Cesáreo González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cesáreo González Rodríguez
Nacemento 30 de maio de 1903
Lugar Vigo
Falecemento 20 de marzo de 1968 (64 anos)
Lugar Madrid
Nacionalidade Galega
Ocupación Distribuidor e produtor cinematográfico

Cesáreo González Rodríguez, nado en Vigo o 30 de maio de 1903 e finado en Madrid o 20 de marzo de 1968, foi un distribuidor e produtor cinematográfico, fundador de Suevia Films.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de orixe labrega. Emigrou a Cuba con doce anos, e logo a México. En 1931 regresou a Vigo, e investiu os cartos que gañara en varios negocios, como unha axencia de publicidade, a sala de festas Savoy ou a representación de Citroën en Galicia. Acadou axiña grande éxito como empresario, e na tempada 1934-1935 foi presidente do Real Club Celta de Vigo.[2]

En 1940 decidiu investir no negocio cinematográfico, que coñeceu pola rodaxe en Galicia de El famoso Carballeira, de Fernando Mignoni. Creou a produtora Suevia Films, e promoveu o filme ¡¡Polizón a bordo!! (Florián Rey, 1941), inspirado na súa propia aventura migratoria. Procurou dar difusión ás súas películas, con historias sobre a morriña para o público galego emigrante en América (Mar abierto, Ramón Torrado, 1946). Ao tempo, fixo superproducións históricas como Reina Santa (Rafael Gil, 1947) que inicialmente ía protagonizar a actriz británica Madeleine Carroll e finalmente interpretou Maruchi Fresno.

Na década de 1950 consolidou un star-system propio, coa sinatura de contratos en exclusiva con xente coñecida como Lola Flores, Sara Montiel, Carmen Sevilla, Paquita Rico, Joselito ou Marisol. Faleceu logo de asinar un contrato para catro películas con Luis García Berlanga.

Películas[editar | editar a fonte]

A continuación algunhas das películas que produciu.[3]

  • Polizón a Bordo (1941)
  • Bambú (1945)
  • Botón de Ancla (1947)
  • La nao Capitana (1947)
  • Mare Nostrum (1948)
  • La corona negra (1950)
  • Teatro Apolo (1950)
  • La Señora de Fátima (1951)
  • Violetas imperiales (1952)
  • Camelia (1953)
  • Pena, penita, pena (1953)
  • La bella Otero (1954)
  • Historias de la radio (1955)
  • La Faraona (1955)
  • Limosna de amores (1955)
  • Fedra (1956)
  • Faustina (1956)
  • Calle Mayor (1957)
  • La Guerra Empieza en Cuba (1957)
  • El ruiseñor de las cumbres (1958)
  • Ha llegado un ángel (1961)
  • El balcón de la luna (1962)
  • El caballo blanco (1962)
  • Los pianos mecánicos (1965)
  • Cristina Guzmán (1968)
  • ¡Vivan los novios! (1970)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]