Ricardo Carballo Calero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo Carballo Calero
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Carballo Calero, dunha foto con Cunqueiro e Fernández del Riego en Santiago de Compostela.jpg
En Santiago de Compostela nos anos 30.
Nome completoRicardo Carballo Calero [1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11]
Desde 1981 asinou:
Ricardo Carvalho Calero [1][3][7][12][13]
Nacemento30 de outubro de 1910
LugarFerrol Vello
Falecemento25 de marzo de 1990
LugarSantiago de Compostela
SoterradoCemiterio de Boisaca
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Madrid
Ocupaciónfilólogo, escritor e político
CónxuxeMaría Ignacia Ramos Díez
FillosMaría Victoria Carballo-Calero
XénerosEnsaio, poesía, narrativa
Coñecido/a porVieiros, O siléncio ajoellado, Anxo da terra, Poemas pendurados dun cabelo, Salterio de Fingoi, Pretérito Imperfeito (1927-1961), Futuro condicional (1961-1980), O fillo, Isabel, A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A árbore, O redondel, Auto do prisioneiro, Os xefes, A xente da Barreira, Scórpio e Historia da literatura galega contemporánea
EstudosDereito, Filosofía e Letras
ProfesiónCatedrático de universidade
OrganizaciónSeminario de Estudos Galegos
Partido Galeguista
Real Academia Galega
CargosMembro da Real Academia Galega, 1958
PremiosPedrón de Ouro
Medalla Castelao
A Álvaro Cunqueiro, R. Carballo Calero no Ferrol 6 de xulio 1934.svg
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela e numerario da Real Academia Galega. Dentro da súa extensa obra, cultivou a poesía (Pretérito imperfeito 1927-1961, 1980), a novela (A xente da Barreira, 1951) e o teatro (Teatro completo, 1982). Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Historia da literatura galega contemporánea (1962), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983). Está considerado como o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras cursar os seus primeiros estudos no Colexio Comellas, tendo como titor o escritor Manuel Comellas[14], cursou por libre o bacharelato e trasladouse a Compostela en 1926 para estudar Dereito (licenciouse en 1931) e Filosofía e Letras (licenciado en 1935) e cumprir co servizo militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da época, especialmente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carballo, integrado no movemento nacionalista e tomando parte no activismo estudantil na Federación Universitaria Escolar, da que chegou a ser presidente. En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribuíu á redacción dun dos anteproxectos non considerados para o Estatuto da Galicia. En 1933 volveu a Ferrol, gañou a praza de auxiliar administrativo no Concello da cidade e casou con María Ignacia Ramos, licenciada en historia e compañeira de estudos universitarios.

Nestes anos Carballo Calero contribuíu con numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.

Estudou por libre a carreira de Filosofía e Letras, licenciándose en 1936 pola Universidade de Santiago de Compostela, participando ao mesmo tempo activamente no movemento galeguista tanto a nivel local como nacional, sendo nomeado presidente do partido en Ferrol. En abril de 1936 foi elixido compromisario pola provincia da Coruña para a elección do presidente da República dentro da candidatura da Fronte Popular.[15]

Golpe de estado, defensa da República e cárcere[editar | editar a fonte]

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid no momento en que concorría ás probas para profesor de instituto en Lingua e Literatura Española.[2] Carballo posicionouse no bando republicano, entrando en combate como miliciano no batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, o sindicato no que Calero militaba, co grao de tenente e participou na defensa de Madrid. Caeu prendido no fin da guerra, na fronte de Andalucía, e foi condenado en consello de guerra a 12 anos por separatista e recluído no cárcere de Xaén. A etapa de prisión foi aproveitada por Carballo para estudar alemán. A súa novela Scórpio recolle a experiencia vital deses anos, tal como, en certa medida, a comedia A sombra de Orfeo, a peza teatral Os xefes, de 1982 e algúns poemas, como Fugíamos da nossa vila, incluído na colectánea Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985).

