Cultura de Galicia
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Parte da serie sobre o |
Pobo galego |
---|
Por país |
Demografía de Galicia Diáspora Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela |
Cultura |
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe |
Linguas |
Galego Dialecto berciano Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas |
Historia de Galicia |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
A cultura de Galicia ten a súa orixe na cultura megalítica da fachada atlántica europea e na cultura castrexa.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos oestrimnios e outros pobos de orixe indoeuropea. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á cultura dos castros entre o macizo Galaico e o río Douro, cultura na que deixaron a súa impronta tamén os romanos.[Cómpre referencia] Aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e tradicións e posiblemente a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fose celta.[1]
Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os suevos farán de Galicia o primeiro reino independente de Europa, máis adiante, este reino será anexionado polos visigodos. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a viquingos, bretóns e fenicios.[Cómpre referencia]
Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica, mediante incursións bélicas dúas cidades galegas serán atacadas: Santiago de Compostela e Lugo.[Cómpre referencia] A repartición do antigo Reino Visigodo, que se fai entre árabes, sirios e bérberes, dálle a estes últimos a franxa noroeste.[Cómpre referencia] As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do Magreb máis caucásico, así que deciden non asentarse, convertendo a Galicia en territorio fronteira con Al-Ándalus, onde o cristianismo faise un trazo diferenciador que dá forzas á reconquista.
Galicia, ao igual ca outros territorios da Península Ibérica, tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha importante comunidade xudía, principalmente na zona de Ribadavia e Ourense.[Cómpre referencia] Tamén cabe destacar na cultura galega a influencia cultural chegada dende as Illas Británicas e dende o centro de Europa, grazas ao Camiño de Santiago.
Cultural e lingüisticamente as comarcas do Bierzo (Castela e León) e o Eo-Navia (Asturias) son análogas a Galicia.[Cómpre referencia] Tamén posúe patróns conxuntos coas rexións lindeiras portuguesas de Tras-os-Montes e Baixo Minho na música, nos costumes e nas tradicións.
A cultura galega, entón, é froito da fusión de elementos culturais achegados por moi diversos pobos europeos, que se estableceron en Galicia ao longo da súa historia, coa cultura da poboación nativa.
Na Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Higinio Martins Estêvez (2008). As tribos calaicas: proto-história da Galizia à luz dos dados linguísticos Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Barcelona. ISBN 978-84-936218-0-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cultura de Galicia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]