Modesto Seara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Seara en 2008.

Modesto Seara Vázquez, nado o 11 de setembro de 1931 en Allariz, é unha figura galega do dereito recoñecida internacionalmente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudos en dereito na Universidade Central de Madrid, e obtivo o título de licenciado en 1955. Viaxou a Londres en 1957 e tamén a París, onde cursou o doutoramento en dereito internacional na Universidade da Sorbona. En 1959 presentou a tese Études de Droit Interplanetaire, unha das primeiras obras sobre o dereito da espazo exterior.

É académico das Relacións Internacionais, destacou polas súas achegas no campo do Dereito do espazo exterior, Dereito Internacional e o estudo das Relacións Internacionais. En 2011 desempeñaba o cargo de reitor da Universidade Tecnolóxica da Mixteca, da Universidade do Mar, da Universidade do Istmo, da Universidade da Serra Sur, da Universidade da Sierra Juárez, da Universidade do Papaloapan e da Universidade da Cañada, que forman o Sistema de Universidades Estatais de Oaxaca (SUNEO).

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

En 2011 foi recoñecido pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]