Biblioteca Básica da Cultura Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Biblioteca Básica da Cultura Galega é un produto editorial formado por unha colección de cincuenta libros, en lingua galega, publicados dende 1982 pola Editorial Galaxia, co patrocinio das deputacións de Galicia.

Descrición[editar | editar a fonte]

Inda que o proxecto xa estaba moi avanzado cando Carlos Casares chegou á Galaxia, a selección de títulos fixérona el e Ramón Piñeiro, pretendendo que un público amplo coñecese as obras literarias de cabeceira de Galicia, por iso aparecen autores do Rexurdimento, da Xeración Nós, e tamén escritores consagrados do momento. A selección enriquecíase con manuais de historia da literatura, lingua, cultura popular, economía, socioloxía, antoloxías, escolmas e vocabularios, coma a gramática de Álvarez, Monteagudo e Regueira.[1]

Orixinalmente de encadernación rústica, en tapa branda ilustrada, o deseño das cubertas foi obra de Francisco Mantecón Rodríguez e Manuel Janeiro Casal

As temáticas tratadas son: Galicia; Cultura Histórica; Cultura Popular; Economía e Socioloxía; Galeguismo e Literatura.

Biblioteca Básica da Cultura Galega, 01, A Xeografía, Augusto Pérez Alberti.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 02, A Historia, Ramón Villares.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 04, A arte, Carmen Pena López.jpg
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 06, Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega, R. Otero Pedrayo.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 08, Galicia Románica, I. G. Bango Torviso.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 15, Cancioneiro Popular Galego, Ramón Cabanillas.jpg
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 16, Refraneiro galego básico, Xesús Ferro Ruibal.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 17, Lendas Galegas de Tradición Oral, X. M. González Reboredo.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 18, Contos Populares, Maruxa Barrio e Enrique Harguindey.jpg
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 19, Cántigas populares, Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 20, Romarías e Santuarios, Antonio Fraguas.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 22, A Galicia Campesina, Benxamín Casal.jpg
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 23, A Galicia Mariñeira, Uxío Labarta.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 25, A Emigración, Carlos Sixerei Paredes.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 26, Pensamento Galeguista do Século XIX, F. Fernández del Riego.jpg
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 27, Pensamento Galeguista do Século XX, F. Fernández del Riego.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 36, Obra Completa, L. Amado Carballo.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 37, Escolma Poética, V. Lamas Carvajal.jpg
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 39, Escolma de Poesía, A. Iglesia Alvariño.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 40, Vilardevós, Silvio Santiago.jpg Biblioteca Básica da Cultura Galega, 44, Prosas Galegas, Florentino L. Cuevillas.jpg
Algunhas das cubertas da colección.
Unha biblioteca basada nos feitos históricos, nos datos económicos, nas manifestacións estéticas e nas creacións populares da comunidade galega. Unha cultura cimentada na claridade e ao servicio de todos.[2]

Números, títulos e autores[editar | editar a fonte]

1: A xeografía: Augusto Pérez Alberti
1b: Xeografía humana: Xosé Manuel Souto González
2: A historia: Ramón Villares Paz
4: A arte: María del Carmen Pena López
5: Historia da literatura: Francisco Fernández del Riego
6: Ensaio histórico sobre a cultura galega: Otero Pedrayo
7: O segredo do humor: Celestino Fernández de la Vega
8: Galicia románica: I. G. Bango Torviso; trad.: Pepe Carballude
9: As peregrinacións xacobeas: Francisco Fernández del Riego
11: A casa: Xaquín Lorenzo Fernández
12: A terra: Xaquín Lorenzo Fernández
13: O mar e os ríos: Xaquín Lorenzo Fernández
14: Os oficios: Xaquín Lorenzo Fernández
15: Cancioneiro popular galego: Ramón Cabanillas
16: Refraneiro galego básico: Xesús Ferro Ruibal
17: Lendas galegas de tradición oral: X. M. González Reboredo
18: Contos populares: Maruxa Barrio e Enrique Harguindey
19: Cántigas populares: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina
20: Romarías e santuarios: Antonio Fraguas Fraguas
21: A cociña galega: Álvaro Cunqueiro
22: A Galicia campesina: Benxamín Casal
23: A Galicia mariñeira: Uxío Labarta Fernández
25: A emigración: Carlos Sixirei Paredes
26: Pensamento galeguista do século XIX: comp.: Fernández del Riego
27: Pensamento galeguista do século XX: comp.: Fernández del Riego
29: Cantares gallegos: Rosalía de Castro
30: Follas novas: Rosalía de Castro
31: Queixumes dos pinos: Eduardo Pondal
32: Aires da miña terra: Manuel Curros Enríquez
33: Antoloxía poética: Cabanillas ; limiar, selección e notas de Dónega
34: Do ermo: Antonio Noriega Varela
35: De catro a catro e outros poemas: Manoel Antonio
36: Obra completa: Luis Amado Carballo
37: Escolma poética: Valentín Lamas Carvajal
38: Sombra do aire na herba: Luís Pimentel
39: Escolma de poesía: Aquilino Iglesia Alvariño
40: Vilardevós. Silvio Santiago García
41: Narracións e outras prosas: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
42: O porco de pé. Vicente Martínez Risco
43: O fidalgo e outras narracións: Ramón Otero Pedrayo
44: Prosas galegas: Florentino López Cuevillas
45: A esmorga: Eduardo Blanco-Amor
46: Dos arquivos do trasno: Rafael Dieste Gonçalves
47: Escola de menciñeiros: Cunqueiro; prólogo de García-Sabell
48: Vocabulario galego-castelán: X. L. Franco Grande
49: Longa noite de pedra: Celso Emilio Ferreiro
50: Gramática galega: R. Álvarez, H. Monteagudo e X. L. Regueira

Edición de 1995[editar | editar a fonte]

En 1995, publicada conxuntamente por Galaxia e Ir Indo e patrocinada pola Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Caixa Galicia, fíxose unha edición de luxo, encadernada en tapa dura, símil pel, co nome na portada de Biblioteca da Cultura Galega, na que o ordenamento e a selección de títulos variou levemente.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Villanueva Gesteira, María Dolores: "Casares e Galaxia, Casares en Galaxia", páxina 36 en Grial n.º 196, 2012.
  2. Contraportadas.
  3. Entrada "Biblioteca Básica da Cultura Galega" na EGU e no DEGU.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]