Xosé Luís Axeitos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1945 (79 anos) Asadelos, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | escritor, catedrático |
Membro de | |
Premios | |
Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asadelos (Asados, Rianxo) o 1 de xaneiro de 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca onde foi alumno do profesor José Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. Foi catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade na que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989. Tamén é profesor-titor da UNED na súa sede da Coruña.
No campo da literatura dedica especial atención a Dieste, Luís Seoane e Manuel Antonio, aos que estudou e editou. Tense preocupado tamén polo mundo da edición en Galicia. Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 2004[1], sendo Arquiveiro-Bibliotecario dela desde o 17 de decembro de 2005 ata o 18 de decembro de 2009.
Foi conferenciante, participou como relator en congresos sobre o exilio e sobre distintos escritores galegos. Organizou os congresos de Luís Seoane e Rafael Dieste. Colaborou en exposicións relacionadas co libro galego na Arxentina e coas biografías de Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Forma parte do consello editorial da Biblioteca del Exilio e do consello de redacción das revistas Citania, Cuadrante, Unión Libre. Ten publicado artigos en Boletín Galego de Literatura, Ínsula, Verba, A Trabe de Ouro, Grial, Zurgai e Serta.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio e edicións
[editar | editar a fonte]- As coplas galegas do P. Sarmiento, 1982, Ediciós do Castro.
- Antoloxía da poesía galega erótica e amatoria, 1988, Ediciós do Castro, editor.
- Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, de Xosé Cornide, 1991, Ediciós do Castro.
- A poética de Manuel Antonio. Criterio. Edicións do Cumio. 1993. ISBN 978-84-87126-67-3. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 06 de maio de 2020.
- Manuel Antonio. Poesía galega completa. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. 1993. ISBN 84-7824-142-6.
- A fiestra valdeira, de Rafael Dieste, 1994, IGAEM.
- Rafael Dieste. Obra galega completa I e II, 1995, Galaxia.
- Rafael Dieste. Ollar o mundo con sede adiviñadora, 1995, Espiral Maior.
- Rafael Dieste, Obras Completas V. Epistolario, 1995.
- A soldadeira, de Luís Seoane, Ediciós do Castro, 1996.
- El Barbero Municipal, 2000, Ediciós do Castro, edición facsimilar.
- Manuel Antonio. A Nosa Memoria, 2000.
- O exilio galego: mapa de cicatrices, 2003, Ediciós do Castro.
- A Academia no discurso exílico de Luís Seoane, 2004, Real Academia Galega, con resposta de Xesús Alonso Montero.
- Catro poemas galegos: (unha homenaxe a Galicia), de Lorenzo Varela, 2004, Ediciós do Castro.
- Algunhas reflexións sobre o exilio e Lorenzo Varela, 2005, Ediciós do Castro.
- Manuel Antonio – Obra completa: Vol. I. Prosa. RAG e Fundación Barrié. 2012. ISBN 978-84-9752-063-8.
- Manuel Antonio – Obra completa: Vol. II. Poesía. RAG e Fundación Barrié. 2014. ISBN 978-84-9752-111-6.
- Manuel Antonio. Obra completa: Vol. III. Epistolario. RAG e Fundación Barrié. 2015. ISBN 978-84-9752-117-8.
- Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía. Vigo: Edicións Xerais. 2017. ISBN 978-84-9121-188-4.
- Aproximacións a Manoel Antonio (2020). Axóuxere Edicións. 272 páxs.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Luís Seoane: Unha fotobiografía 1910-1979, 1994, Xerais.
- Luís Seoane e o libro galego na Arxentina (1937-1978), 1994, Deputación da Coruña, con Xavier Seoane.
- A cultura e a creatividade galegas de cara ao ano 2000, 1995, Asociación Cultural Escola e Sociedade.
- Rafael Dieste (1899-1981): unha fotobiografía, 1995, Xerais.
- E. Fernández Sendón "Fersen". Memoria e antoloxía dun republicano galego (en colaboración con Uxío Bobillo), 1996.
- Sesenta anos despois: os escritores do exilio republicano: actas do Congreso Internacional celebrado na Universidade de Santiago de Compostela, 16, 17 e 18 marzo de 1999, con Charo Portela Yáñez, 1999, Ediciós do Castro.
- Manuel Murguía. Vida e obra (en colaboración con Xosé Ramón Barreiro), 2000.
- Cartas a Murguía I e II (en colaboración con Xosé Ramón Barreiro), 2003, Fundación Pedro Barrié de la Maza.
- Lorenzo Varela. Fotobiografía, 2005, Xerais.
- Manuel Lugrís Freire, o compromiso, 2006, La Voz de Galicia, con Xosé Ramón Barreiro.
- Os símbolos de Galicia, 2007, Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega.
- A patria enteira: homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, 2008, Universidade de Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega. Edición con Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Diccionario Seoane, 2010, Fundación Luís Seoane.
- Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo.
- No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
- Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Edicións
[editar | editar a fonte]- Lorenzo Varela. Poesía Completa, 2000, Ediciós do Castro.
- Lorenzo Varela. Ensayos, conferencias y otros escritos, 2001, Ediciós do Castro.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Cartas del Padre Sobreira a Gómez de Ortega y Cornide, en colaboración con José Luis Pensado), 1983, Ediciós do Castro.
- Epistolario, de Carmen Muñoz Manzano, en colaboración con Charo Portela Yáñez, 2005, Ediciós do Castro.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Sereo de Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia no 2009.
- Premio Antón Losada Diéguez de investigación 2018 por Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Axeitos Agrelo, X. L. (2004). A Academia no discurso exílico de Luís Seoane. Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
- VV.AA. (2010-2011). Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións.
- "Axeitos Agrelo, Xosé Luís". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 248.
- VV.AA. (2005). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Membros da Academia Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Real Academia Galega.
Predecesor: Antonio Gil Merino |
Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 2005-2009 |
Sucesor: Euloxio R. Ruibal |
Predecesor: Manuel González González |
Secretario da RAG 2010-2013 |
Sucesor: Henrique Monteagudo |