Ánxel Sevillano
- Non confundir con Angel Sevillano Estremera (Vigo 1942-1994), pintor.
Ánxel Sevillano | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de xullo de 1906 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 31 de decembro de 1989 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ánxel Sevillano García, nado en Vigo o 25 de xullo de 1906 e finado en Pontevedra o 31 de decembro de 1989, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De neno pasou algúns anos en Fondo de Cea (San Cristovo de Cea), terra da súa nai, o que influíu na súa obra.
Tivo amplas cotas de responsabilidades como xornalista, xa que foi redactor xefe de El Pueblo Gallego e director de Grial e de Anuario de Vigo.
Como poeta publicou a súa primeira obra antes da Guerra civil española. En 1935 daba ó prelo O muíño albeiro. En plena guerra civil saíu O amor, o mar, o vento e outros gozos (1938), ó que seguiron Terra liñar (1947) e As dornas da preguiza (Colección Salnés, 1963).[1] Menos coñecido como narrador publicou o libro de relatos Historias do canizo (1979), con historias da terra da súa nai, Fondo de Cea, e a novela Doutor Famiano (1988).
Premios[editar | editar a fonte]
Obtivo o Premio Nacional de Xornalismo "Octubre 1943", o "Gran Premio Vigo de Cinematografía" (polos guións literario e técnico) e o premio "Ciudad de Vigo".
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ As dornas da preguiza en Google Books.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Sevillano García, Ánxel". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 242.
- "Sevillano García, Ánxel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD) . El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 414. ISBN 84-7492-465-0.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. p. 57. ISBN 84-7507-139-2.