José Frau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frau
Nome José María Isidro Frau y Ruiz
Nacemento 15 de maio de 1898
Lugar Vigo
Falecemento 24 de marzo de 1976
Lugar Madrid
Nacionalidade galega
Influenciado por Antonio Muñoz Degrain

José María Isidro Frau y Ruiz, nado o 15 de maio de 1898 en Vigo e finado o 24 de marzo de 1976 en Madrid, foi un pintor de orixe galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha andaluza e un mallorquino, carabineiro destinado en Vigo, con tres anos abandonou Galicia.

Estudou na Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, sendo discípulo de Antonio Muñoz Degrain.

Expuxo en Pittsburgh e viaxou a Buenos Aires e Montevideo. En 1950 foi a vivir a México onde expón, así coma en Nova York. Fixou a súa residencia definitiva en España, na provincia de Guadalajara, en 1966.

Pódese apreciar obra de Frau no Museo Municipal Quiñones de León (sala monográfica con nove cadros doados polo autor), na Colección Afundación,[1] no Museo Provincial de Pontevedra,[2] no Museo de Belas Artes da Coruña,[3] e no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Amais diso, ten obra no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[4] e en pinacotecas de París, Pittsburgh, Moscova, Nova York, Buenos Aires, California e Alemaña.

En Vigo, unha rúa, entre as rúas Álvaro Cunqueiro e López Mora, leva o nome do pintor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Frau na Colección Afundación.
  2. Frau no Museo de Pontevedra: [1], [2], [3], [4]
  3. Frau no Museo de Belas Artes da Coruña.
  4. Frau no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]