Vicente de Zaragoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVicente de Zaragoza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Vincentiusla Editar o valor em Wikidata
século III Editar o valor em Wikidata
Huesca Editar o valor em Wikidata
Mortec. 304 Editar o valor em Wikidata
Valentia Edetanorum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Morte na fogueira Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCristianismo Editar o valor em Wikidata
OcupaciónDiácono Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
ProfesoresValerius II of Saragossa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLatín clásico Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa22 de xaneiro
11 de novembro (Igrexa ortodoxa) Editar o valor em Wikidata
Patrón deAdegueiro, Portugal e Lisboa Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porSedición Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 10851073 Editar o valor em Wikidata

San Vicente de Zaragoza, tamén coñecido como San Vicente de Huesca ou San Vicente Mártir,[1] e tamén coas variantes Vicenzo e Vicencio[1], foi un clérigo hispanorromano, diácono de San Valerio de Zaragoza.[1]

Segundo a tradición, Vicente foi acusado da predicación da fe e martirizado baixo o goberno de Diocleciano.

A persecución en Hispania[editar | editar a fonte]

Non se sabe con certeza se naceu en Huesca ou en Zaragoza.[2] Durante a persecución de Diocleciano, Valerio, bispo de Zaragoza, e Vicente foron prendidos no ano 303 por orde do prefecto Publio Daciano, e trasladados a Valencia.[2] Valerio foi condenado ao desterro, mentres que Vicente sufriu o martirio. A súa morte produciuse en data imprecisa —a tradición asígnalle o 22 de xaneiro— no ano 304 ou 305.[2] De acordo á lenda, antes de morrer, fixo converterse ao cristinianismo o seu verdugo.

Martirio de Vicente[editar | editar a fonte]

Imaxe de San Vicenzo, en Vimianzo, representado cun corvo ao seu carón.

Vicente foi colocado nun ecúleo.[2] Rompéronlle os brazos e as pernas, azoutárono, e abríronlle as carnes con uñas de garfos de aceiro.[2] Mais, sen conseguir os seus propósitos, Daciano ordenou que fose desollado e colocado nunha grella sobre brasas quentes e sal.[2] Foi guindado máis tarde a un alxube, onde morreu. O seu corpo foi abandonado nun vertedoiro (onde se levantaría unha ermida, hoxe parroquia de San Vicente Mártir en Benimámet), onde foi defendido por un corvo fronte á ameaza dun lobo. Daciano ordenou lanzar o seu cadáver ao mar cunha pedra de muíño, pero o corpo foi devolto á beira. Este foi recolleito e escondido pola comunidade cristiá.

Iconografía e culto[editar | editar a fonte]

Adoita aparecer en pintura coas vestimentas do seu rango, acompañado por un corvo ou suxeito a unha moa de muíño ou unha grella. Estes símbolos fan referencia ao seu longo e atroz martirio.[2]

É patrón de 31 parroquias galegas coa variante San Vicenzo e de 67 coa variante San Vicente.

Cultura popular en Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia, adoitábase invocar para a bendición da masa e do pan e, por tal motivo, era considerado patrón dos panadeiros[1]. Algunhas das frases empregadas son:

  • San Vicente te acrecente[1]
  • San Vicente, meu parente, que me puxo a man na frente[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Abad, Xoán C. (2022). In hac lacrimarum valle. Guía ilustrada para recoñecer os santos patróns dos templos da provincia de Pontevedra. Instituto de Estudos Vigueses.