Saltar ao contido

Manuel Rodríguez Cadaval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Rodríguez Cadaval
Biografía
Nacemento1850 Editar o valor en Wikidata
Sabarís Editar o valor en Wikidata
Mortedecembro de 1925 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

Manuel Rodríguez Cadaval, nado en Santa Cristina da Ramallosa, Baiona, en 1850 e finado en 1925, foi un xurista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia de avoengo, estudou latín no Seminario de Tui. Alumno da Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Dereito. Abriu bufete en Vigo e afiliouse ao Partido Conservador do que foi xefe.[1] Foi deputado provincial, asesor do concello e conselleiro do Banco de España.[2]

Aconsellou ao alcalde Adolfo Gregorio Espino para que fixese xestións con José Elduayen (amigo de ámbolos dous) para a doazón do Pazo de Castrelos e o seu parque ao concello.[2]

Foi presidente da sociedade Recreo Artístico de Vigo, que organizaba certames literarios e musicais en Vigo e afeccionado á caza.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1890 recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.[3]

Desde 1926, trala proposta do Ateneo de Vigo, presidido por Amado Garra, unha rúa do centro, entre a Porta do Sol e a Rúa Progreso, leva o nome de "Doutor Cadaval" na súa memoria.[2]

  1. 1 2 Santiago & Nogueira 1902.
  2. 1 2 3 Vázquez Xil 1994.
  3. ↑ Guía oficial de España (en castelán). Viuda de M. Minuesa de los Ríos. Imprenta de la Gaceta de Madrid. 1894. p. 197.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]