Héctor Cajaraville
Héctor Cajaraville | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de outubro de 1974 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor e catedrático de ensino secundario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Héctor Cajaraville Araújo, nado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1974, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo) e o Concello de Santiago, así como nos diarios galegos La Voz de Galicia e De Luns a Venres.
Nos anos académicos 2009/2010 e 2010/2011, respectivamente, cursou os másters en Lingüística Galega e Edición da Universidade de Santiago de Compostela e reorientou a súa actividade cara ao ámbito editorial.[1]
En xullo de 2018 aprobou a oposición de profesorado de secundaria na materia de Lingua e Literatura Galega.[2]
Obras literarias[editar | editar a fonte]
- O Palabrego (Xonix Records, 2012; ISBN 978-84-940226-1-6)
- De remate (Ed. Xerais, 2015; ISBN 978-84-9914-931-8)
- Quen dá a quenda? (Ed. Xerais, 2016; ISBN 978-84-9914-997-4)
- A caixiña dos rancores (Ed. Xerais, 2016; ISBN 978-84-9121-127-3)
- Denébola a Roxa (Baía Edicións, 2016; ISBN 978-84-9995-210-9)
- Once portas (Ed. Xerais, 2017; ISBN 978-84-9121-179-2)
- O segredo da casa de Formoso (Santillana-Obradoiro Oqueleo, 2017; ISBN 978-84-204-1136-1)
- Nova Nursia (Ed. Xerais, 2018; ISBN 978-84-9121-379-6) [3]
- Kusuma (Ed. Xerais, 2018; ISBN 978-84-9121-410-6)[4][5]
- Antonio Fraguas: o bo mestre, o mestre bo (Ed. Xerais, xaneiro 2019; ISBN 978-84-9121-462-5).[6]
- Ricardo Carvalho Calero: a pegada do compromiso (Ed. Xerais, xaneiro 2020; ISBN 978-84-9121-632-2).
Traballos académicos[editar | editar a fonte]
- «A manipulación das expresións fixas na prensa gratuíta: De Luns a Venres» (2010). En Cadernos de fraseoloxía galega, 12. Centro de Investigacións Ramón Piñeiro / Xunta de Galicia. ISSN 1698-7861, pp. 41–68. Traballo dirixido por María Álvarez de la Granja.
- «Ondas e mareas: palabras que van e veñen» (2011). En Cadernos de Lingua, 32. Real Academia Galega. ISSN 1130-5294, pp. 81–136. Traballo dirixido por Francisco Fernández Rei.
- Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (Ed. Xerais, 2014; ISBN 978-84-9914-734-5). Volume coordinado por Xosé Cid Cabido.
- Os xogos de palabras na prensa gratuíta en galego: De Luns a Venres (2015). Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela. Colección «Limiar», nº 2. ISBN 978-84-16-18389-0. Colección dirixida por Ernesto González Seoane.
- «Os primeiros artigos xornalísticos de Carlos Casares (La Región, 1968-1974)» (2017). En Cadernos Ramón Piñeiro XXXVII. Carlos Casares: homenaxe. De amicitia. ISBN 978-84-453-5258-8, pp. 63–80. Volume coordinado por Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e Laura Piñeiro Pais.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Longas sombras na pedra (Urco Editora, 2019: ISBN 978-84-949456-8-7)
Traducións[editar | editar a fonte]
- O gardián invisible, de Dolores Redondo (Ed. Xerais, 2012; ISBN 978-84-9914-479-5)
Premios[editar | editar a fonte]
- Finalista do Premio Agustín Fernández Paz 2020 por Os metrosiderais.
- Finalista do Premio María Victoria Moreno 2020 por Os metrosiderais.
- Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria 2019 (Concellos do Carballiño e Boborás) por Nova Nursia.[7]
- Finalista na IV Gala do Libro Galego 2019 por Kusuma.
- Premio Merlín de Literatura Infantil 2018, por Kusuma.[8][9].
- Finalista do Premio Agustín Fernández Paz 2017 por Kusuma.
- Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2016 (Baía Edicións) por Denébola a Roxa.
- Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta 2016 (Concello de Lugo) por Once portas.
- Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 (Deputación da Coruña) por Vidas cruzadas (publicada finalmente baixo o título A caixiña dos rancores).
- Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 por Quen dá a quenda?
- Premio Xerais 2015 por De remate.[10]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Héctor Cajaraville". aelg.gal. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ "Ficha do autor en Xerais". xerais.gal.
- ↑ "Nova Nursia, de Héctor Cajaraville". cadernodacritica. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ "Héctor Cajaraville: "Non creo que os discursos máis insolidarios sexan os que se impoñen: a sociedade civil é máis proclive ao afecto que á aversión"". praza.gal. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ ""Fálolles aos rapaces de Antonio Fraguas, pero tamén moito da época que lle tocou vivir" - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-04-30.
- ↑ "Unha novela de Héctor Cajaraville, Premio Antón Losada Diéguez". La Voz de Galicia. 2019-04-27. Consultado o 2019-04-28.
- ↑ "Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville, premios Xerais 2018". praza.gal. Consultado o 02/05/2018.
- ↑ "Emma Pedreira, novela, Carlos Negro, literatura xuvenil, e Héctor Cajaraville, infantil, gañan o Xerais". sermosgaliza. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ CRTVG (ed.). "Cajaraville gaña o Xerais de Novela". Consultado o 7 de xuño de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Héctor Cajaraville ![]() |