Saltar ao contido

Cántigas da Terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cántigas da Terra
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
28 de decembro de 1916 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Lugar de formación
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 94242
Wikidata C:Commons

Cántigas da Terra é un coro galego, formado na Coruña o 28 de decembro de 1916.

Cántigas da Terra foi fundado o 28 de decembro de 1916 na Coruña, por un grupo de intelectuais vencellados ás Irmandades da Fala que tiñan como obxectivo normalizar a cultura galega. [1] O coro, formado inicialmente só por homes, naceu coa idea de abranguer varias disciplinas: canto, danza, teatro, poesía, pintura, etc.[1] Eladio Rodríguez foi elixido primeiro presidente.

Debutou ante o público o 12 de xullo de 1917 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, coa peza A festa do Tabeirón, de Enrique Labarta Pose. Estaban dirixidos musicalmente por Mauricio Farto Parra e artisticamente por Leandro Carré Alvarellos e Xosé Iglesias Roura. Entre 1927 e 1929 o seu presidente foi Antón Villar Ponte [2].

O 25 de setembro de 1922 o grupo actuou na praza de touros de Corcubión, con seis mozas vestidas co traxe típico das Mariñas cantando no Coro acompañadas por vinte e tres homes. Naquela ocasión estiveron dirixidos por Manuel Fernández Amor, creador dos corpos de baile e polifonía.

En 1954 o coro foi invitado ao II Congreso de música celta celebrado en Brest, na primeira actuación dunha colectividade galega na Bretaña. Nese congreso, logo da comunicación presentada pola representación do Coro, aceptouse que "as características e constantes esenciais da música popular galega, eran coincidentes con aquelas outras dos países representados". Dese xeito, Galicia pasou a ser considerada unha das nacións celtas.

A formación gravou 19 discos. O primeiro deles foi en 1920, en matrices de cera, e o último foi presentado no 2004. Ademais participou en gravacións para programas de radio e televisión de varios países. Durante a súa historia o coro fixo centos de actuacións en Galiza e viaxou por España, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Gran Bretaña, a Arxentina e o Brasil.

1917.

Repertorio

[editar | editar a fonte]

O coro foi fundado co gallo de recuperar e espallar a música e a cultura galegas. O seu repertorio conta con máis de setecentas partituras, entre alalás, pandeiradas, maneos, foliadas, muiñeiras, cántigas de berce, cantares de arrieiro e de desafío ou alboradas.

Procuran tamén a preservación do traxe tradicional, buscando antecedentes históricos e estudando as variación das distintas comarcas, así como o coidado da lingua vernácula coa recollida de termos propios. Tamén recollen todo tipo de instrumentos musicais populares, recuperando os xa en desuso.

Colaboraron coa formación personalidades como o boticario e gaiteiro Perfecto Feijoo, o crego Saturnino Cuíñas, Mauricio Farto Parra (un dos fundadores do coro), Manuel Fernández Amor (primeiro gaiteiro e posteriormente director do coro), Leandro Carré Alvarellos (director do grupo teatral), os presidentes da Agrupación Eladio Rodríguez González, Antón Vilar Ponte, Manuel Abelenda Zapata, José Luis Bugallal Marchesí e Geranio Torreiro Antón, ou os futbolistas do Deportivo da Coruña Salvador Fojón (vogal da primeira directiva), Venancio Deus (fundador e baixo na primeira actuación) e Angelito (director artístico).[3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
Placa en homenaxe ao centenario do coro Cántigas da Terra no teatro Rosalía de Castro da Coruña
  1. 1 2 "Cántigas da Terra: música e moito máis". Fundación Alexandre Bóveda. Consultado o 3 de abril de 2025.
  2. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Xerais:Vigo, p. 330
  3. "Cántigas da Terra, un coro moi unido ás orixes do Dépor, cumpre 100 anos". Deportivo da Coruña. 28 de decembro de 2016. Consultado o 4 de abril de 2025.
  4. Cántigas da Terra entra en el callejero

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]