Enrique Chao Espina
Enrique Chao Espina | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1908 |
Viveiro | |
Falecemento | 19 de xan. de 1989 (80 anos) |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sacerdote e escritor |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Enrique Chao Espina, nado en Viveiro o 7 de xullo de 1908 e finado na Coruña o 19 de xaneiro de 1989, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou nos seminarios de Mondoñedo e Lugo e ordenouse presbítero en 1931. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza e estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Letras pola Universidade Central (cunha tese sobre Nicomedes Pastor Díaz) e diplomado en portugués pola Escola Central de Idiomas, foi profesor agregado do Instituto de Puertollano e catedrático da Escola de Comercio da Coruña e o instituto Eusebio da Guarda. Foi académico da Real Academia Galega, do Instituto Arqueolóxico, Histórico e Etnográfico de Lisboa e cronista oficial de Viveiro. Colaborou en toda a prensa galega e gran parte da española e na de América e Portugal. Participou en congresos internacionais celebrados en Portugal.
Obras[editar | editar a fonte]
Unha gran parte da súa produción viu a luz en edición de autor. Fixo estudos teóricos sobre historia, zooloxía e biografías. Sobre aspectos históricos relacionados con Viveiro escribiu numerosos artigos. Tamén se interesou pola zooloxía, publicou varios libros de ensino e relixión.
- Introducción al estudio de la religión, 1939.
- Luis Trelles y Vicente Cociña. Dos vivarienses del siglo pasado, 1948.
- Pastor Díaz dentro del romanticismo, 1949.
- Curso de lengua portuguesa, 1958.
- Portugal nas letras espanholas durante o medievo, 1959.
- Pensamientos y aficiones científicas, 1960.
- Leyendas gallegas, 1968.
- De Galicia en el pasado siglo XIX. Ladrones, lobos, villas, tipos populares y otros temas, 1971.
- Nicomedes Pastor Díaz. De Villahermosa a la China, 1972.
- Diferenças entre o vocabulario portugués e o galego, 1972.
- Algumas diferenças entre o galego e o portugués, 1973.
- Nuevo tría corda. Versos y prosas y traducciones en varias lenguas, 1974.
- Tres monstruos de los mares gallegos y otros temas marineros, 1975.
- Vivero a los cuatro vientos, 1976.
- Libro y guía de Vivero, 1976.
- Da Galiza e Portugal, 1976.
- Los normandos en Galicia y otros temas medievales, 1977.
- Cien años de Galicia (de 1850 a 1950), 1977.
- Farrapos e farangullas, 1978.
- Manuel Bujados: un artista vivariense olvidado, 1978.
- La antigua muralla de Vivero y sus puertos, 1981.
- Leyendas de Galicia y otros temas narrativos, 1981.
- Barbas, barbudos y barbudas, 1972.
- Yobel: memorandum en el año de mi jubilación profesoral: 1908-1978.
- La zoología y los animales en la obra del padre Feijóo, 1983.
- Breviario de pueblos coruñeses: veinticinco estampas, 1986.
- Historia de Vivero, 1986.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Pérez Lugín (1945).
- Virxe do Carme (1947, 1949 e 1951).
- Certames do Corpus da Coruña.
- Primeiro premio no certame literario entre portugueses e españois, Lugo, 1946.
- Primeiro premio de romances en galego nos Xogos Florais de Betanzos.
- Primeiro premio en prosa nos Xogos Florais do Cantábrico (1966).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Chao Espina, Enrique". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 248.
- "Chao Espina, Enrique". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "CHAO ESPINA, Enrique". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 335.
- Fernández del Riego, Francisco (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 107.