Antonio Cánovas del Castillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Cánovas del Castillo
Canovas2.jpg
Antonio Cánovas del Castillo
Ministro de Gobernación
Período 1864
Antecesor Antonio Benavides
Sucesor Luis González Bravo
Ministro de Ultramar
Período 1865-1866
Antecesor Manuel Seijas Lozano
Sucesor Alejandro de Castro Casal
Presidente do Ministerio-Rexencia
Período 1874-1875
Antecesor Francisco Serrano
Sucesor Afonso XII
Presidente do Consello de Ministros de España
Período 1875-1879
Antecesor Joaquín Jovellar Soler
Sucesor Arsenio Martínez-Campos Antón
Presidente do Consello de Ministros de España
Período 1879-1881
Antecesor Arsenio Martínez-Campos Antón
Sucesor Práxedes Mateo Sagasta
Presidente do Consello de Ministros de España
Período 1884-1885
Antecesor José de Posada Herrera
Sucesor Práxedes Mateo Sagasta
Datos persoais
Nacemento 24 de febreiro de 1819
Lugar Madrid
Falecemento 21 de febreiro de 1903
Lugar Arrasate, (Guipúscoa)
Organización Unión Liberal (1858) e Partido Liberal-Conservador
Profesión avogado e político
Relixión católica
Firma Cánovas del Castillo.png

Antonio Cánovas del Castillo, nado en Málaga o 8 de febreiro de 1828 e finado en Arrasate (Guipúscoa) o 8 de agosto de 1897, foi un político e historiador español coñecido principalmente polo seu apoio á Restauración borbónica de 1874 e por converterse no máximo dirixente dos conservadores no "sistema de quendas" por el establecido. Foi presidente do goberno español nos períodos 1874-1875, 1875-1879, 1879-1881, 1884-1885, 1890-1892 e 1895-1897.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deu os primeiros pasos na política da man de Leopoldo O'Donnell. Foi o artífice da Revolución de 1854 proclamada co "Manifesto de Manzanares", escrito polo propio Cánovas. Membro da Unión Liberal, foi ministro de Gobernación en 1864 e de Ultramar en 1865 durante o reinado de Isabel II, antes de se proclamar a Primeira República Española.

Despois da revolución Gloriosa de 1868 e do destronamento de Isabel II encargouse de preparar a volta de Afonso XII, fillo daquela. En 1874 tras o pronunciamento do xeneral Martínez Campos en Sagunto e a proclamación de Afonso XII como rei foi o encargado de idear e dar forma ó sistema da Restauración. O sistema de carácter bipardista fundamentado na Constitución de 1876 era en teoría unha democracia parlamentaria. Defensor convencido dos beneficios do bipartidismo fundou o Partido Liberal Conservador de tendencia conservadora e favoreceu a formación dun partido liberal que aceptase a lexitimidade do sistema político implantado. Con Práxedes Mateo Sagasta, líder do Partido Liberal Fusionista estableceu a quenda política obrigatoria, mediante o Pacto do Pardo en 1881.

Na práctica o sistema canovista baseouse nas fraudes electorais periódicas, apoiadas no caciquismo, que facían posible a alternancia no poder, como medio de disipar tensións. Deste xeito accedeu varias veces ó cargo da presidencia do goberno, sendo o primeiro presidente do consello de ministros de Afonso XII.

Foi o autor da Constitución de 1876 e asumiu funcións de xefe do estado durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena (1885-1902). Decretou inicialmente o sufraxio restrinxido en 1878 e o sufraxio universal masculino non se restableceu ata 1890 baixo o goberno de Sagasta.

O seu goberno desenvolveu unha política colonial baseada na represión dos partidarios dunha Cuba libre. A política levada a cabo contra o nacionalismo cubano acabaría conducindo a España á perda das últimas colonias na guerra hispano-americana contra os Estados Unidos en 1898. Exerceu igualmente unha forte represión contra a disidencia política no interior de España.

