Manuel Cordo Boullosa
Manuel Cordo Boullosa | |
---|---|
![]() Busto en Caritel (Ponte Caldelas). | |
Nacemento | 5 de decembro de 1905 |
Lugar de nacemento | Lisboa |
Falecemento | 6 de abril de 2000 |
Lugar de falecemento | Lisboa |
Nacionalidade | Portugal |
Ocupación | empresario |
Premios | Medalla Castelao e Medalla de Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Cordo Boullosa, nado en Lisboa o 5 de decembro de 1905 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1998, foi un un empresario portugués de orixe galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de galegos emigrados a Lisboa, desde que tiña un ano ata que fixo os 15 foi criado na parroquia de Caritel (Ponte Caldelas). Fundou a empresa petrolífera portuguesa Sonap actualmente coñecida como Galp e outras do sector dos hidrocarburos en varios países africanos coma Mozambique, Suráfrica, Malawi ou Suazilandia. Empresario tamén dos sectores da banca, a agricultura, o comercio, o turismo e o mundo editorial, chegou a ter a quinta fortuna do mundo.[1]
En 1982 fundou a editora literaria portuguesa Difel - Difusão Editorial SA, que pechou a principios de 2011.
Gran mecenas da cultura, en 1991 concedéuselle a Medalla Castelao, e no ano 2000 (postumamente) a Medalla de Ouro de Galicia. Un paseo e un centro de educación infantil e primaria de Ponte Caldelas levan o seu nome.
Nunca renunciou á identidade galega e doou un palacio que alberga o Centro Galego en Lisboa.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ""Tres Siglos Gallegos de Lisboa", artigo de Santiago Romero en La Opinión, 3 de febreiro de 2008 (en castelán).
- ↑ "Biografía de Manuel Cordo Boullosa". www.juventudedagaliza.com. Consultado o 2021-03-17.