Mercedes Ruibal
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1928 Xeve |
| Morte | 12 de abril de 2003 Madrid |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | pintora, escritora |
| Familia | |
| Cónxuxe | Agustín Pérez Bellas |
| Nai | Aurora Argibay Iglesias |
| Irmáns | José Ruibal |
Mercedes Ruibal Argibay, nada en Xeve (Pontevedra) en 1928 e finada en Madrid o 12 de abril de 2003,[1] foi unha pintora e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1939 foi co seu irmán José Ruibal e coa súa familia a Bos Aires. Cando tiña uns vinte anos, emigrara a Bos Aires onde permaneceu algún tempo. Alí residía seu irmán, o escritor José Ruibal, que a introduciu no suxestivo mundo dos intelectuais e artistas dunha cidade cosmopolita como a capital bonaerense a principios dos anos cincuenta. Ali tamén comezou a pintar baixo os consellos e a guía de Laxeiro, cuxa obra marcou a Mercedes. Durante a súa estancia en Bos Aires fixo a súa primeira exposición en 1956.
En 1957 regresou a Galicia e expuxo en Vigo, cidade na que viviu boa parte da súa vida; unha mostra á que seguiron máis persoas en importantes galerías galegas e madrileñas. Mercedes fascinada polo ambiente que había no Madrid da posguerra, quedou un tempo na cidade aprendendo e pintando. En 1959 casou co tamén pintor Agustín Pérez Bellas. Despois veu a época de madurez da súa vocación.
Grazas ás influencias iniciais de Laxeiro e do seu gusto por un primitivismo arcaizante e naíf que foi o que marcou os seus primeiros períodos, un romántico popular cun acusado acento expresionista. A pesar disto moitos críticos coincidiron en sinalar de Mercedes era pintora dun único estilo.
Obras
[editar | editar a fonte]- Confesiones de una volatinera con bragas de repuesto al dorso, 1978.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mercedes Ruibal fallece en Madrid", La Voz de Galicia, 13-4-2003, p. 48
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- José Ruibal Argibay (irmán).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sobrino, María Luisa (2006). "Mercedes Ruibal" Arquivado 15 de marzo de 2018 en Wayback Machine. Álbum de Mulleres.
- Compendio de bibliografía
- Biografía na web DoGrisAoVioleta.ga Arquivado 16 de xullo de 2019 en Wayback Machine.