Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dialnet é un portal de Internet de difusión da produción científica hispana, que botou a andar no ano 2001 , especializado en ciencias humanas e sociais . A súa base de datos , de acceso libre , foi creada pola Universidade da Rioxa e constitúe unha hemeroteca virtual que conten os índices das revistas científicas e humanísticas de España , Portugal e Latinoamérica , incluíndo tamén libros (monografías), teses de doutoramento, homenaxes e outro tipo de documentos. O texto completo de moitos dos documentos está dispoñible en liña.
No portal colaboran numerosas universidades españolas e hispanoamericanas que fan os volcados de sumarios de revistas. Tamén incorpora bases de datos con documentos noutras linguas.
Estatísticas de Dialnet[ 1]
Revistas
9.125
Documentos
4 388 753
Alertas
24 392 489
Usuarios
1 306 204
Dialnet é un dos servizos de busca máis empregados no mundo académico e cultural hispano.
Carga de teses doutoralis a texto completo
Ofrece un servizo de alertas , polo que o subscritor recibe por correo electrónico os sumarios das revistas das materias que desexe.
Permite o aloxamento de revistas en edición electrónica
Ofrece servizos específicos aos editores
Na clasificación do Laboratorio de Cibermetría do CSIC , Dialnet ocupa o primeiro posto entre os portais europeos e o cuarto posto a nivel mundial.[ 2]
Recibiu o premio Álvaro Pérez Ugena á Divulgación da Ciencia e da Comunicación, correspondente á edición de 2012.[ 3]