España

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Reino de España 1
Bandeira de España Escudo de España
Bandeira Escudo
Lema nacional: Plus Ultra (latín: máis alá)
Himno nacional: Marcha Real
 
 
Capital
 • Poboación
Madrid
3.229.600 (2006)
Cidade máis poboada Madrid
Linguas oficiais Castelán, Catalán, Éuscaro, Galego, Aranés,
Lingua de signos 2
Forma de goberno Monarquía parlamentaria
Juan Carlos I
José Luis Rodríguez Zapatero
Formación
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 50º
504.782[1] km2
1,04
2.032 km
7.921 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 27º
45.116.894
89,3 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 8º
US$ 1.414.646 mill.[2]
US$ 31.471 (2007)
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 11º
US$ 1.310.206 mill.[3]
US$ 29.148 (2007)
Moeda Euro3 (€, EUR)
Xentilicio Español / a
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+1)4
CEST (UTC+2)
Dominio Internet .es
Prefixo telefónico +34
Prefixo radiofónico AMA-AOZ, EAA-EHZ
Matrícula avións EC
Matrícula automóbiles E
Código ISO 724 / ESP / ES
Membro de: UE, OTAN, ONU, OCDE, OSCE, UL

1 Nas outras linguas oficiais é:
*castelán: Reino de España
*catalán/valenciano: Regne d'Espanya
*éuscaro: Espainiako Erresuma
*aranés (occitano): Regne d'Espanha

2 Son oficiais o catalán en Cataluña e Illas Baleares; o valenciano na Comunidade Valenciana; o galego en Galiza; o éuscaro no País Vasco e parte de Navarra; e o aranés no Val de Arán (Lleida). A lingua de signos é oficial en todo o territorio español dende o 13 de xaneiro de 2006
3 Desde 1868 e ata 1999 a moeda oficial foi a peseta
4 Salvo nas Illas Canarias, onde é unha hora menos: UTC+0 en inverno e UTC+1 no verán

Tódolos países do mundo

España[4], oficialmente Reino de España, é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da península Ibérica, ao que se lle engaden arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e o das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera e o peñón de Alhucemas. O enclave de Llivia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia[5]. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é o segundo país máis montañoso de Europa, despois de Suíza. A súa poboación é de 45.200.737 habitantes, según datos do padrón municipal de 2007.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado e é a lingua común de tódolos españois. Outras linguas son recoñecidoas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respeto e protección[6].

España atópase no sudoeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas[7].

Índice

[editar] Historia

Artigo principal: Historia de España

[editar] Idade Antiga

Os iberos foron os primeiros pobos dos que se ten constancia escrita de que ocuparon a península Ibérica. Sábese que había poboacións protoiberas, polos restos arqueolóxicos atopados. Os gregos e fenicios foron os que deixaron os primeiros escritos, aínda que nunca entraron en contacto con eles. Os vascóns entrarían nesta categoría.

Actualmente, defínense os iberos polos seus trazos culturais. Segundo este criterio, os turdetanos ou túrdulos, que ocuparon as terras do antigo reino de Tartessos, considéranse iberos; mentres que, segundo criterios etnográficos ou lingüísticos, non o serían. A bibliografía sobre os iberos adoita achegar datos contraditorios e isto débese ás diferentes adopcións de criterios.

Castro de Santa Tegra Tui, exemplo de castro celta do norte de España
Castro de Santa Tegra Tui, exemplo de castro celta do norte de España

Sobre o ano 1200 adC, tribos celtas, incluíndo probablemente cántabros e astures, entraron na península polo norte e establecéronse en grande parte do seu territorio, asentándose e mesturándose cos iberos. As poboacións que ocupaban unha ampla franxa entre estes dous pobos coñécense como celtíberos. Semella que as montañas en que vivían os vascóns nunca foron completamente romanizadas, polo que considérase incerta a súa orixe, aínda que se barallou a posibilidade de que se tratase dunha poboación protoibérica. Moitos historiadores consideran hoxe en día [Cómpre referencia] que a vasconización foi tardía; os vascóns habitarían a zona da actual Aquitania, chegando á península a finais da Idade Antiga, ocupando o antigo solar dos caristios e várdulos.