En 1941 saíu en liberdade provisional volvendo para Galiza, e regresando á súa cidade natal.[16] Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), no que exerceu como "conselleiro delegado", pois non estaba autorizado para ser director.

Ditadura franquista[editar | editar a fonte]

Restableceu os contactos cos galeguistas que ficaran no país, moi especialmente con Francisco Fernández del Riego, con quen mantivera correspondencia desde o cárcere.[11] Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importante traballo investigador —iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea" (1955, premio extraordinario) — que tivo como froito máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. A proposta de Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Xesús Ferro Couselo, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 17 de maio de 1958, pronunciando o discurso Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, que foi respondido por Otero Pedrayo.[2] En 1965 autorizóuselle a exercer o ensino público como agregado de instituto no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, ao tempo que comeza a impartir aulas de galego na universidade. En 1968 foi galardoado co Pedrón de Ouro. Por fin, en 1972 obtivo por oposición a cátedra compostelá de Lingüística e Literatura Galega acabada de crear.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

En Vida Gallega en 1928.

Os estudos de Carballo atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Rexurdimento e os traballos do profesor Manuel Rodrigues Lapa, Carballo Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movemento reintegracionista, feito que lle impelería a asinar como Carvalho Calero pero tamén lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida.[17] Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.[16] Xubilouse en 1980 mais mantivo a súa actividade creadora e seguiu colaborando con diversas asociacións. En 1981 foi nomeado membro da Academia das Ciências de Lisboa.

Legado[editar | editar a fonte]

Desde 1997 a súa biblioteca persoal forma parte dos fondos bibliográficos do Parlamento de Galicia, adquirida xunto co seu arquivo persoal. A colección está formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas. Entre o heteroxéneo material da colección destacan documentos persoais e docentes, correspondencia, expedientes e recortes de prensa, obra propia e allea, así como material gráfico (láminas, mapas, planos e carteis). Os fondos atópanse nunha das salas da biblioteca parlamentaria que leva precisamente o nome de “Sala Carballo Calero”.[18]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Cunqueiro, Fernández del Riego e Carballo Calero en Compostela nos anos trinta.
Poesía
Teatro
Cancelación de antecedentes penais en 1963.[21]
Narrativa
Ensaio
Cartel dunha conferencia de 1929.
  • Sete poetas galegos, 1955, Galaxia.[27]
  • Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, 1959, Ediciones Celta.[28]
  • Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal, 1961.
  • Historia da literatura galega contemporánea, 1963, completada en 1975,[29] Galaxia.
  • Sobre lingua e literatura galega, 1971, Galaxia.
  • Estudos rosalianos, 1979, Galaxia.
  • Libros e autores galegos: dos trovadores a Valle Inclán, 1979, Fundación Barrié/RAG.
  • Teatro Nós, 1979.
  • Problemas da língua galega, 1981, Sá da Costa Editora.
  • Libros e autores galegos: século XX, 1982, Fundación Barrié/RAG.
  • Da fala e da escrita, 1983, Galiza Editora.
  • Letras galegas, 1984, AGAL.
  • Escritos sobre Castelao, 1989, Sotelo Blanco.
  • Estudos e ensaios sobre literatura galega, 1989, Ediciós do Castro.
  • Do Galego e da Galiza, 1990, Sotelo Blanco (Póstumo).
  • Umha voz na Galiza, 1992, Sotelo Blanco (Póstumo) ISBN 84-7824-153-1.
  • Escritos sobre teatro, 2000, UDC (póstumo). Edición de Laura Tato.
  • Epistolario a Fernández del Riego, 2006, Galaxia (póstumo).[11]
Conversas
Entre os membros do SEG en 1928, con 18 anos de idade. De esq. a d. De pé: Otero Pedrayo, Losada, López Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira, García Paz, Pintos, Fraguas e Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Parga Pondal, Moralejo Laso, Carro, Cabeza de León, Arias Sanjurjo, Álvarez Limeses e Novás.
  • Conversas en Compostela con Carballo Calero, 1986, Sotelo Blanco.[30]
  • Conversas con Ricardo Carballo Calero, 1989, Galaxia. Con Carmen Blanco.
  • Voz e Siléncio (Entrevista con Carvalho Calero), 1991, Edicións do Cumio.[31]
Edicións
  • Versos iñorados ou esquecidos, de Eduardo Pondal, 1961, Galaxia.
  • Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, 1969.
  • Poesías, de Rosalía de Castro, con Lydia Fontoira Surís, 1972.
  • Escolma de poemas, de Ramón Cabanillas, 1976, Real Academia Galega.
  • Prosa galega I: Desde os primeiros oitocentistas ao grupo Nós, 1976, Galaxia.
  • Escolma de prosa galega, de Antonio López Ferreiro, 1978, Real Academia Galega.
  • Prosa galega II: Dos novecentistas aos nosos días, 1978, Galaxia.
  • Prosa galega III: Da época trobadoresca ao neoclasicismo, 1980, Galaxia.
Obras colectivas
Escultura en Compostela, por José Molares.
  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Ediciós do Castro.
  • Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980, AS-PG/Xistral.
  • Castelao contra a manipulación, 1984, Xistral.
  • Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984, 1986, AGAL.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Ediciós do Castro.
  • Actas do II Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1990, AGAL.
  • Comentarios de textos contemporáneos, 1992, Xerais.
  • Tamén navegar, 2011, Editorial Toxosoutos.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía
Ensaio
Necrolóxicas, nótese a convivencia das dúas formas do seu apelido que empregou en vida: "Carballo" e "Carvalho".
  • Aportaciones a la literatura gallega contemporánea, 1955, Madrid
  • Gramática elemental del gallego común, 1966, Galaxia.
  • Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea, 1966, Real Academia Galega.
  • Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro, 1972.
  • La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares, 1987, Ediciós do Castro.[32]
Edicións
  • Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, 1974, Cátedra (Madrid).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1981 foi nomeado Membro de Honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1984 concedéuselle a Medalla Castelao, e en 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa novela Scórpio.

