Casa das Artes
Casa das Artes | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | museo ![]() | |||
Sede | Casa das Artes ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Vigo ![]() | |||
Código postal | 36202 ![]() | |||
Enderezo | Policarpo Sainz, 15 3º ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1990 ![]() | |||
Inauguración | 1939 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Concello de Vigo ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | hoxe.vigo.org… ![]() | |||
Teléfono | +34 986-438475 ![]() | |||
Correo | mailto:fundacion@laxeiro.es ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Casa das Artes é o centro principal de exposicións temporais programadas pola unidade de cultura do concello de Vigo. Tamén é a sede da Fundación Laxeiro, do Arquivo Fotográfico Pacheco e da colección Luís Torras. Constitúe o principal espazo destinado a albergar exposicións temporais municipais.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A actual localización do museo ocupa o espazo do antigo Ministerio de Economía e Facenda, na rúa Policarpo Sanz, 15. O edificio, deseñado na década dos trinta, albergou a sede do Banco de España en Vigo dende 1939 ata mediados da década dos oitenta, cando o Ministerio de Economía e Facenda decidiu pechar tódalas sucursais do banco emisor que non estiveran en capitais de provincia.[1]
O proxecto, asinado por Romualdo de Madariaga en setembro do 1938, e a intención da súa edificación xa partía de antes do golpe de estado do 18 de xullo do 1936. O edificio caracterízase polo seu chafrán central, que constitúe a súa principal sinal de identidade, co que rompe a esquina das rúas Rúa Reconquista e Policarpo Sanz. A planta atópase aliñada coa rúa de Policarpo Sanz, dándolle unha pequena elevación sobre a rasante, que se resolve cunha curta escalinata, de xeito que o soto reciba iluminación exterior das fiestras que se abren pola rúa Reconquista.
A Casa das Artes, de senlleira arquitectura, é dende 1990 a sede principal da programación cultural da área de Cultura do concello de Vigo. Cada ano, expóñense nas súas salas mostras de pintura, escultura, fotografía, e tamén de carácter científico e divulgativo, histórico, etnográfico e social. Destaca a exposición sobre Tamara de Lempicka que, por primeira vez en España, puido ser visitada nas salas deste centro, e que foi exposta no ano 2007.[2]
O inmoble
[editar | editar a fonte]Na planta baixa do centro atópase o arquivo fotográfico Pacheco, colección composta por 140.000 fotografías de Vigo feitas por Jaime de Sousa Guedes Pacheco e os seus fillos Jaime e Alberto dende o ano 1900 ata 1970.[3]
No segundo andar, exponse a Colección Torras formada por 50 cadros doados e 17 cedidos en réxime de depósito,[4] polo artista vigués Luís Torras.
No terceiro andar atópase a Fundación Laxeiro, onde se pode atopar a colección do pintor lalinense Xosé Otero Abeledo, coñecido como Laxeiro, un dos máis importantes expoñentes das vangardas históricas galegas. Ademais realízanse exposicións temporais de artistas contemporáneos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Cultura: Casa das Artes
- ↑ "Tamara Lempicka, a artista, a muller, a lenda". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de xuño de 2008.
- ↑ "El Archivo Pacheco de la Casa das Artes cuenta con un total de 140.000 fotografías, de las que 38.000 han sido digitalizadas". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2005. Consultado o 16 de xuño de 2008.
- ↑ vigo-virtual.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa das Artes ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- «Casa das Artes» en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.