Mausoleo de Cánovas en Madrid (A. Querol, 1906).

Cánovas morreu asasinado o 8 de agosto de 1897 no balneario de Santa Águeda, en Guipúscoa, a mans do anarquista italiano Michele Angiolillo, que se inscribira no establecemento como correspondente do xornal Il Popolo. Segundo as súas declaracións ó ser detido atentara contra el en resposta ás mortes e tortura dos revolucionarios detidos en Barcelona tras o atentado contra a procesión de Corpus en xuño de 1896.

Obra[editar | editar a fonte]

Cánovas del Castillo foi, ademais de político, un activo home de letras. Os seus escritos históricos concedéronlle notable reputación, en especial a súa Historia de la decadencia de España, pola cal foi elixido en 1860, con só 32 anos, membro da Real Academia da Historia. A este honor seguiríanlle a súa incorporación a outras institucións de letras, entre elas, a Real Academia Española en 1867, a Academia de Ciencias Morais e Políticas en 1871 e a Academia de Belas Artes de San Fernando en 1887. Tamén oficiou como director do Ateneo de Madrid (1870-74, 1882-84 e 1888-89).

A súa obra historiográfica mais sobranceira constitúea a Historia General de España (1891-1897) en 18 volumes. Entre as súas publicacións e libros que conteñen textos seus están os seguintes:

  • La campana de Huesca: (crónica del siglo XII) / Antonio Cánovas del Castillo ; prólogo de Serafín Estébanez Calderón (El Solitario). Colección Austral. 1851.
  • Historia de la decadencia de España desde Felipe III hasta Carlos II. 1854.
  • Bosquejo histórico de la Casa de Austria en España. 1869.
  • Discurso sobre la nación : inauguración del curso del Ateneo de Madrid, noviembre de 1882 / Antonio Cánovas del Castillo ; introdución de Andrés de Blas. 1882.
  • Estudios del reinado de Felipe IV. Madrid, Imprenta Pérez Dubrull, 2 vols. 1888-1889.
  • Criterio histórico con que las distintas personas que en el descubrimiento de América intervinieron han sido después juzgadas : conferencia inaugural de Antonio Cánovas del Castillo, pronunciada el día 11 de febrero de 1891.—Ed. facsímile. Clásicos Biblioteca Nacional. Orixinal: Madrid, Sucesores de Rivadeneyra, 1892-1894.
  • Historia General de España. 18 vols. 1897.
  • Discursos parlamentarios / Antonio Cánovas del Castillo ; estudo preliminar Diego López Garrido.
Predecesor:
Antonio Benavides
 Ministro de Gobernación 
1864
Sucesor:
Luis González Bravo
Predecesor:
Manuel Seijas Lozano
 Ministro de Ultramar 
1865 - 1866
Sucesor:
Alejandro de Castro Casal
Predecesor:
Francisco Serrano
 Presidente do Ministerio-Rexencia 
1874 - 1875
Sucesor:
Afonso XII
Predecesor:
Joaquín Jovellar Soler
 Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1875 - 1879
Sucesor:
Arsenio Martínez-Campos Antón
Predecesor:
Arsenio Martínez-Campos Antón
 Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1879 - 1881
Sucesor:
Práxedes Mateo Sagasta
Predecesor:
José de Posada Herrera
 Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1884 - 1885
Sucesor:
Práxedes Mateo Sagasta
Predecesor:
Francisco de Borja Queipo de Llano
 Presidente do Congreso dos Deputados 
1885 - 1886
Sucesor:
Cristino Martos Balbi
Predecesor:
Práxedes Mateo Sagasta
 Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1890 - 1892
Sucesor:
Práxedes Mateo Sagasta
Predecesor:
Práxedes Mateo Sagasta
 Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1895 - 1897
Sucesor:
Marcelo Azcárraga Palmero
Predecesor:
Marcelo Azcárraga Palmero
 Membro da Real Academia da Historia de España 
1859-1897
Sucesor:
Vicente Vignau y Ballester

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]