Agustín Sixto Seco
Agustín Sixto Seco | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1926 |
Mugardos | |
Falecemento | 30 de decembro de 2004 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | médico |
Premios | Medalla de Ouro de Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Agustín Sixto Seco, nado en Meá (Mugardos) o 3 de decembro de 1926 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 2004, foi un médico e intelectual galeguista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era fillo dun traballador da Bazán con afeccións mariñeiras, espírito aberto e aventureiro que o fillo herdou. Elevou a traumatoloxía galega ó primeiro plano do estado e chegou a ser presidente da Sociedade Española de Traumatoloxía, mantendo moi boas relacións con Portugal, co International College of Surgeons e coa Sociedad Latinoamericana de Ortopedia.
O seu labor amosaba a dedicación á curación da humanidade, pero tamén un fondo traballado por Galicia: máis ca home de cultura (que o era) foi promotor cultural de primeira orde. Alí onde nacía unha institución clave para entender a Galicia do terceiro milenio, alí estaba el: a editorial Galaxia, a fundación Penzol, o Museo do Pobo Galego, o Centro Ramón Piñeiro ou a fundación Camilo José Cela. O seu primeiro traballo foi o máis querido por el: a Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón. Pero a recuperación da historiografía non quedou na autora de Iria Flavia: dun pazo algo deteriorado, símbolo do decaemento petrucial do século XX, sacouse a Casa Museo Otero Pedrayo en Trasalba, onde o soto converteuse nun auditorio e as cortes nunha biblioteca. Crente católico coma Alexandre Bóveda, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco ou don Ramón Otero Pedrayo, colaborou na revista galega de pensamento cristián Encrucillada ata a súa morte.
Premio Trasalba en 2005.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 547. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 416. ISBN 978-84-7492-465-7.
- Varios (2005). Memoria dos amigos. Agustín Sixto Seco 1926-2004. Vigo. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-813-7.