Juan Carlos Wasmosy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Carlos María Wasmosy Monti
Nome orixinal(es) Juan Carlos Wasmosy Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Carlos María Wasmosy Monti Editar o valor em Wikidata
15 de decembro de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Asunción, Paraguai Editar o valor em Wikidata
Cargos
Presidente do Paraguai
Período15 de agosto de 1993 – 15 de agosto de 1998
AntecesorAndrés Rodríguez
SucesorRaúl Cubas Grau
Datos persoais
País de nacionalidadeParaguai Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo
EducaciónUniversidade Nacional de Assunção (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEnxeñeiro
Partido políticoPartido Colorado - Asociación Nacional Republicana - ANR
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Notes
Foi o primeiro presidente paraguaio elixido democraticamente após a ditadura de Alfredo Stroessner.


Juan Carlos María Wasmosy Monti, nado en Asunción o 15 de decembro de 1938, é un empresario, enxeñeiro e político paraguaio, que foi presidente do seu país desde o 15 de agosto de 1993 até o 15 de agosto de 1998.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe familiar[editar | editar a fonte]

A súa familia era de orixe húngara e brasileira.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Foi elixido polo Partido Colorado, sendo o primeiro presidente civil despois da presidencia de Alfredo Stroessner (membro do mesmo partido) e o primeiro elixido democraticamente desde 1811. Wasmosy desempeñou un papel no desenvolvemento económico e social do Paraguai, especialmente a través da súa participación na construción da represa hidroeléctrica Itaipú, a maior do mundo naquel momento (superada hoxe polo encoro das Tres Gargantas na China)​​,[1] e foi criticado principalmente por non apoiar reformas democráticas significativas e por manter no seu goberno a antigos colaboradores do réxime anterior, a ditadura militar de Stroessner, participante na Operación Cóndor.[2] Privatizou grandes empresas estatais, como as Lineas Aéreas de Paraguay (LAP), absorvida pola TAM brasileira (hoxe LATAM).

Polémica por corrupción[editar | editar a fonte]

Foi acusado de corrupción política en relación a un escándalo bancario, declarado culpábel en 2002 e condenado a catro anos de cárcere. Foi acusado de transferir 6 millóns de dólares do Instituto de Bienestar Social do goberno a un banco privado no que era accionista. Ningún presidente paraguaio tiña sido declarado culpábel de ningún crime en tempos modernos. A condena foi apelada e a sentenza reducida a fianza e arresto domiciliario.[3]

Wasmosy recibindo a Manuel Fraga en Paraguai en 1995.

Honras[editar | editar a fonte]

O 17 de decembro de 1995 foi condecorado co Grande-Colar da Orde do Infante D. Henrique de Portugal.[4] No mesmo ano, a Xunta de Galicia presidida por Manuel Fraga outorgoulle a Medalla de Ouro de Galicia.[5] Ao ano seguinte, en 1996, recibiu a maior condecoración do Uruguai.

Non puido presentarse á reelección en 1998, seguindo a lei paraguaia, e como expresidente foi nomeado senador vitalicio.

Notas

  1. "Represa de Itaipú (Brasil-Paraguay) - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2024-02-28. 
  2. "Alfredo Stroessner, el tirano de un país invisible". La Vanguardia (en castelán). 2021-09-18. Consultado o 2024-02-28. 
  3. Rohter (NYT), Larry (2002-04-16). "Paraguay: Ex-President Convicted Of Corruption". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2024-02-28. 
  4. "Cidadãos Estrangeiros Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Juan Carlos Wasmosy". Consultado o 2016-04-11. 
  5. "DOG 55 do 20/03/1995 - DECRETO 76/1995, do 16 de marzo, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Juan Carlos Wasmosy Monti, presidente da República do Paraguai.". www.xunta.gal. Consultado o 2024-02-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Andrés Rodríguez
 Presidente do Paraguai 
15 de agosto de 1993 – 15 de agosto de 1998
Sucesor:
Raúl Cubas Grau