Ao redor do ano 1100 adC, os fenicios chegaron á península e fundaron, 80 años despois da guerra de Troia,[8] Gadir, a Gades romana, no que hoxe en día se atopa a cidade de Cádiz. A súa fundación sitúase no ano 1104 adC polo que é considerada a cidade da Europa Occidental de cuxa fundación se teñen referencias máis antigas, (tendo como referencia a fundación de Cartago sobre o século IX adC). Á vez, os gregos fundaron as súas colonias pola costa mediterránea de Iberia, nome que deron á península.

Busto do emperador Adriano, nado en Itálica, actualmente Santiponce provincia de Sevilla
Busto do emperador Adriano, nado en Itálica, actualmente Santiponce provincia de Sevilla

Entre a primeira e segunda das Guerras Púnicas entre Roma e Cartago, os cartaxineses invadiron a península. As súas colonias máis importantes establecéronas na illa de Eivissa e en Cartaxena, nome que fai referencia á nova Cartago e absorberon outras cidades inicialmente fenicias como Cádiz ou Málaga. Derrotada Cartago, Roma iniciaría unha paseniña ocupación da península, que se prolongaría ao longo de case 200 anos. Nas primeiras décadas da ocupación os romanos tiveron que facer fronte ao longo sitio de Numancia, cidade celtibera situada nas beiras do Douro, nas proximidades da actual Soria, que se prolongaría por case 30 anos, e á guerra de guerrillas exposta polo caudillo lusitano Viriato. Trala morte de Viriato (139 adC), a loita dos pobos prerromanos contra Roma volveríase máis disgregada e esporádica, aínda que non remataría totalmente ata os tempos do emperador Augusto co relativo sometemento de cántabros e astures. Relatos desta guerra atopámolos nas páxinas do cronista romano Catón. A ocupación culminaría co pleno dominio da península baixo o poder romano e a súa conversión en provincia baixo o nome de Hispania. O nome de Hispania deriva de Ispania e este á súa vez probablemente dunha palabra púnica, co significado de terra de coellos, aínda que hai outras posibilidades (ver Etimoloxía no punto 1 deste mesmo artigo). Por primeira vez aparece con sentido histórico en Perico Livio 59 adC, que fala de Hispania e de hispani (hispanos, con sentido unitario).

Os habitantes de Hispania adoptaron a cultura romana, a súa lingua e as súas leis, adquirindo gran importancia dentro do imperio, posto que ata tres emperadores romanos, Traxano, Adriano e Teodosio, ademais do filósofo Lucio Anneo Séneca e outros personaxes importantes, naceron na península.

[editar] Idade Media

No ano 409, os suevos, alanos e vándalos invadiron a península Ibérica. Poucos anos despois, no ano 416, os visigodos entraron en Hispania como aliados de Roma, botando aos alanos e vándalos da península quedando os suevos na Gallaecia.

A primeira idea de Hispania/España como país se materializa coa monarquía visigoda. Os visigodos aspiraban á unidade territorial de toda Hispania e conseguírona coas sucesivas derrotas aos suevos, vascóns e bizantinos. A unidade relixiosa viría coa reconciliación de católicos e arrianos e cos concilios da Igrexa Visigoda, un órgano no que, reunidos en asemblea, o rei e os bispos de todas as dioceses do reino sometían a consideración asuntos de natureza tanto política como relixiosa, con vocación de lexislar en todo o territorio nacional. Así, San Isidoro de Sevilla na súa Historia Gothorum aledábase porque Suintila "foi o primeiro que posuíu a monarquía do reino de toda España que rodea o Océano, cousa que a ningún dos seus devanceiros lle fora concedida...". A monarquía visigoda estableceu ademais unha capital que centralizaba tanto o poder político como o relixioso en Toletum. Con todo, o carácter electivo da monarquía visigótica determinou case sempre unha enorme inestabilidade política caracterizada por continuas revoltas e asasinatos.

