumio).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
- 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo).
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
- Xela Arias, quedas en nós (2004, Xerais).
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
- Poetas con Rosalía (2006, Fundación Rosalía de Castro).
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
- Vinte cantigas de escarnio e maldicir (2009, Morgante). Edición literaria con Alexandre Ripoll Anta.
- Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
- Berros no roncar das ondas (2012, ArTeu). Poemas en diálogo con fotografías de Xacobe Meléndrez Fassbender.
- Se as aves insistisen na ledicia. A obra de Bernardino Graña, de Antonia López García, 2002, Laiovento.
- Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
- Bernardino, mariñeiro do verbo, de Héitor Mera, 2012, Morgante.
- 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1969, por O león e o paxaro rebelde.
- Premio Abrente no 1969, por Os burros que comen ouro nunca cabalos serán.
- Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago no 1978, por Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen.
- Premio Merlín no 1993, por O gaiteiro e o Rato Pérez.
- Pedrón de Ouro en 1999.
- Gañador da segunda edición do Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa no 2003, por Protoevanxeo do neto de Herodes.
- Premio PEN Voz de Liberdade no 2003.
- Premio Estornela de teatro no 2008, por Larpancia saborosa do lobo e a raposa.
- Premio Brais Pinto no 2013.