Palma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Palma de Mallorca")
Palma
Flag of Mallorca.svg
Situación xeográfica
A cidade desde o Castelo de Bellver.
Catedral. Castelo de Bellver.



Palma de Mallorca, Spain location.png

Estado: España España
Comunidade autónoma: Illas Baleares Illas Baleares
Provincia: Illas Baleares Illas Baleares
Illa: Flag of Mallorca.svg Mallorca
Xeografía
Altitude: 13 msnm
Superficie: 208,63 km²
Poboación
Poboación total: 401.270 hab. (2009)
Densidade de poboación: 1.923,36 hab./km²
Xentilicio: Palmés/a
Información
Código postal: 07.0XX
Alcalde: Aina Calvo Sastre (PSOE)
Sitio na web: www.palmademallorca.es

Palma, coñecida tamén como Palma de Mallorca ou La Ciutat de Mallorca, é unha cidade española, capital da comunidade autónoma das Illas Baleares. Está situada na illa de Mallorca.

Sitúase a beiras do mar Mediterráneo, a uns 13 metros de altura sobre o nivel do mar. Cunha poboación de 401.270 habitantes e unha superfície de 208,63 km² (INE 2009) é a maior cidade do arquipélago e a oitava de España en número de habitantes. O seu área metropolitana engloba nove concelloss que alcanzan os 509.116 habitantes repartidos nunha superfície de 1.015,88 km².

Índice

[editar] Historia

A cidade foi fundada polo cónsul romano Quinto Cecilio Metelo o ano 123 aC. Durante o período islámico denomínase Madina Mayurqa. Co rei Xaime I chámase Mallorca. Co Decreto de Nova Planta recuperou oficialmente o nome romano, que, tamén oficialmente, no século XIX, se transformou en Palma de Mallorca; desde 1998 é oficialmente só Palma. Por antonomasia tradicionalmente os mallorquíns a denominan simplemente La Ciutat (A Cidade).

[editar] Xeografía

O termo municipal de Palma ten unha superficie de 21.355,844 hectáreas e limita cos termos de Calvià, Puigpunyent, Esporles, Valldemossa, Bunyola, Marratxí, Santa Eugènia, Algaida, Llucmajor e o Mar Mediterráneo.

Corresponde ao termo municipal de Palma o arquipélago de Cabrera, formado polas illas de Cabrera, Conillera, els Estells, l'Imperial, Na Rodona, Na Foradada, Na Plana, Na Pobra e outros illotes menores.

Atópase situada no sector occidental da illa de Mallorca, quedando situada entre as comarcas naturais da Serra de Tramuntana, a cal presenta un relevo accidentado definido por aliñacións de dirección nordés-suroeste e polo Pla de Mallorca.

Panorámica de Palma desde o castelo de Bellver

[editar] Clima

Palma goza de clima mediterráneo cunha temperatura media anual de 17 °C e unha media anual de precipitacións de 450 l/m2.


Observatorio do Aeroporto Son Sant Joan
1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec TOTAL
Temp. máxima (°C) 15,1 15,5 17,1 19,2 23,3 27,4 30,8 31,0 27,7 23,2 18,8 16,1 22,1
Temp. mínima (°C) 3,5 3,8 4,5 6,5 10,5 14,6 17,3 18,2 15,9 12,2 7,6 5,2 10,0
Precipitacións (mm) 36 32 28 34 27 16 7 16 48 68 48 46 410

[editar] Demografía

Evolución da poboación de Palma entre 1900 e 2010[1]

Gráfica elaborada por Wikipedia en base aos datos do INE-2010


[editar] Economía

Os dous principais motores da economía son o turismo e a construción, habendo relegado a un segundo plano á industria e ao sector primario (agricultura, gandería, pesca, minería). As industrias de hotelería atópanse entre as primeiras de España e ata do mundo enteiro. As zonas que concentran maior número de turistas son a Praia de Palma e o centro da cidade.

[editar] Notas

  1. Series históricas de poboación. Instituto Nacional de Estatística (INE) España. Consultado o 7 de xaneiro de 2011.

[editar] Véxase tamén

Concellos das Illas Baleares Flag of the Balearic Islands.svg
Alaior | Alaró | Alcúdia | Algaida | Andratx | Ariany | Artà | Banyalbufar | Binissalem | Búger | Bunyola | Calvià | Campanet | Campos | Capdepera | es Castell | Ciutadella de Menorca | Consell | Costitx | Deià | Eivissa | Escorca | Esporles | Estellencs | Felanitx | Ferreries | Formentera | Fornalutx | Inca | Lloret de Vistalegre | Lloseta | Llubí | Llucmajor | Manacor | Mancor de la Vall | Maó | Maria de la Salut | Marratxí | es Mercadal | es Migjorn Gran | Montuïri | Muro | Palma | Petra | sa Pobla | Pollença | Porreres | Puigpunyent | ses Salines | Sant Antoni de Portmany | Sant Lluís | Sant Joan de Labritja | Sant Joan | Sant Josep de sa Talaia | Sant Llorenç des Cardassar | Santa Eugènia | Santa Eulària des Riu | Santa Margalida | Santa Maria del Camí | Santanyí | Selva | Sencelles | Sineu | Sóller | Son Servera | Valldemossa | Vilafranca de Bonany  
Illas de Mallorca | Menorca | Eivissa | Formentera


[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas