Saltar ao contido

Coral de Ruada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coral de Ruada
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1918 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Fontes e ligazóns
Redes
Enciclopedia Galega Universal: 105532 Galiciana: 27981 BNE: XX158716 Musicbrainz: eb62f739-3b71-493f-9301-ab7e34c469bc Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Interpretación do himno galego, Os Pinos, pola Coral de Ruada na casa-museo de Otero Pedrayo, 2018.
Bandeira de Galicia deseñada por Camilo Díaz Baliño e encomendada pola Empresa Fraga para a Coral de Ruada en 1920.

A Coral de Ruada é unha histórica agrupación musical galega con sede en Ourense.

Foi creada o 5 de outubro de 1918 por Xavier Prado Rodríguez “Lameiro”, Virxilio Fernández González, Julio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla.

Fixo unha rolda de concertos por América do Sur en 1931, na que Camilo Díaz Baliño foi o escenógrafo. O documental de 1937 The Spanish Earth, do holandés Joris Ivens, comeza coa interpretación por parte da Coral de Ruada da peza "Negra sombra", de Rosalía de Castro, gravada en 1929 polo selo Columbia baixo dirección de Daniel González.[1].

En 1946 interpretaron varias cancións populares no filme Mar abierto, de Ramón Torrado.[2]

Tivo como directores a Daniel González Rodríguez (1919-1955), Manuel de Dios (1955-1990), Bruno Fuentes, José María González Álvarez e Juan José Rumbao. Dende o ano 2009 está dirixida por Xoán Vázquez Casas.[3]

A Coral instituíu o Premio Xavier Prado Lameiro para recoñecer o labor de persoas ou entidades distinguidas polo seu compromiso coa cultura e o folclore galegos. Por citar algún dos premiados, en 2019 foi concedido á Agrupación Cultural Cantigas e Frores (de Lugo), en 2022 a Méndez Ferrín e en 2024 á Asociación Cultural Aimil Folc (de Xinzo de Limia).[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. "Negra Sombra: melodía gallega; Foliada de Orense: canto gallego / Coro de Ruada; director, D. González". Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. 
  2. "Mar abierto". www.coralderuada.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2018. Consultado o 16 de agosto de 2018. 
  3. "Daniel González y Manuel de Dios, los grandes directores". Faro de Vigo (en castelán). 1/7/2018. 
  4. "Coral de Ruada". Consultado o 24.07.2025. .
  5. "A Coral De Ruada recibirá o Premio Trasalba". CCG. 5/4/2018. 
  6. "O Premio Otero Pedrayo 2024 recoñece a traxectoria artística de máis dun século da Coral de Ruada". Xunta de Galicia. 2024-10-14. Consultado o 2024-10-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.