Salustiano Portela Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salustiano Portela Pazos, retrato en Vida Gallega, 1918.

Salustiano Portela Pazos, nado en Rebordelo (Cotobade) o 6 de agosto de 1877 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1976, foi un clérigo e historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no instituto de Pontevedra e preparou Humanidades no seminario de Tui. Despois estudou no seminario de Santiago de Compostela e doutorouse en Teoloxía e Dereito Canónico pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi párroco de Valongo (Cotobade), e posteriormente segundo mestre de cerimonias, cóengo e deán da catedral de Santiago. Foi tamén mestre nacional.

Entre outros recoñecementos, conta cun do Concello de Santiago de Compostela en 1909 (co gallo da Exposición Rexional de 1909), outro do Ateneo León XIII en 1910, e outro da Liga de Amigos de Santiago en 1916. En 1941 ingresou na Real Academia Galega, e en 1951 presentou a Antón Fraguas como membro da mesma.

Obra[editar | editar a fonte]

  • O cañón de pau (1913; publicado en 1976). Fala do papel dos guerrilleiros das terras de Cotobade na Guerra da Independencia contra as tropas do Xeneral Ney e na batalla de Ponte Sampaio.
  • Catecismo social
  • León XIII y la Cuestión Social
  • Plan desarrollado por León XII en sus inmortales Encíclicas
  • Medios conducentes al mejoramiento de las Obreras en Galicia
  • Apuntes para la Historia de los Irmandinos en Galicia
  • Colección de Tapices y Colgaduras antiguas de la Catedral de Santiago
  • Decanología de la S.A.M. Iglesia de Santiago de Compostela
  • Fray Rodrigo y su Capilla. Notas Pontevedresas
  • Anotaciones al Tumbo A de la Catedral de Santiago
  • Orígenes del culto al Apóstol Santiago
  • La Iglesia Compostelana y la Fiesta de la Inmaculada Concepción
  • Apuntes para la Historia de la Isla de Ons
  • Diversidad de "COBRADOS" en la Ciudad y Villas del Señorío de Santiago que disfrutaban de Fuero Propio
  • Finalidad de la Real Academia Gallega: pasado y porenir
  • Galicia en tiempo de los Fonsecas
  • Origen del topónimo "Compostela"
  • Breve resumen histórico de la Sede Iriense-Compostelana
  • Modalidad ornamental de Próximo Origen Compostelano
  • La guerra de independencia en Galicia (1964)