Anxo Angueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anxo Angueira Viturro
Anxo Angueira.jpg
Anxo Angueira Viturro
Nacemento 13 de xaneiro de 1961 (56 anos)
Lugar Manselle, Dodro Galicia Galicia
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación escritor
Xéneros narrativa, poesía, ensaio
editar datos en Wikidata ]

Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961, é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega. É o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro[1], con sede na Casa Museo de Rosalía, desde o 1 de xuño de 2012.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sempre vinculado ó seu concello natal, pasou dous anos da súa infancia en Asados (Rianxo), e realizou os estudos de bacharelato na vila veciña de Padrón. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa literatura galega da man do seu mestre de lingua castelá, Bernardino Graña. Gañou premios de poesía e narrativa cando era bacharel, en certames literarios celebrados no propio centro de ensino.

Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde estuda Filoloxía Hispánica coa especialidade en lingua galega. Na época universitaria compaxinaba os estudos e o traballo, que tiña en Padrón, residindo na vila das Terras de Iria.

Unha vez concluídos os estudos universitarios comeza a impartir clases de lingua e literatura galegas no IES Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Reside na cidade olívica; está casado e ten dous fillos.

Publica diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participa na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colabora na publicación da CUT O Xornal e na revista A Trabe de Ouro. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que se celebra en Dodro. Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto ao pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.

No ano 2012 presenta a súa candidatura á presidencia da Fundación Rosalía, candidatura única e consensual, despois de que se producise a dimisión de Helena Villar Janeiro o 13 de abril, motivada por un desacordo na aprobación dos orzamentos dese ano[2]. Dende xuño de 2012 ostenta o cargo de presidente da Fundación Rosalía de Castro[3].

Obra[editar | editar a fonte]

Anxo Angueira 2.jpg

Narrativa[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Redondela, en Unha liña no ceo. 58 narradores galegos 1979-1996, 1996, Xerais.
  • Mini-relatos, 1999. Librería Cartabón.
  • O cura de Fruíme en Materia prima. Narrativa galega contemporánea, 2002, Xerais.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra, 2003, Espiral Maior.
  • Rebelados en Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata, 2003, Difusora.
  • Son de poesía, 2005, Edições Fluviais, Lisboa.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
  • Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
  • Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
  • Que lle podo ofrecer a quen me intente?, 2011, Xerais. Coordinador do volume xunto a Teresa Bermúdez.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.
  • Participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG. 2014. 
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
  • No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.

Premios recibidos[editar | editar a fonte]

  • Accésit Premio Esquío 1988, polo poemario Val de Ramirás.
  • Gañador do certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla en 1992 con O mar e o río do regreso.
  • Accésit do premio de poesía Camiño de Santiago en 1994 polo poema O valo de Manselle.
  • Premio Café Dublín 1996, polo libro de relatos Bágoas de facer illas.
  • Premio Xosé María Díaz Castro en 1997 por Libro da Vertixe.
  • Premio Xerais de novela en 1999 por Pensa nao.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Fundación Rosalía de Castro: Executiva da Fundación.
  2. La Voz de Galicia (29-5-2012) ‹‹O escritor Anxo Angueira, único candidato á presidencia da Fundación Rosalía››. "Trátase dunha candidatura consensual, segundo explicou a presidenta en funcións".
  3. La Voz de Galicia (2-6-2012) «Angueira aposta por reactivar os Estudos Rosalianos». "O escritor foi elixido onte novo presidente da fundación padronesa".
  4. Con prólogo de Francisco Fernández del Riego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]