Margarita Ledo Andión
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Margarita Ledo Andión | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Margarita Ledo Andión |
Nacemento | 5 de febreiro de 1951 |
Castro de Rei | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritora, xornalista e profesora universitaria |
Cónxuxe | Cipriano Luís Jiménez Casas |
Premios | Premio Nacional de Cine e audiovisual |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Margarita Ledo Andión, nada en Castro de Rei o 5 de febreiro de 1951, é unha xornalista, escritora e cineasta galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela Filosofía e Letras, carreira que non rematou. Polas súas actividades nacionalistas estivo exiliada en Portugal (1974-1976), onde traballou como lectora de galego na Universidade de Letras de Porto e organizou as Xornadas da Cultura Galega.[Cómpre referencia] Titulouse en Xornalismo en Barcelona. Foi directora do semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980 e realizou numerosas investigacións sobre a prensa galega. Foi profesora da Universidade Autónoma de Barcelona (1983-1991) e profesora da Facultade de Ciencias da Información da USC desde 1991, onde exerce como catedrática de comunicación audiovisual. Tamén dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego e pertence á Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e á Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM). En 2004 dirixe a súa primeira longametraxe documental, Santa Liberdade (sobre o secuestro do buque Santa María polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1961, que rebautizaron como Santa Libertade), ao que seguen outros.
En marzo de 2008 é seleccionada para ser membro da Real Academia Galega, e en maio dese mesmo ano recibiu o Premio Nacional de Cine e audiovisual, correspondente ós Premios Nacionais da Cultura Galega.
Ingresou na RAG o 7 de febreiro do 2009.
Recibiu o Premio Otero Pedrayo en 2018[1].
Obra escrita en galego[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Parolar cun eu, cun intre, con inseuto (1970, Xistral).
- O corvo érguese cedo (1973, Xistral).
- Linguas mortas: serial radiofónico (1989, Sotelo Blanco), con fotografías de Anna Turbau.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Mama-fé (1983, Xerais), relatos.
- Trasalba ou Violeta e o militar morto (1985, Xerais), novela.
- Porta blindada (1990, Xerais), novela.
- Historias como Barcelona (1992, Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia).
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Prensa e galeguismo (1982, Ediciós do Castro).
- Foto-xoc e xornalismo de crise (1988, Ediciós do Castro).
- O diario postelevisivo (1993, Lea).
- Documentalismo fotográfico contemporáneo (1995, Xerais).
- Informe sobre o audiovisual en Galicia, 1998 (2000, Consello da Cultura Galega).
- Comunicación local no espazo lusófono (2007).
- Do bucle e da fenda: para un ensaio crítico sobre a cultura galega (2009, Real Academia Galega).
En volumes colectivos[editar | editar a fonte]
- Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
- II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
- III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado).
- O quiquiriquí e outras narracións. Traballos premiados no 8º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1983, Ediciós do Castro).
- IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
- Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
- V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
- VI Festival da Poesía no Condado (1986, S. C. D. Condado).
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986, Concello de Lugo).
- VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
- VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
- IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
- "Vía Durruti, ano trinta e seis", en Caderno de viaxe (1989, Xerais).
- X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1990, S. C. D. Condado).
- "Interior do mundo", en Sede Central. Relatos 2 (1990).
- "Renda do muro", en Contos eróticos / elas (1990, Xerais).
- XI Festival da Poesia no Condado (1991, S. C. D. Condado).
- XII Festival da Poesia no Condado (1992, S. C. D. Condado).
- XIII Festival da Poesia no Condado (1993, S. C. D. Condado).
- XIV Festival da Poesia no Condado (1994, S. C. D. Condado).
- XV Festival da Poesia no Condado (1995, S. C. D. Condado).
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
- Comunicación na periferia atlántica: extracto das actas do congreso celebrado en Santiago de Compostela en novembro 95 (1996, Universidade de Santiago de Compostela).
- Construír a paz (1996, Xerais).
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
- Alguén agarda que volva alí (1998).
