Edicións do Cumio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede na Ramalleira (Vilaboa).

Edicións do Cumio foi unha empresa editorial e selo discográfico galego, activa entre 1988 e 2017[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stand no CulturGal 2010.

Fundada no ano 1988 en Vigo, estivo dirixida primeiramente por Carlos Blanco Yáñez e logo por Antón Mascato García. Foi adquirida polo grupo distribucións Arnoia, e as súas instalacións foron levadas á Ramalleira (Vilaboa). En 2011 as oficinas foron levadas ao Polígono da Reigosa, en Ponte Caldelas.

Os traballos editados abranguen amplos campos: contos infantís, xogos didácticos, literatura xuvenil e narrativa, ensaio, dicionarios, ensino, biografías, turismo e cartografía, así como material sonoro (folk, bravú, rock...) e audiovisual.

Foi precursora en Galiza co lanzamento do primeiro dicionario en CD-Rom e corrector lingüístico.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]