No ano 689 os árabes chegan á África máis noroccidental. O ano 711, trala vitoria dos árabes fronte aos godos na batalla de Guadalete, iniciouse a Invasión musulmá da Península Ibérica, converténdose esta nun emirato ou provincia do imperio árabe chamada Al-Ándalus con capital na cidade de Córdoba.

O musulmáns avanzaron axiña polo sur da península. No ano 712 caeu Toledo, a primeira capital visigoda. Dende entón, foron espalláronse cara ao norte, e todas as cidades foron capitulando ou conqueridas. No 716 controlaban toda a península, aínda que no norte era máis ben nominal que militar. Os visigodos resistiron algúns anos en máis na Septimania, ata o 719. A partires de entón, dirixiron os seus esforzos cara ao outro lado dos Pireneos, contra o reino Carolinxio. Isto permitiu revoltas na pouco controlada zona noroeste da península.

Logo da caída do reino visigodo a península quedou dominada ata a cordilleira Cantábrica, onde estaban os pobos astures, cántabros e vascóns, escasamente sometidos ao reino godo; e dada a súa escasa importancia, non sufriron demasiado a presión do Islam, que substituíra na península Ibérica ao poder exercido polo reino godo. Moitos dos señores godos ou hispanorromanos convertéronse ao Islam, conservaron as súas posicións e poder.

No ano 718 na actual Asturias un nobre chamado Pelayo sublevouse contra os musulmáns. A sublevación fracasa e é detido. Cara o 722 volvería intentalo tendo lugar o que a historiografía denominou a batalla de Covadonga, onde Pelayo e un grupo de astures (entre os que se atopaban, segundo algúns historiadores, nobres visigodos; a orixe de Pelayo é tamén incerto[9] venceron a unha expedición de castigo musulmá. Este feito serviría para marcar o momento de fundación do Reino de Asturias e dar comezo ao período coñecido como a Reconquista, entendido como o restablecemento do poderío cristián na península Ibérica.

Na parte nororiental da península e na Septimania goda, os godos que fuxiran ao reino dos francos pediron axuda a estes. Así Carlomagno emprendeu unha serie de campañas militares coa intención de establecer un territorio de distensión militar, máis coñecido como marca. A Marca Hispánica constituíuse a comezos do século IX para evitar a penetración dos musulmáns no territorio do Reino dos Francos. Así foi como os francos dividiron ese territorio en diversos condados, onde señores feudais de orixe franca ou goda representaban ao rei dos francos; tendo, xa que logo, un desenvolvemento algo diferente ao que experimentaron os reinos cristiáns ibéricos occidentais. Estes condados en pleno proceso de feudalización emanciparíanse de facto do dominio franco logo da crise carolinxia do século IX, ao empezar a transmitirse herditariamente os condados; aínda que, ata 988, os condes de Barcelona renovaron o pacto de vasalaxe cos reis francos.

Os séculos VIII e IX significarían un crecente poderío musulmán na península, malia a oposición dos núcleos cristiáns do norte. A fins do século VIII, o omeia Abderramán I, fuxido de Siria, fai de Al-Ándalus, no político, un emirato independente do Califato de Damasco.

Covadonga
Covadonga

No século X, Abderramán III converte Al-Ándalus en califato independente de Damasco, xa con autonomía relixiosa e non só política, como ata entón. É unha época de puxanza cultural, grazas ás innovacións nas ciencias, as artes e as letras; cunha especial atención que dedicaron ao desenvolvemento das cidades. As cidades máis importantes foron Valencia, Zaragoza, Toledo, Sevilla e Córdoba. Esta, durante o século X, con Al-Hakam II, chegou a ser a maior cidade de Europa Occidental, contando con 500.000 habitantes, sendo o maior centro cultural da época. Con todo, a decadencia dos territorios musulmáns comezou no século XI, cando comezaron as loitas entre as distintas familias reais musulmás e o califato se desmembrou nun mosaico de pequenos reinos, chamados taifas.

