Carlos García Bayón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1914 Caldas de Reis, España |
Morte | 20 de xullo de 2003 (88 anos) Xuño, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor, xornalista |
Premios | |
| |
Carlos García Bayón, nado en Caldas de Reis o 1 de outubro de 1914 e finado en Xuño (Porto do Son) o 20 de xullo de 2003,[1] foi un mestre, escritor e xornalista galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En decembro de 1937 Gustavo Kruckenberg nomeouno delegado local de Prensa e Propaganda en Caldas de Reis,[3] e en febreiro de 1938 foi destinado como mestre a Palmeira (Ribeira). [4] En Ribeira fundou en 1946 o Colexio Bayón, despois musealizado.[5]
Foi cronista oficial de Ribeira desde 1983[6] e Boiro[Cómpre referencia]. A partir de 1956 colaborou en diversas publicacións e catálogos como Compostela monumental (1993).
Obras
[editar | editar a fonte]- Los caminos de Santiago en Galicia, 1991.
- Piedras ilustres de la Barbanza, Muros y Xallas, 1997.
- Guía das heráldicas de Pobra do Deán e Vila do Caramiñal, 1998.
- Nueva galería de piedras ilustres de la Barbanza, Muros y Xallas, 2000.
- Valle-Inclán y Viana del Prior: estampas del tiempo ido, 2001.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio periodístico sobre Padrón y sus Hijos Ilustres (1960), polo artigo "Tres esperanzas y una rosa" publicado en La Voz de Galicia[7]
- Premio Pérez Lugín (1961)[8]
- Premio Fernández Latorre (1965)
- Medalla de Prata do Mérito Turístico (1989)[9]
- Premio Julio Camba (1993)
- Premio Fenosa
- Medalla Castelao (1999)
Unha rúa leva o seu nome na súa vila natal.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1938 na igrexa de San Nicolao da Coruña[10] con Pilar Vigo Rodríguez, falecida en 1945. Foron pais de Carlos García Vigo. Tempo despois casou con Dolores Ares Pego.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Manuel Dourado Deira (2003). "In memoriam: Carlos García Bayón". Encrucillada (134): 421–423.
- ↑ Manuel Teira (10 de setembro de 2003). "Carlos García Bayón". La Voz de Galicia. XXVII.
- ↑ "Delegación Provincial de Prensa y Propaganda". El Pueblo Gallego. 16 de decembro de 1937. p. 2.
- ↑ "Escuelas y Maestros". El Compostelano. 4 de febreiro de 1938. p. 2.
- ↑ M. X. Blanco (21 de novembro de 2014). "El legado bibliográfico de García Bayón ya está a salvo". La Voz de Galicia.
- ↑ "Hemeroteca: Ribeira lloró la muerte de su cronista oficial, Carlos García Bayón". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de outubro de 2019.
- ↑ Piñeiro Ares, José (21 de abril de 1960). "El acto literario del martes de Pascua en Padrón". El Pueblo Gallego. p. 11.
- ↑ "El Premio Pérez Lugín 1961, a D. Carlos García Bayón". La Noche. 5 de setembro de 1961. p. 8.
- ↑ Consellería de Industria e Comercio (15 de novembro de 1989). "Orde pola que se concede a Medalla de Prata ó Mérito Turístico de Galicia a don Jorge Víctor Sueiro Rodríguez e don Carlos García Bayón". Diario Oficial de Galicia.
- ↑ "Nuestra Sociedad". El Ideal Gallego. 18 de setembro de 1938. p. 2.