Lourenzo Fernández Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lourenzo Fernández Prieto, nado en Vilagoíz (A Devesa, Ribadeo) o 28 de maio de 1961[Cómpre referencia], é un historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005. Foi secretario do IDEGA entre 1992 e 1995 e pertence ao seu Consello Científico. Elixido en varios períodos, desde 1986, membro do Claustro e da Xunta de Goberno da USC, así como do Consello Universitario de Galicia. Vicerreitor de relacións institucionais da USC entre 2007 e 2010. Na actualidade é director do departamento de Historia Contemporánea da universidade compostelá e membro do consello de administración da Editorial Galaxia. Colabora habitualmente en diversos medios de comunicación do país

Especializado en Historia Agraria e Historia do século XX, os seus ámbitos principais de traballo referen á mudanza tecnolóxica, as mudanzas na sociedade rural contemporánea e a política da memoria.

Dirixe o Proxecto interuniversitario Nomes e Voces, dedicado á investigación da represión franquista en Galicia, e o Grupo de historia agraria e política do mundo rural da USC, Histagra.

A súa produción e actividade científica comprende máis dun cento de publicacións, así como a lideranza de diversos proxectos e convenios de investigación. Ten participado en proxectos europeos dos programas STRIDE (mudanza tecnolóxica) e FAIR (propiedade comunal). No intervalo de 2005 a 2010 foi elixido vicepresidente da Sociedade Española de Historia Agraria.

Dende 1995 forma parte do General Board da rede europea ESTER (European School for Training in Economic and Social historical Research), responsábel da formación de estudantes de doutoramento.

En maio de 2010 concorreu con outros seis candidatos á reitoría da USC, proceso no que pasou á segunda volta.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Vocabulario de historia, Universidade de Santiago de Compostela, 1994.
  • Actas do Congreso Internacional Poder Local, élites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936),Santiago de Compostela, 14-15 xuño 1996, Universidade de Santiago de Compostela, 1997.
  • Terra e Progreso. Historia Agraria da Galicia Contemporánea, Xerais, Vigo, 2000.
  • Os montes veciñais en man común: o patrimonio silente. Natureza, Economía, identidade e democracia na Galicia rural, Xerais, Vigo, 2006.
  • A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007.
  • Historia das historias de Galicia, Xerais, Vigo, 2016.
  • 1936. O Estatuto esquecido, Guiverny, 2016.

Obra en castelán e inglés[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • La sociedad rural en la España contemporánea: mercado y patrimonio, Edicións do Castro, Sada, 1996.
  • Sombras de progreso. Las huellas de la Historia Agraria, Crítica, Barcelona, 2010.
  • Contemporary Galician Studies. Between the Local and the Global, The Modern Language Association of America, Nova York, 2011.
  • Agriculture in the Age of Fascism, Brepols, 2014.
  • Otras miradas sobre Golpe, Guerra y Dictadura. Historia para un pasado incómodo, Catarata, 2014.

Galardóns e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]