Mentres tanto, preto dos Pireneos apareceron outros dous reinos cristiáns: o Navarra e o Aragón. Ao avanzar a expansión cristiá pola península, o que ata entón fora o reino de Asturias, coa súa capital fixada en Oviedo dende o reinado de Afonso II o Casto, transformouse no reino de León en 910 con García I ao repartírense os territorios de Afonso III o Magno entre os seus fillos. Anos despois, en 914, morto o rei, sobe ao trono Ordoño II de León, cuxo reino abranguía aos territorios de Galicia, Asturias e León, fixando definitivamente nesta cidade a súa capital e confirmando a súa supremacía como reino de León.

A Catedral de León, símbolo do esplendor da arquitectura gótica francesa española.
A Catedral de León, símbolo do esplendor da arquitectura gótica francesa española.

O avance das conquistas cara ao sur e a aglutinación ao redor de León dun territorio cada vez máis amplo trouxo consigo o nacemento de «subunidades» político-territoriais no seu interior: é o caso do Castela. Este será adquirido polo rei navarro Sancho III o Maior, quen o deixará á súa morte en herdanza ao seu fillo Fernando. Casado este coa irmá do rei leonés, formaría unha coalición navarro-castelá que, tras unha guerra e a morte do rei de León na batalla de Tamarón permitiríalle acceder ao trono deste. Con todo, á súa morte os territorios volverían ser repartidos entre os seus fillos: son o reino de León, o reino de Galicia, Castela, que tamén adquire o rango rexio e a cidade de Zamora. Ao longo dos séculos seguintes, estes territorios pasarán a mans do mesmo ou de distintos monarcas en sucesivas ocasións, conformando a Coroa de Castela, cunhas únicas Cortes. Os distintos territorios conservaban o seu carácter de reino e diversas particularidades xurídicas (o rei que aglutinaba baixo a súa coroa todos estes territorios titulábase Rei de León, de Castela, de Galicia... engadindo sucesivamente os dos novos territorios que se ían conquistando), sen que, con todo conservasen unha autonomía semellante á da Coroa de Aragón. Así mesmo, nacerá de León outra unidade territorial de grande transcendencia posterior: Portugal, que se constituirá como reino. Cabe sinalar, para rematar, como un dos momentos máis destacados os reinados de Afonso VI e Afonso VII en León a adopción do título de emperador, o primeiro como "emperador das dúas relixións", o segundo como "emperador de España". O devir dos reinos cristiáns peninsulares nas décadas seguintes pasará pola constitución de catro unidades monárquicas: a denominada Coroa de Castela, concepto que implica a existencia dun só monarca sobre diversos e distintos reinos e territorios (León e a propia Castela, ademais de Galicia e outros); a Coroa de Aragón, que se constituíu mediante a unión dinástica en 1150 do reino de Aragón e o condado de Barcelona; o reino de Navarra e o reino de Portugal. Así como toda unha serie de reinos de taifa musulmáns.

No século XIII, a Coroa de Castela, a máis puxante das hispánicas, ampliou os seus dominios cara ao sur peninsular, mentres que a de Aragón engadiría os reinos de Valencia e de Mallorca co rei Xaime I o Conquistador, e posteriormente formarían parte desta Coroa: Sardeña, Sicilia e outros territorios do Oriente mediterráneo.

A finais deste período, 1402, e en competencia con Portugal, a Coroa de Castela iniciou a conquista das illas Canarias ata entón habitadas exclusivamente polos guanches. A ocupación inicial foi levada a cabo por parte de señores normandos que rendían vasalaxe ao rei Henrique III de Castela. Este proceso de conquista non concluiría ata 1496, sendo culminado pola propia acción da coroa castelá.

A rendición de Selecta aos Reis Católicos, de Francisco Pradilla, reconstrución idealizada característica da pintura historiográfica española do século XIX
A rendición de Selecta aos Reis Católicos, de Francisco Pradilla, reconstrución idealizada característica da pintura historiográfica española do século XIX

