Pedro Sarmiento de Gamboa
Pedro Sarmiento de Gamboa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de agosto de 1530 |
Lugar de nacemento | Pontevedra e Alcalá de Henares |
Falecemento | 1592 |
Lugar de falecemento | Lisboa |
Nacionalidade | España |
Ocupación | explorador, escritor, navegante, historiador e astrónomo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pedro Sarmiento de Gamboa, nado en Pontevedra en 1532 e finado no Océano Atlántico, fronte a Lisboa, en 1592, foi un navegante e historiador galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Participou con Álvaro de Mendaña na expedición que descubriu as Illas Salomón. Foi nomeado capitán dunha das naves de Mendaña (1567).
En 1579 impartíuselle a orde de seguirlle ós pasos ó pirata Drake, saíndo do Callao cara ao Estreito de Magallanes con once navíos. Ó non encontralo, foi enviado novamente en 1581, polo rei Filipe II a fortificar o estreito de Magallanes, con vinte e catro navíos e dous mil cincocentos homes establecendo o Forte de San Felipe, a primeira poboación patagónica de Chile, 60 quilómetros ó sur de Punta Arenas. Pero os colonos españois enfrontaron innumerables adversidades, morrendo de fame, e este lugar pasou á historia co tráxico nome de Port Famine (Porto da Fame).

Nunha das súas viaxes a España buscando axuda para estes colonos foi apresado por piratas ingleses e levado a Londres. Liberado pola raíña Isabel I, foi de novo apresado polos franceses, ata que pagou o rescate en 1590.
Regresou por fin a España e foi recibido por Filipe II. Pouco despois foi nomeado Almirante da armada, e nun dos seus barcos morrería en 1592, fronte ás costas de Lisboa.
Diversos territorios de México e Guatemala foron percorridos por Pedro Sarmiento antes da súa chegada ó Perú en 1557. En 1569 o vicerrei Francisco de Toledo ordenoulle que escribise un compendio dos costumes, a vida cotiá e a organización política do Imperio Inca, realizando a "Historia Índica". O seu relato, escrito de xeito preciso e descritivo, serve de complemento ás crónicas doutros autores como Pachacútec ou Pedro Cieza de León. Os amplos coñecementos de astroloxía que Sarmiento demostrou ocasionaron problemas coa Inquisición.
Outros Sarmiento[editar | editar a fonte]
Non se debe confundir con:
- Pedro Sarmiento, protagonista da revolta de Toledo de 1449.
- Pedro Gómez Sarmiento, bispo e cardeal contemporáneo seu.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Sarmiento de Gamboa ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Sarmiento de Gamboa, Pedro 1943. Historia de los Incas. Buenos Aires: Emecé Editores.
- "Pedro Sarmiento de Gamboa". Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.