Saltar ao contido

Dicionario biográfico de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dicionario biográfico de Galicia
 Título
Dicionario biográfico de Galicia Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
Consulta.
 Lingua
Autoría
Publicación
 Editorial
Localización
 País de orixe
Wikidata

O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Con máis de 4.100 biografías de galegos de todos os tempos, o dicionario defínese coma unha ferramenta de consulta para facer máis doado o traballo a escolares e profesionais no emprego do galego.

O texto presentase a dúas columnas e leva pequenas fotografías, sempre en branco e negro. Agrúpase en tres tomos, cada un deles cun índice alfabético ao final, incluíndo preto de cincocentas entradas de mulleres:

IR INDO
Tomo
1
Abad
Docampo

 Dicionario biográfico de Galicia








 
IR INDO
Tomo
2
Docobo
Moreiras

 Dicionario biográfico de Galicia








 
IR INDO
Tomo
3
Moreiras
Zumalave

 Dicionario biográfico de Galicia








 

Nas páxinas 322-333 do Tomo III inclúese un anexo do Tomo I, con 24 entradas, que comeza con Abad Vidal, Xosé e remata con Díaz García, Juán Ramón.

Na obra non aparecen os reis de Galicia, nin outros persoeiros relevantes como Aurelio Aguirre, Álvaro Cunqueiro, Luís Amado Carballo, Gonzalo López Abente, Marcial Valladares ou Fermín Penzol e si persoeiros que non teñen relación con Galicia como o tirano Polícrates de Samos, o poeta Simónides (de Samos) ou o pintor francés Léon Bonnat, nado na Baiona francesa.

As entradas aparecen ordenadas segundo o nome completo e non polo máis coñecido. Por exemplo, non se atopa sa entradas "Castelao", "Reixa, Antón", "Risco, Vicente" ou "Ana Kiro" senón "Rodríguez Castelao, Afonso Daniel Manuel", "Rodríguez Reixa, Antón", "Martínez-Risco Agüero, Vicente" e "María Dolores Casanova González". En ocasións non se respecta a orde alfabética (p. ex. en Martínez Salazar, Andrés, p. 279). Así mesmo, os nomes de pía aparecen galeguizados.

  1. A obra recibiu axuda da Consellería de Cultura e Turismo, Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, nos anos 2009 e 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]