Mentres na Coroa de Aragón, como resultado da grande mortalidade provocada pola epidemia da Gran Peste de 1348, así como das malas colleitas, que empezaron co ciclo de 1333o mal any primeiro»), provocaron unha gran inestabilidade tanto social, como económica. Á morte do Rei Martín I o Humano (1410), os representantes dos Reinos que constituían a Coroa de Aragón, elixiron no Compromiso de Caspe a Fernando de Antequera, da castelá Casa de Trastámara como futuro rei Fernando I en quen recaían por herdanza materna os dereitos dinásticos. Malia a revolta protagonizada polo Conde de Urgel, Fernando I foi coroado e comezou o reinado dos Trastámara na Coroa de Aragón. Logo da expansión polo Reino de Nápoles, no período de Afonso V, a Coroa de Aragón sufriu unha profunda crise provocada polas disputas entre Xoán II, fillo de Fernando de Antequera, e a Xeneralidade e o Consell de Cent (Consello de Cen), debida á detención do seu fillo e herdeiro Carlos de Viana, así como polas tensións das clases sociais entre a Busca e a Biga e as revoltas dos campesiños de "Remensa" que coincidiron coa Guerra Civil Catalá (1462 - 1472) acabaron de debilitar á xa débil Coroa aragonesa. Coa subida ao trono de Fernando o Católico, segundo fillo e herdeiro de Juan II, (1479) as tensións sociais reducíronse, coa firma da Sentenza Arbitral de Guadalupe (1486) asentouse unha nova estrutura no campo catalán para acabar coa conflitividade do medio rural.

[editar] Goberno e Política

Artigo principal: Goberno e política de España

[editar] Poderes do Estado

Poder executivo O xefe de estado é o rei Xoán Carlos I. O xefe do goberno é o Presidente, proposto polo rei e elixido polo Congreso dos Deputados. O presidente encárgase de nomea-los ministros. O executivo recibe o apoio do Consello de Estado para consultas específicas.

Poder lexislativo Formado polo Congreso dos Deputados, con 350 membros elixidos polos cidadáns maiores de 18 anos cada catro anos, e o Senado con 259 membros, dos cales unha certa parte é elixida polos parlamentos autonómicos e o resto, a maioría, son elixidos por sufraxio universal.

Poder xudicial O máis alto tribunal é o Tribunal Supremo. Cada Comunidade Autónoma ten un Tribunal Superior de Xustiza. O Tribunal Constitucional encárgase de interpreta-la Constitución. Do mesmo xeito, hai Audiencias provinciais e unha Audiencia Nacional, especializada en delitos de terrorismo, narcotráfico, etc. Existe un Consello Xeral do Poder Xudicial e un Fiscal Xeral do Estado.

[editar] Altas institucións do Estado

España é unha monarquía parlamentaria desde a súa Constitución de 1978.

En España, as chamadas Altas institucións do Estado son:

Articulan os poderes do Estado e equilibran as relacións de poder do mesmo.

[editar] Partidos políticos principais

|}


De ámbito estatal (representados no Congreso ou o Senado) e por orde alfabética:

De ámbito local (presentes en concellos e/ou comunidades autónomas):

[editar] Organización político-administrativa

Imaxe:Mapaespaña.jpg
España ocupa a meirande parte da Península Ibérica

Artigo principal: Organización político-administrativa de España

España é unha monarquía parlamentaria dende a Constitución española de 1978.

España divídese administrativamente en 17 comunidades e 2 cidades autónomas, con distintos graos de autogoberno.

Cidades autónomas:

España está tamén dividida en 50 provincias

[editar] Xeografía

Artigo principal: Xeografía de España

Situada en Europa Occidental, ocupa a meirande parte da Península Ibérica e, fóra, dous arquipélagos (Illas Canarias no Océano Atlántico e Illas Baleares no Mar Mediterráneo) e dúas cidades, Ceuta e Melilla, no norte de África.

En extensión territorial é o terceiro país de Europa (excluida Rusia), por detrás de Ucraína e Francia, e o segundo maior da Unión Europea.

Os límites físicos de España son, principalmente, os da Península Ibérica, a cal comparte con Portugal, Andorra e a colonia británica de Xibraltar. Portugal e o Océano Atlántico ó oeste, o Mar Mediterráneo ó leste, o Estreito de Xibraltar ó sur e os Pirineos, xunto co Golfo de Biscaia e o Mar Cantábrico ó norte.

Os principais sistemas montañosos son: Pirineos, Sistema ibérico, Carpetana, Oretana e Cordilleiras Béticas (Subbética y Penibética).

Os ríos máis caudalosos son: río Ebro, río Texo (en español río Tajo), río Douro, río Guadiana, río Guadalquivir, río Miño, río Segura, río Xúcar (en español río Júcar).

[editar] Economía

Artigo principal: Economía de España

Cun Produto Interior Bruto de US$ 885,500 millóns de dólares e unha renda per capita de US$ 22,000 (2004), España é unha das grandes economías europeas e mundiales. A esperanza de vida da súa poboación está entre as 3 máis elevadas do mundo e a mortandade infantil entre as máis baixas.

[editar] Organización territorial

Artigo principal: Comunidades autónomas de España

España é un país organizado territorialmente en 17 comunidades autónomas e 2 cidades autónomas. O Título VIII da constitución establece a organización territorial do Estado en municipios, provincias e comunidades autónomas, estas con competencias para xestionar os intereses de seu cun amplo nivel de autonomía, poderes lexislativos, orzamentarios, administrativos e executivos nas competencias exclusivas que o Estado lle garante a través da Constitución e de cada Estatuto de autonomía. Malia non constituirse propiamente dito como unha Comunidade Autónoma, Navarra é considerada comunidade autónoma para todos os efectos, segundo a interpretación do Tribunal Constitucional. Navarra non se constituíu propiamente como Comunidade Autónoma, senón como unha Comunidade Foral carente de Estatuto de Autonomía pero foros tradicionais.

Cada comunidade autónoma está formada por unha ou varias provincias, facendo un total de 50.

Dende o ano 2003 adoptouse a Nomenclatura das Unidades Territoriais Estatísticas, ou unidades NUTS, de tres niveis, con fins meramente estatísticos baseados nas normativas europeas e fixados polo Eurostat. As 50 provincias españolas e as dúas cidades autónomas atópanse clasificadas nos niveis NUTS-3; as 17 comunidades autónomas atópanse clasificadas nos niveis NUTS-2; e para os niveis NUTS-1 creáronse os grupos de comunidades autónomas.

[editar] Reclamacións territoriais e territorios en disputa

España reclama historicamente a retrocesión da colonia (actualmente Territorio Británico de Ultramar) de Xibraltar, aínda que amouse favorable a fórmulas de soberanía compartida. A reclamación comezou dende o intre no que tropas angloholandesas tomaron a praza en nome do arquiduque Carlos durante a Guerra de Sucesión Española (1704), pasando posteriormente a mans británicas mediante o Tratado de Utrecht (1713). A reclamación, que incluíu operacións militares, foi particularmente intensa durante o século XVIII, minguando durante o século XIX e a primeira metade do XX, sendo levada polo goberno franquista ás Nacións Unidas durante a década de 1960. Alí, encadrada nos procesos descolonizadores, España obtivo o respaldo á súa postura ao recoñecer as resolucións ao efecto (2231 e 2353) que o proceso descolonizador debía respectar o dereito á integridade territorial de España e que os intereses, e non os desexos dos xibraltareños, debían ser respectados (Véxase Historia de Xibraltar). España non recoñece, con todo, a soberanía británica sobre o istmo que une o continente co penón.

Faro de Melilla
Faro de Melilla

Por outra banda, Portugal non recoñece a soberanía española sobre a comarca pacense de Olivenza (aínda que non reclama activamente a súa soberanía), cedida por Portugal a España mediante o tratado de Badaxoz (1801). As resolucións do Congreso de Viena son interpretadas de forma diverxente por ambos os dous países. Mentres que Portugal estima que aquelas obrigaban a España a devolver Olivenza, España opina que se trata dunha simple declaración de bos desexos, sen capacidade resolutiva, razón pola que Olivenza seguiu unida a España. Finalmente, España non recoñece as pretensións de soberanía de Portugal sobre as illas Salvaxes.

Tamén a soberanía sobre o deshabitado illote de Perexil atópase disputada con Marrocos. Aínda que desaloxada tras o incidente da illa Perexil (2002), por acordo entre ambos os países non se atopa asentada alí ningunha forza militar ou policial, sen que ningunha das partes renuncie ás súas pretensións de soberanía. Por outra banda, Marrocos reclama informalmente a cesión dos territorios de Ceuta e Melilla, así como as denominadas prazas de soberanía no continente africano. Algúns movementos irredentistas en Marrocos, como o partido Istiqlal, reclaman a inclusión no denominado "Gran Marrocos" das illas Canarias.Modelo:Cómpreferencia

[editar] Independentismo

Existen en España diversos movementos políticos de signo independentista, vencellados a nacionalismos periféricos, como o vasco, o galego ou o catalán, que reclaman a independencia de España dos territorios nos que son activos. Estes movementos danse en Cataluña, Galicia, Navarra e o País Vasco, onde existen partidos explicitamente independentistas como a Unión do Povo Galego, Esquerra Republicana de Catalunya, Aralar ou EA, así como os seguidores da chamada esquerda abertzale que non se desvinculan de ETA (a súa última denominación formal é Batasuna, partido ilegalizado en España pero legal en Francia). Doutra banda, partidos como o BNG, PNV e CIU oscilan entre posturas autonomistas e abertamente independentistas.

[editar] Cultura

Artigo principal: Cultura de España

[editar] Lingua

As linguas oficiais son:

Tamén se falan patrimonialmente outras linguas, coma o asturiano, o aragonés, portugués, árabe e bérber.

Por efecto da emigración recente hai amplas comunidades de falantes de romanés e búlgaro, polaco ou romaní.

[editar] Festas nacionais

1 de xaneiro Aninovo
6 de xaneiro Epifanía
Reis Magos
19 de marzo San Xosé
Día do pai
1 de maio Día do traballador
25 de xullo Santiago Apóstolo
15 de agosto Asunción
12 de outubro Festa Nacional de España
Día da Hispanidade
Virxe do Pilar
1 de novembro Día de tódolos Santos
6 de decembro Día da Constitución
8 de decembro Inmaculada Concepción
25 de decembro Día de Nadal

[editar] Referencias

  1. Anuario Estadístico de España 2006. 1ª parte: entorno físico y medio ambiente
  2. Banco Mundial (PIB nominal 2005)
  3. Banco Mundial (PIB PPA 2005)
  4. Título preliminar da Constitución española
  5. Casaquistán e Turquía teñen parte do seu territorio en Europa e son maiores que España, ao igual que Rusia. Tívose en conta só a parte europea dos países con todo a parte do seu territorio en Europa.
  6. Erro no código da cita Etiqueta non válida <ref>; non se forneceu texto para as refs de nome Constituci.C3.B3n; $2
  7. Ditas facerías non son estritamente un acordo de co-soberanía, xa que afectan a territorio español, se non un acordo de aproveitamento compartido dos recursos.
  8. Así o afirma, por exemplo, Veleyo Patérculo en Historia Romana 1:2,1-3 e Tito Livio en Historia de Roma desde su fundación (ISBN 978-84-249-1428-8).
  9. Joseph Pérez, Historia de España, ISBN 84-8432-091-X, pg.39:

    A resistencia aos sarracenos enmarcouse nesta tradición de resistencia ao estranxeiro, quenquera que fose, por parte de grupos montañeses afeitos a vivir illados, espontaneamente remisos a todo poder procedente do exterior. Uníronselles nobres visigodos fuxitivos da derrota do reino de Toledo e dirixidos por Pelayo (segundo unha tradición, os musulmáns encargaron a Oppas, bispo de Sevilla, que gañase para a súa causa a Pelayo, un nobre visigodo refuxiado en Asturias). É o que suxiren algúns historiadores.

[editar] Véxase Tamén


España
Andalucía - Aragón - Principado de Asturias - Illas Baleares - Illas Canarias - Cantabria - Castela-A Mancha - Castela e León - Cataluña - Comunidade Valenciana - Estremadura - Galicia - Comunidade de Madrid - Rexión de Murcia - Comunidade Foral de Navarra - País Vasco - A Rioxa
Cidades autónomas
Ceuta - Melilla

Europa | España




Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia |