Antón Beiras García
![]() | Suxeriuse que "Antonio Beiras García" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Antón Beiras García | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 8 de outubro de 1915 |
Lugar | Santiago de Compostela |
Falecemento | 1 de abril de 1968 |
Lugar | Santiago de Compostela |
Soterrado | Vigo |
Nacionalidade | España |
Cónxuxe | Antía Cal |
Actividade | |
Campo | oftalmólogo e investigador |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Institucións | Universidade de Santiago de Compostela, Sociedad Española de Oftalmología, Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana, Academia Médico-Quirúrgica de Pontevedra. |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | As súas achegas no campo da estraboloxía (estudo do estrabismo) |
Premios | 1° Premio da Sociedade Oftalmolóxica de Madrid 1961 Premio INDO da Sociedade Española de Oftalmoloxía 1963 Socio de honra da Academia Médico-Cirúrxica de Pontevedra 1968 |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antón Beiras García, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1915 e finado en Vigo o 1 de abril de 1968, foi un oftalmólogo, humanista e poeta galeguista.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de Manuel Beiras García e tío de Xosé Manuel Beiras Torrado, Antón Beiras licenciouse en Medicina en 1942 na USC e en 1946 asentouse definitivamente en Vigo. Casou en 1947 coa pedagoga Antía Cal. A mediados dos anos cincuenta detéctanlle estrabismo á súa filla Antía, polo que decide comezar a facer investigación nesta enfermidade ocular e a visitar centros de pescuda en Europa. Como consecuencia diso, ademais de sandar a filla, converteuse nunha referencia da oftalmoloxía nese campo e en 1958 publica a que está considerada a primeira publicación científica en galego dende a guerra civil: "Ensaios para mellorar os resultados terapéuticos do estrabismo", en Referatas, a revista da Academia Médico Cirúrxica Provincial de Pontevedra, que recollía o texto dunha conferencia.
Neste campo, tamén foi o inventor do vigoscopio, un aparello que permitía o exame do fondo do ollo, e que nunca se chegou a desenvolver plenamente. En 1962 concédenlle o premio da Sociedade Española de Oftalmoloxía.
Militou activamente nas Mocedades Galeguistas, foi membro fundador e conselleiro da Editorial Galaxia e mantivo unha fonda amizade con Otero Pedrayo e outros intelectuais.
Falecido de cancro en abril de 1968, recibiu a homenaxe da comunidade médica e intelectual da época (Darío Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro...). Oficiou o seu funeral o xesuíta padre Seixas, na que foi a primeira homilía pronunciada en galego en Vigo logo da guerra.
O concello de Vigo adicoulle unha rúa.[2]
Obra[editar | editar a fonte]
- O arte e a sua historia. Xunto con Antía Cal (Edicións Laiovento, 2017)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Antón Beiras, ciencia y compromiso con Galicia, Faro de Vigo, 3/6/12 (en castelán).
- ↑ 42°14′11.7″N 8°42′19.7″O / 42.236583, -8.705472
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antón Beiras García ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Otero, A. (2009). La mirada certera. Galaxia. ISBN 9788493410797.
- Cal, Antía (Junio 2015). Este camiño que fixemos xuntos (3ª ed.). Galaxia. ISBN 978-84-8288-955-9. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 13 de setembro de 2015.
- Esteban de Antonio, Mario (2011). Historia de la Oculística. MAC LINE SL. pp. 1902–1922. ISBN 978-84-936943-3-3. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 13 de setembro de 2015.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Antón Beiras, ciencia y compromiso con Galicia. Javier Mosquera, Faro de Vigo.
- A sanidade lembra ao oftalmólogo Antón Beiras. Jorge Lamas, La Voz de Galicia.
- Antón Beiras, un médico, científico e galeguista optimista. Xosé González Martínez, la Región.
- Homenaxe ao Doutor Antón Beiras. Xurxo Martínez González, Praza Pública.