Charlie Rivel
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de abril de 1896 Cubelles |
| Morte | 26 de xullo de 1983 Sant Pere de Ribes |
| Causa da morte | hemiplegia (pt) |
| Outros nomes | Charlie Rivel |
| Actividade | |
| Ocupación | pallaso, mimo, actor de cinema, trapezista (pt) |
| Empregador | Circo Price |
| Familia | |
| Fillos | Paulina Andreu i Busto |
| Pais | Pere Andreu i Pausas |
| Premios | |
| |


José Andreu, coñecido artistacamente como Charlie Rivel, nado en Cubelles (provincia de Barcelona) o 24 de abril do 1896 e finado en Sant Pere de Ribes o 26 de xullo de 1983, foi un pallaso catalán. Foi internacionalmente coñecido como pallaso de circo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seus pais, Pedro Andreu Pausas Rivels (catalán) e Marie-Louise Lasarre (francesa) foron artistas de circo tamén.Iniciou a súa carreira con tan só tres anos de idade, actuando no grupo Los Rivels cos seus irmáns Polo Rivel e René Rivel. Posteriormente actuou en solitario e obtivo gran popularidade en toda Europa.
Tomou o seu nome artístico de Charlie Chaplin. A lenda di que Chaplin lle preguntou nunha ocasión: "Es ti quen me imita a min ou son eu que te imita a ti?". Ó comezo da segunda guerra mundial marcaríase a súa personalidade definitiva (xersei longo, cadeira e guitarra). Tería que permanecer na Alemaña nazi durante dous anos, cumprindo os seus contratos firmados.
En 1954 regresou a Barcelona, onde se converteu nunha estrela do Circo Price; era moi orixinal o seu número como "pallaso ouveador".
En 1971 participa nun filme de Federico Fellini, Clowns.