Adolfo Gregorio Espino
Adolfo Gregorio Espino | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1880 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 13 de abril de 1962 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Adolfo Gregorio Espino, nado en Vigo o 25 de abril de 1880 e finado en Madrid o 13 de abril de 1962[1], foi un perito agrícola, avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio e foi mestre en Lavadores e despois licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1901).[2] Colaborou na revista Santiago. De tendencia conservadora e simpatizante do maurismo, destacou no movemento antiforista. Foi membro da Liga de Defensores de Vigo e director do periódico La Noche (1915). Participou na VII Asemblea Agraria da Coruña (1919), na que defendeu, con Amado Garra, un relatorio sobre redención foral. En 1923 presentouse ás eleccións a Cortes pero foi derrotado por Rafael Gasset Chinchilla. Foi alcalde de Vigo durante a ditadura de Primo de Rivera, dende o 5 de decembro de 1923 ata o 18 de xaneiro de 1927. Como rexedor municipal conseguiu a cesión, de parte do Marqués de Alcedo, do Parque e do Pazo de Castrelos para a cidade.

Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 15-4-1962, p. 14.
- ↑ "EXPEDIENTES PERSONALES, Leg. 596, Exp. 13". Arquivo Histórico Unviersitario (USC). Consultado o 24 de febreiro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolfo Gregorio Espino ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 67. VG 955-2010.
- Vázquez Xil, L. (1994) [1991]. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo: Ediciones Cardeñoso. p. 97. ISBN 84-87379-47-8.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Alcalde discreto" Faro de Vigo, 9/4/2017 (en castelán).
Predecesor: Orencio Arosa Álvarez |
![]() Alcalde de Vigo 1923 - 1927 |
Sucesor: Mauro Alonso Cuenca |