Manuel Lucas Álvarez
Manuel Lucas Álvarez | |
---|---|
Nacemento | 2 de agosto de 1917 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | 1 de setembro de 2014 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiador, político e Cátedra universitaria |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Lucas Álvarez, nado en Santiago de Compostela o 2 de setembro de 1917[1] e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 2014[2], foi un historiador e político galego.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras formase durante a infancia e adolescencia en centros educativos eclesiásticos, cursou Filosofía e Letras (sección Historia) na universidade compostelá entre 1942 e 1946 (en paralelo, estudou Maxisterio; en 1944 ingresou por oposición no Corpo de Maxisterio Nacional). Nese ano, 1946 graduouse con premio extraordinario. Especializouse en Paleografía e Diplomática, sempre na Universidade de Santiago de Compostela.
Postos de responsabilidade[editar | editar a fonte]
Foi director do colexio maior "Generalísimo Franco", secretario xeral da USC (1961-1968), vicerreitor (1968-1974) e reitor (1974-1975). Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Santiago de Compostela (1955-1961) e deputado provincial (1958-1963). Presidente do Consello de Administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago (1964-1980), tamén presidiu a Confederación Gallega de Cajas de Ahorros (1965-1980) e foi vicepresidente de Caixa Galicia.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega, do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e do Instituto de Estudios Jacobeos. Tamén formou parte do consello asesor da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]
Recibiu a encomenda con placa da orde civil de Afonso X o Sabio e a Medalla Castelao (2004).
Predecesor: José Ramón Masaguer Fernández |
![]() Reitor da Univ. de Santiago 1974 - 1975 |
Sucesor: Pablo Sáez Pedrero |
Obras[editar | editar a fonte]
- El Santuario de Nuestra Señora de Pastoriza, 1951.
- La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro, 1958.
- El archivo del monasterio de San Pedro de Ramiras en la Edad Media, 1981.
- Santuarios marianos de Galicia: Historia, arte y tradiciones, 1995.
- El Priorato Benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media, 1996.
- El Archivo del Monasterio de San Martiño de Fóra o Pinario de Santiago de Compostela, 1999.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Entrada do persoeiro na Enciclopedia Galega Universal e outras fontes de prensa escrita e documentación administrativa.
- ↑ Hondo pesar por la muerte del exrector Manuel Lucas Álvarez
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|
- Personalidades da historiografía de Galicia
- Concelleiros de Santiago de Compostela
- Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición
- Reitores da Universidade de Santiago de Compostela
- Medallas Castelao
- Nados en Santiago de Compostela
- Nados en 1917
- Finados en 2014
- Enciclopedistas de Galicia
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Deputados provinciais da Coruña
- Membros correspondentes da Real Academia Galega