- Skinwel hag etresevenaduriezh e Breizh, Galicia ha Bro-Gembre. Televisión e interculturalidade en Bretaña, Galicia e País de Gales. Teledu a rhyngddiwylliant yn Llydaw, Galicia a Chymru (1998, CRTVG).
- Comunicación audiovisual: investigación e formación universitarias : actas do II Coloquio Brasil-Estado español de Ciencias da Comunicación (Santiago de Compostela, 23-25 de novembro de 1998) (1999, Universidade de Santiago de Compostela).
- Para umha Galiza independente (2000, Abrente Editora).
- Rituais (2000, Consello da Cultura Galega).
- Galicia, Finlandia: modos de pensar: a cultura, o mundo, a comunicación. Actas das xornadas celebradas os días 9, 10 e 11 de novembro de 2000 en Santiago de Compostela (2002, Consello da Cultura Galega).
- XVII Festival da Poesia. Verbas para nom esquecer... (2003, S. C. D. Condado).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
- Os "estados xerais" da cinematografía en Galiza. Catálogo de produccións 2001-2002 (2004, Universidade de Santiago de Compostela).
- O ensino no documental, o documental no ensino: encontro internacional de investigadores, 21, 22 e 23 de setembro 2005 (2006, Universidade de Santiago de Compostela).
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia).
- Comunicación local no espazo lusófono: relatorios do VII Congreso Internacional da comunicación lusófona, Lusocom 2006 (2007, Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación).
- "Sen título", en A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
- Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 (2009, Fundación Bautista Álvarez).
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011, Galaxia).
- Galicia 1936-2011: estudos sobre o filme de Carlos Velo (2011, Universidade de Santiago de Compostela).
- Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (2012).
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Marcas na paisaxe. Coordinadora.[2]
Premios[editar | editar a fonte]
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 1982, por Rematado a man.
- Premio Os Bos e Xenerosos da AELG no 2015.
- Premio Ramón Piñeiro-Facer País en 2016.
- Premio Otero Pedrayo en 2018.[1]
- Premio do Festival de Sevilla en 2020 pola dirección de Nación.[3]
Obra escrita en castelán[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Documentalismo fotográfico: éxodos e identidad (1998, Cátedra).
- Del Cine-Ojo a Dogma 95 : paseo por el amor y la muerte del cinematógrafo documental (2004, Paidós).
- Cine de fotógrafos (2005, Gustavo Gili).
Filmografía[editar | editar a fonte]
Como directora[editar | editar a fonte]
- Santa Liberdade (2004).
- Hai que botalos (2005).
- Liste, pronunciado Líster (2007).
- A cicatriz branca (2012).
- Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra (2016, Nós, Produtora Cinematográfica Galega, libro-DVD).
- Nación (2020).
Como produtora[editar | editar a fonte]
- CCCV (Cine Clube Carlos Varela) (2005).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Margarita Ledo, primeira muller premiada co Otero Pedrayo nos seus 40 anos de historia". Sermos Galiza. 12/12/2017.
- ↑ Casas, Alicia. "Margarita Ledo: "Cando te expulsan do teu país soamente podes levar a lingua, non a terra"". Galicia Confidencial. Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ "A cineasta galega Margarita Ledo premiada no Festival de Sevilla por 'Nación'". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-11-14.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Margarita Ledo Andión ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Margarita Ledo Andión na Biblioteca Virtual Galega.
- Ficha da autora en Xerais
- Margarita Ledo Andión na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
Predecesor: Euloxio R. Ruibal |
Arquiveira/Bibliotecaria da RAG 2013 - 2017 |
Sucesor: Fina Casalderrey |
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Poetas de Galicia
- Galegos de Cataluña
- Xornalistas de Castro de Rei
- Personalidades do audiovisual galego
- Premios Nacionais da Cultura Galega
- Membros de número da Real Academia Galega
- Nados en Castro de Rei
- Nados en 1951
- Arquiveiros/Bibliotecarios da Real Academia Galega
- Enciclopedistas de Galicia
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela