Saltar ao contido

Ramón Martínez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Martínez López

Retrato en Vida Gallega, 1933. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1907 Editar o valor en Wikidata
Boiro Editar o valor en Wikidata
Morte12 de setembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático, lingüista, político, filólogo, hispanista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIsabel Castromán Loureiro (1912-1997) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Diccionario de escritores en lingua galega
Diccionario bio-bibliográfico de escritores Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 149780 Galiciana: 304296 BNE: XX1164176 BUSC: martinez-lopez-ramon-1907-1989 Nomes e Voces: 13701

Ramón Martínez López, nado en Boiro o 4 de abril de 1907 e finado en Pontevedra o 12 de setembro de 1989, foi un filólogo e político galego. Ingresou na Real Academia Galega en 1976 e foi recoñecido coa Medalla Castelao en 1984.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como estudante, participou na creación en 1923 do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou en El Compostelano con artigos en galego e unha serie titulada Lambizos asinada co pseudónimo Xan do Cotón. Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1927 e en Filosofía e Letras pola mesma universidade en 1929, comezou a traballar como profesor de secundaria de latín e lingua e literatura española en Eivisa, Vigo e Lugo. En 1931 estivo entre os fundadores do Partido Galeguista. Foi retratado por varios dos renovadores, como Carlos Maside e Luís Seoane.[1]

Gañou en 1933 unha praza de profesor no Instituto español de Lisboa e, posteriormente, conseguiu a praza de profesor de literatura comparada na Universidade de Lisboa. En 1934 recibiu unha bolsa de investigación do goberno francés, e mudouse a París e en 1935 encargouse da organización do Salón do Libro Español.

En 1936 doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid e accedeu aos postos de agregado cultural nas embaixadas españolas de Portugal e Francia durante a Guerra civil española, como parte leal ao goberno democrático da Segunda República. Tamén estivo dando clase durante tres meses na Universidade de Alxer e logo loitou na fronte, pero coa derrota republicana marchou ao exilio en Francia, onde estivo nun campo de refuxiados, e logo á Arxentina, arribando a Buenos Aires no vapor Massilia o 5 de novembro de 1939.[2]

Comezou a investigar no instituto filolóxico de Buenos Aires, baixo a dirección de Amado Alonso e en 1940 accede ao departamento de Linguas Románicas da Universidade de Austin, en Texas, onde realizará o seu labor de pescuda e docencia ata a súa xubilación en 1971. En 1950 consegue a cidadanía estadounidense e en 1959 a praza de profesor. Traballou como profesor visitante na Universidade do Novo México e nas de Wisconsin, Porto Rico, Denver e Middlebury.

A General Historia, na súa versión galega do s. XIV, foi editada por Martínez López.

Os seus temas de investigación principais foron a literatura medieval en galego, e a el débense as edicións críticas modernas das Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio e da General Estoria, do mesmo autor. Traballou tamén outros campos da poesía medieval e contemporánea española (Antonio Machado) e da literatura portuguesa (Teixeira de Pascoaes, entre outros), e publicou distintos estudos e artigos sobre literatura galega, tanto en galego como en inglés.

En 1971 regresou a Galicia despois da xubilación, e contribuíu na reorganización do galeguismo. Coa chegada da democracia recuperou as súas acreditacións como profesor de secundaria e foi reposto. En 1976 ingresou como membro de número da Real Academia Galega coa lectura do discurso Contribucións norteamericás á historia da cultura medieval galega[3], respondido por Isidoro Millán González-Pardo. En 1984, data da súa instauración, recibiu a Medalla Castelao.

  • Alfonso Álvarez de Villasandino, poeta gallego del Cancionero de Baena (1940).
  • Bibliografía Hispánica (1957).
  • General Estoria. Versión gallega del siglo XIV (1963). Universidade de Oviedo.
  • "La literatura gallega en el exilio" (1976).[4]
  • A literatura galega no exilio (1987). Fundación Otero Pedrayo.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Vilagarcía con Isabel Castromán Loureiro en 1933.[5]

  1. Rozas, Mercedes (30/3/2023). "Ramón Martínez López, un boirense no Seminario de Estudos Galegos". Nós Diario. Consultado o 30/3/2023.
  2. Exiliados republicanos en la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires: inserción y participación política (1939-1946)
  3. Martínez López, R. (2007). Contribucións norteamericás á historia da cultura medieval galega. A Coruña: Real Academia Galega.
  4. En Abellán, José Luis, ed. (1976). El exilio español de 1939. Biblioteca política Taurus (en castelán). 6. Cataluña. Euzkadi. Galicia. Exiliados españoles. Vida intelectual. Madrid: Taurus. ISBN 84-306-3997-7.
  5. Galicia, 24-9-1933, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]