Carmela Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmela Arias Díaz de Rábago
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nome completoCarmela Arias y Díaz de Rábago
Nacemento20 de febreiro de 1920
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento27 de outubro de 2009
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEmpresaria
PaiVicente Arias de la Maza
IrmánsJoaquín Arias Díaz de Rábago
PremiosMedalla Castelao, Juan Lladó Prize, doutor honoris causa pola Universidade da Coruña, Gran Cruz da Orde Civil de Beneficencia, Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco e Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica
editar datos en Wikidata ]

Carmela Arias Díaz de Rábago, nada na Coruña o 20 de febreiro de 1920[1] e falecida na mesma cidade o 27 de outubro de 2009,[2] foi unha empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié de la Maza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tumba de Carmela Arias e do seu marido no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Era filla de Vicente Arias de la Maza e de Carmela Díaz de Rábago y Aguiar, e irmá de Joaquín Arias Díaz de Rábago. Estudou no Sagrado Corazón de Barcelona, onde seu pai era secretario da Xunta de Obras do Porto.[1] Entrou na Escola de Arquitectura da cidade. Porén, non puido rematar os estudos por problemas de saúde, xa que con 15 anos detectáronlle unha doenza nos bronquios. En 1953 foi operada en Estocolmo polo profesor Kraffort.

En decembro de 1966 casou con Pedro Barrié de la Maza y Pastor, curmán carnal do seu pai e Conde de Fenosa.[2] Antes da voda, o 5 de novembro, constituíron a Fundación Barrié de la Maza. Nese momento o capital estaba integrado pola achega do conde de Fenosa de 3.300 millóns de pesetas,[1] máis o 25% das rendas líquidas dos bens da Fundación, destinados ao aumento de capital.

O 14 de marzo de 1971 morreu o conde de Fenosa e deixou á súa muller como única herdeira. Carmela converteuse na presidenta da Fundación e doutras empresas das que a entidade era accionista maioritaria. Entre elas estaba o Banco Pastor, Gas Madrid, Alúmina ou ASTANO e tamén se converteu en vicepresidenta de Fenosa, compañía creada polo seu marido en 1943.[3] Desta maneira, Carmela foi a primeira muller en España que accedeu á presidencia do consello de administración dun banco.[1] O 11 de decembro de 1981 doou 7.000 millóns de pesetas á Fundación, a práctica totalidade da súa fortuna persoal.[1][2]

O 13 de febreiro de 1994 anunciou a remodelación da cúpula do Pastor. Creou dúas vicepresidencias con poderes executivos para os seus sobriños Vicente e Xosé María Arias Mosquera. Guillermo de la Dehesa deixou o posto de conselleiro delegado e pasou a asesor da presidencia.

Presidenta de honra de Unión Fenosa, en xaneiro de 1992 foi nomeada vicepresidenta e membro da comisión delegada da empresa. Presentou a súa dimisión o 23 de xaneiro de 1996 e foi substituída polo seu sobriño, Vicente Arias Mosquera.

O 27 de setembro de 2001 foi nomeada presidenta de honra do Banco Pastor, logo de renunciar á dirección deste. Os cargos vacantes foron ocupados polos seus sobriños Xosé María e Vicente Arias Mosquera. Ese mesmo ano, recibiu de Xoán Carlos I o título de condesa de Fenosa, dado que o que recibira o seu marido co mesmo nome extinguiuse ao non ter descendencia directa.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Medalla de Ouro da Universidade de Galicia en 1982
  • Medalla de Honra da Real Academia das Artes de San Fernando en 1989.[3]
  • Medalla Castelao en 1989
  • Premio Galicia en Feminino
  • Premio Juan Lladó do Instituto de Empresa e a Fundación Ortega y Gasset en 1990
  • Medalla de Honra da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en 1990
  • Doutora honoris causa pola Universidade da Coruña en 1991.[3]
  • Premio Galega do Ano de 1991[2]
  • Por Real Decreto de 24 de abril de 2002, o 26 de abril de 2002 o Consello de Ministros outórgalle á Condesa de Fenosa a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica. Foille imposta pola entón Ministra de Sanidade Ana Pastor o 10 de outubro de 2003.[3]
  • O 20 de xaneiro de 2003 recibiu o Título de Filla Predilecta da Coruña
  • O 13 de febreiro de 2003 é nomeada Dama da Orde de Cabaleiros de María Pita
  • O 9 de novembro de 2003 recibe o Premio Casino da Coruña
  • Pola súa achega e apoio aos programas de reinserción que se desenvolven nos centros penitenciarios do país, a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, dependente do Ministerio de Interior, acordou denominar o centro de inserción social da Coruña como CIS Carmela Arias y Díaz de Rábago.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Redacción (28 de outubro de 2009). "Fallece la condesa de Fenosa, pionera en banca y en la empresa". cincodias.elpais.com (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 EFE/Redación (27 de outubro de 2009). "Fallece Carmela Arias, condesa de Fenosa". elmundo.es (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Redacción (27 de outubro de 2009). "El sepelio de la condesa de Fenosa se celebrará en la intimidad". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]