Estivo en varias ocasións (2008, 2010, 2013, 2015, 2016, 2017 e 2018) entre os nomeados polos membros da Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras Galegas, inda que nunca chegou a ser o finalmente escollido.

Leva o seu nome un centro de ensino público da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o IES Ricardo Carballo Calero, no barrio de Caranza de Ferrol.[33]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Carballo Calero, Ricardo" na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Membros da Academia. Ricardo Carballo Calero". Real Academia Galega. 
  3. 3,0 3,1 "Carballo Calero, Ricardo". Diciopedia do século 21 1. 2006. p. 432. 
  4. "Carballo Calero, Ricardo". Enciclopedia Galega Universal 4. p. 422-423. 
  5. "Carballo Calero, Ricardo". Diccionario enciclopédico galego universal 13. Ir Indo para La Voz de Galicia. p. 43. ISBN 84-7680-429-6. 
  6. "Carballo Calero, Ricardo". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. pp. 180–183. 
  7. 7,0 7,1 Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et al (1995). "Carballo [Carvalho] Calero, Ricardo" en Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores).
  8. Fernández del Riego 1971, p. 256, 260, 269–271.
  9. Fernández del Riego 1992, p. 73.
  10. Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Epistolario a Fernández del Riego en Google Books.
  12. Ricardo Carvalho Calero Biblioteca Virtual Galega. Universidade da Coruña.
  13. Gómez Sánchez; Queixas Zas (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). pp. 185, 201, 225, 235, 247, 248, 251, 269, 270, 280, 281, 313, 332, 344. 
  14. «Centenário Carvalho Calero. Cronologia» Academia Galega da Língua Portuguesa.
  15. El Correo Gallego, 28-4-1936, p. 1.
  16. 16,0 16,1 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
  17. Rodríguez Fernández, José Luis (17/10/2018). "Carvalho Calero converteuse nunha bandeira sen el procuralo". adiante.gal. 
  18. O pazo do Hórreo na páxina web do Parlamento de Galicia.
  19. Salterio de Fingoy en Google Books.
  20. Contén a produción xa publicada en Vieiros, O silenzo axionllado, Anxo de terra, Poemas pendurados dun cabelo e Salterio de Fingoi.
  21. Araguas, V. (2010). "Moitos seguimos a chamarlle mestre" (PDF). Galegos (Ézaro Ediciones) (9): 122–126. ISSN 1889-2590. 
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 Fernández del Riego 1971, p. 260.
  23. Contén: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre e Auto do prisioneiro
  24. Contén: O fillo, Isabel, A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A árbore, O redondel, Auto do prisioneiro, Os xefes.
  25. Dobarro, Xosé María. "A primeira novela da posguerra". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 116–117. ISBN 84-9757-097-9. 
  26. Marco, Aurora. "Criar prosa en galego". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 117–118. ISBN 84-9757-097-9. 
  27. Versa sobre Rosalía, Pondal, Curros, Noriega Varela, Cabanillas, Amado Carballo e Manuel Antonio.
  28. Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía
  29. Reedicións en 1981 e 2001.
  30. Con Miguel Anxo Fernán-Vello e Francisco Pillado.
  31. Con Francisco Salinas Portugal.
  32. Contén oito artigos en galego.
  33. IES Ricardo Carballo Calero Consellería de Educación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

