Diciopedia do século 21
| Diciopedia do século 21 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Forma artística
| |||||||
|
Lingua
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Edicións en galego
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Ediciós do Castro.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Foi presentada en decembro de 2006 en Santiago de Compostela polos directores das tres editoriais: Isaac Díaz Pardo (Ediciós do Castro), Víctor F. Freixanes (Galaxia) e Antón Mascato (Edicións do Cumio).[3]
| “ | A Diciopedia do século 21 representa un fito na edición galega, porque é a primeira obra destas características, redactada na vixente normativa da Real Academia Galega, que reflicte a evolución da lingua e cultura do país. | ” |
— Isaac Díaz Pardo | ||
Froito de catro anos de elaboración e con 2.600 páxinas, ten 4.500 fotografías a cor, 850 planos e mapas (incluíndo cada país do mundo e tódolos concellos de Galicia), 425 debuxos e gráficos, máis de 80.000 entradas de dicionario e máis 45.000 biografías, topónimos e nomes propios.[4]
A primeira edición, de 4.000 exemplares, incluía o agasallo dunha medalla de Atenea, deusa da sabedoría, deseñada por Díaz Pardo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «A "Diciopedia", novo piar para o galego» Arquivado 09 de setembro de 2014 en Wayback Machine. Galicia Hoxe, 22/12/2006 (en castelán).
- ↑ Tomo 3. p. 1 686 en Google Books
- ↑ Iglesias, Óscar. «A 'Diciopedia' galega, catro anos de traballo editorial» El País, 22/12/2006.
- ↑ Publicidade da Diciopedia do século 21 en La Voz de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diciopedia do século 21. Vistas previas en Google Books: 1 A-D, 2 E-Ñ e 3 O-Z