Francisco Javier Martínez Enríquez
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Francisco Javier Martínez Enríquez | |
---|---|
Nacemento | 1808 |
Ourense | |
Falecemento | 19 de xaneiro de 1887 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Fillos | Joaquín Martínez Montenegro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Javier Martínez Enríquez Sarmiento de Valladares, VII Marqués de Valladares, nado en Ourense en 1808[Cómpre referencia] e finado en Vigo o 19 de xaneiro de 1887[1], foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Oficial de Infantería. Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821), pola provincia de Ourense (1834-1836), cargo desde onde defendeu a capitalidade de Vigo e pola provincia de Lugo (1837). Foi gobernador e presidente da Deputación de Pontevedra (1836). Foi alcalde de Vigo (1843-1844) e foi nomeado senador vitalicio (1846-1847).
Casou con Joaquina Montenegro Ponte, e foi pai de Joaquín Martínez Montenegro e de dúas fillas, María del Carmen, que casou con José Elduayen e Dolores, con Evaristo Pérez de Castro Brito.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Correspondencia de España, 26-1-1887, p. 4