José Martinho Montero Santalha en Ferrol, nas xornadas: "Ricardo Carvalho Calero no século XX galego".
  • “Prólogo”. Meilán Gil, José Luis
  • “Carvallo Calero novelista”. Villanueva, Darío
  • “O compromiso cultural de Carvalho Calero: a reintegraçâo lingüística galego-portuguesa”. Montero Santalha, José-Martinho
  • “A obra lingüística de Carvalho Calero”. Mariño Paz, Ramón
  • “Carvalho Calero: o teatro e a vida”. Guisan Seixas, Joâo
  • “A narrativa de Carvalho Calero na encrucillada dos anos cincuenta”. Forcadela, Manuel
  • “Ricardo Carvalho Calero: a elegancia do intelectual comprometido”. Fernán-Vello, Miguel Anxo
  • “Ricardo Carvalho Calero, Gallaecia Magna”. Rodríguez Fernández, José Luís
  • “Algúns recordos de Carvalho Calero”. Díaz Pardo, Isaac
  • “Carballo Calero no diagrama da comunicación dramática. Carballo, poeta dramático e ironista”. Herrero Figueroa, Araceli
  • “O professor, o mestre, o amigo: evocaçom saudosa”. Marco, Aurora
  • “O discurso metapoético de Ricardo Carvalho Calero”. Álvarez Cáccamo, Xosé María
  • “As pegadas de Manoel Antonio na poesía de Ricardo Carvalho Calero”. March, Kathleen
  • “Carvalho Calero: mitos para un exílio”. Pallarés, Pilar
  • “Reflexións sobre a Segunda República”. Barreiro Fernández, Xosé Ramón
  • “A descrición na obra narrativa de Carvalho Calero. Análise retórica e hermenéutica”. Casas, Arturo
  • “Como sair do cerco. A legitimaçom galeguista da Literatura Galega por Carvalho Calero e a génese da sua centralidade no campo da crítica literária”. Torres Feijó, Elias J.
  • “Carballo Calero, un xove nacionalista. 1926-1936”. Beramendi, Justo
  • “Limiar”. {{Versaleta|López, Teresa; Salinas Portugal, Francisco
  • “Ricardo Carvalho Calero escribe a Xosé Filgueira Valverde. Dados para a antoloxía da poesía galega do ano 1936”. López, Teresa
  • “Do carácter híbrido da narrativa breve de Carvalho Calero. (Da ambigua verdade intempestiva de Aos amores seródios)”. Martínez Pereiro, Carlos Paulo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Videos externos
Debate "O porvir do galego" 1987, TVG
Memoria do século (c) AS-PG 2000