Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe | |
---|---|
Nome completo | Víctor Manuel Vázquez Portomeñe |
Nacemento | 16 de setembro de 1934 |
Taboada | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, nado o 16 de setembro de 1934 en Taboada, é un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Conselleiro sen carteira con Xosé Quiroga Suárez na preautonomía, foi un dos redactores do Estatuto dos dezaseis; deputado no Parlamento de Galicia por Alianza Popular e despois polo Partido Popular (1981-1997).
Foi conselleiro de Educación con Xerardo Fernández Albor (1983-1986) canalizando a asunción de competencias de xestión do sistema educativo e da ordenación universitaria. Durante o seu mandato aprobáronse os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, o 19 de outubro de 1985, co que se desbloqueaba a aplicación da Lei de Reforma Universitaria[1]. Cando o vicepresidente da Xunta Xosé Luís Barreiro Rivas presentou a súa dimisión, Vázquez Portomeñe seguiuno pero non na súa marcha de AP. De feito, asume a portavocía deste grupo facendo oposición ao tripartito PSOE-Coalición Galega-Partido Nacionalista Galego, nacido da moción de censura a Albor [2].
Con Manuel Fraga foi conselleiro de Relacións Institucionais e voceiro do goberno (1990-1993), posto dende onde puxo en marcha o primeiro Ano Xacobeo como programa de difusión cultural, turística e institucional de Galicia co gallo do Ano Santo xubilar de 1993. Posteriormente, asumiu o cargo de conselleiro de Cultura (1993-1996) acadando a unanimidade no Parlamento de Galicia para os proxectos normativos que serían aprobados como a Lei 8/1995, do Patrimonio Cultural de Galicia e a Lei 3/1996, de Protección dos camiños de Santiago (ambas derrogadas pola Lei 5/2016). Puxo en funcionamento o Centro Superior Bibliográfico de Galicia e impulsou a rede de infraestruturas culturais a través da creación de casas de cultura nos municipios de Galicia[3] Finalmente foi conselleiro sen carteira para Asuntos Parlamentarios (1993-1997). Desde 1996 foi senador.
En 2010 recibiu a Medalla de Ouro de Galicia polos seus traballos a prol do turismo e da promoción do Ano Santo Xacobeo en Santiago de Compostela.[4]
Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[5]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casado coa escritora Otilia Seijas, e ten tres fillos.
Obras en castelán[editar | editar a fonte]
- Testigo y parte de la historia reciente de Galicia (2014). Hércules Ediciones. 328 páxs. ISBN 9788492715800.[6]
- Brianda de Moás (2020). Hércules Ediciones. 184 páxs. Novela de ambiente medieval en Galicia.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A gran historia de Galicia, XIV, volume 2. Edicións La Voz de Galicia 2007, pax. 89
- ↑ Xosé de Cora, Barreiro contra Barreiro, Edicións Xerais, Vigo 1990, pax. 243
- ↑ Galicia 1997, Xunta de Galicia, 1997, pp 381 e 385. ISBN 84-453-1915-9
- ↑ La Xunta otorga las medallas de Galicia al Cabildo de la catedral de Santiago y a Vázquez Portomeñe
- ↑ "Personaxes Ilustres". www.concellocarballedo.es. Consultado o 2019-01-25.
- ↑ "Testigo y parte de la historia reciente de Galicia". Hércules Ediciones (en castelán). Consultado o 2020-09-14.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2020-09-09). "Víctor Vázquez Portomeñe viaja al Medievo en su novela de debut". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2020-09-14.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Francisco Cacharro Pardo |
![]() conselleiro de Educación 1983-1986 |
Sucesor: María Xesús Sáinz |
Predecesor: ' |
![]() conselleiro de Relacións Institucionais 1990-1993 |
Sucesor: Juan Miguel Diz Guedes |
Predecesor: Daniel Barata Quintas |
![]() conselleiro de Cultura 1993-1996 |
Sucesor: Xesús Pérez Varela |
- Senadores por Pontevedra
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG
- Conselleiros da Xunta de Galicia
- Medalla de Ouro de Galicia
- Nados en Taboada
- Nados en 1934
- Senadores por designación do Parlamento de Galicia
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia