Federico Maciñeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Federico Maciñeira
Federico Maciñeira Pardo de Lama.jpg
Federico Maciñeira.
Nacemento3 de setembro de 1870
LugarBarqueiro, Mañón, Galicia Galicia
Falecemento25 de xaneiro de 1943 (72 anos)
LugarOrtigueira, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador
editar datos en Wikidata ]

Federico Guillermo Maciñeira Pardo de Lama, nado no Barqueiro (Mañón) o 3 de setembro de 1870 e falecido en Ortigueira o 25 de xaneiro de 1943, foi un arqueólogo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Vicente Maciñeira González e Escolástica Pardo de Lama Lage, XVII Señora da Torre da Lama.

De formación autodidacta, ás súas achegas máis salientables no mundo arqueolóxico foron o estudo das mámoas das comarcas do Ortegal e Eume, máis de cen enterramentos megalíticos que se dispoñen na vía que vai polas serras de Faladoira e Coriscada, a través dos concellos de Ortigueira, Mañón e As Pontes de García Rodríguez. Tamén estudou os castros desta mesma área, e realizou escavacións arqueolóxicas no porto protohistórico de Bares.

En 1895, Maciñeira aludiu á existencia do conxunto megalítico, en forma de círculo lítico da Mourela (As Pontes de García Rodríguez).[1] Este conxunto megalítico sufrira unha grave destrución en 1902 co desmantelamento das pedras fincadas dos círculos líticos, a fin de seren usadas no firme do camiño que conduce á Fonte das Boliqueiras.[2]

Os seus estudos constitúen unhas das primeiras intervencións arqueolóxicas con carácter científico feitas en Galicia. A publicación destes traballos en publicacións tanto da nosa terra, como da Península Ibérica convertérono no arqueólogo galego máis destacado da súa época, así como o máis recoñecido en círculos internacionais.

Os seus descubrimentos foron importantes para a reconstrución da Historia Antiga da Península Ibérica. Membro Numerario da Real Academia Española da Historia, foi un dos historiadores peninsulares con máis proxección universal no primeiro terzo do século XX.

Foi alcalde de Ortigueira de 1916 a 1917 e novamente de 1918 ate a ditadura de Primo de Rivera, e deputado provincial. Foi nomeado Xefe Superior da Administración Civil en 1923.


Predecesor:
Manuel Casariego
 Escudo de Ortigueira.svg
Alcalde de Ortigueira
 
1916 - 1917
Sucesor:
Adolfo Teijeiro Botana
Predecesor:
Manuel Casariego
 Escudo de Ortigueira.svg
Alcalde de Ortigueira
 
1918 - 1923
Sucesor:
Baldomero Soto López

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Placa no Barqueiro.

Ademais de membro da Real Academia da Historia, Federico Maciñeira tivo no seu tempo un gran recoñecemento polos seus traballos, sendo nomeado:

  • Membro Numerario da Sociedade Española de Historia Natural.
  • Membro Numerario Fundador da Real Academia Galega.
  • Membro Numerario da Sociedade de Antropoloxía.
  • Socio Colaborador do Seminario de Estudos Galegos.
  • Socio de Mérito da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
  • Membro Numerario da Asociación Artístico-Arqueolóxica de Barcelona.
  • Membro do Instituto Histórico do Minho (Portugal).
  • Cronista Oficial do Concello de Ortigueira.

Existiu a Fundación Federico Maciñeira, catalogada de interese público e con sede en Ortigueira. Na actualidade denomínase Fundación Ortegalia, tras retirar a familia Maciñeira o seu aval polas discrepancias co concello por diversos asuntos, entre eles a propiedade do pinar de Morouzos.

En 2013, coincidindo co 70 aniversario do seu pasamento, o colectivo Ortigueira Literaria Dixital decidiu dedicar o ano a Federico Maciñeira, con diversas actividades, exposicións, charlas, visitas arqueolóxicas e propostas didácticas en centros educativos a desenvolver en Ortigueira e na súa comarca. Como finalización do ano, o Concello de Ortigueira publicou o libro Federico Maciñeira. Textos escogidos y estudios sobre su obra, que foi presentado o 28 de febreiro de 2014 no Teatro da Beneficencia ortigueirés.

Obra[editar | editar a fonte]

Federico Maciñeira, 1898.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A través dun artigo publicado na revista La Ilustración artística de Barcelona
  2. Trátase do único exemplo coñecido en Galicia deste tipo de estruturas. No ano 2007 decidiuse a súa desaparición definitiva, a pesar da oposición de diversos colectivos culturais que pedían a modificación do trazado da estrada en construción (un túnel que pasase por debaixo do círculo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Armada Pita, X. L. (2003): O legado de Federico Maciñeira e o Patrimonio prehistórico das Pontes na xénese da arqueoloxía galega.
  • López Fernández, X. M. (2012): "Bibliografía sistemática e cronolóxica da obra de Federico Maciñeira Pardo de Lama (1870-1943)", Revista de Estudos Históricos Hume. As Pontes de García Rodríguez.
  • Suárez Sandomingo, J. M. (2014): Federico Maciñeira y Pardo de Lama: su vida y su época. Edicións do Cumio.
  • Taboada Chivite, X. (1970): Don Federico Maciñeira e Pardo de Lama. Boletín da Real Academia Galega.
  • VV.AA. (2014): Federico Maciñeira. Textos escogidos y estudios sobre su obra.. Concello de Ortigueira, Deputación da Coruña.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]