Saltar ao contido

Praza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.



Praza de María Pita, na Coruña.
Este artigo trata de urbanismo, para o xornal galego vexa: Praza Pública.

Unha praza é un espazo urbano público, amplo e descuberto, no que se adoitan realizar gran variedade de actividades.

Características

[editar | editar a fonte]

Hainas de múltiples formas e tamaños, e construídas en todas as épocas, pero non hai cidade no mundo que non conte cunha. Pola súa relevancia e vitalidade dentro da estrutura dunha cidade considéranse como salóns urbanos.

Decote son o elemento nuclear dunha poboación, o lugar arredor do cal comezan a levantarse as edificacións máis representativas, co que se converten en símbolos do poder. Son típicas en moitas vilas a praza do concello, a praza da igrexa (habitualmente coinciden, ou simplemente coñécense como a praza da vila); en localidades maiores son máis propias a praza da catedral ou a praza do pazo.