Río Guadalquivir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Guadalquivir")
Río Guadalquivir
Río Guadalquivir Cordoba.jpg
Río Guadalquivir ao seu paso por Córdoba.
País España
Rexión n/d
Nacemento
Altitude n/d
Lonxitude 657 km
Caudal medio 164,3 m³/s (ao seu paso por Sevilla)
Conca 59.978 km²
Desembocadura Océano Atlántico

O río Guadalquivir é un río andaluz. O seu nome procede do árabe wadi al-Kabir ("río grande"), chamado Betis (Baetis) desde a era prerromana ata a invasión árabe.

Situación do Guadalquivir.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Nace no concello de Quesada, na serra de Cazorla, na provincia de Jaén, e desemboca en Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) no océano Atlántico, pasando polas cidades de Sevilla e Córdoba. A súa lonxitude é de 657 km. É navegable desde a súa foz ata Sevilla, uns 80 km aproximadamente. Desde esta cidade ata o mar esténdese unha ampla chaira, coñecida como as marismas do Guadalquivir.

O Guadalquivir é o único río de España con tráfico fluvial significativo. Na actualidade só é navegable ata Sevilla. En tempos dos romanos era navegable ata Córdoba e mesmo ata Andújar. As augas do Guadalquivir viron pasar algunhas das civilizacións que determinaron o curso histórico da Península Ibérica, como os fenicios, tartesos, iberos, romanos ou árabes.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Pola beira esquerda: Guadiana Menor, Guadalbullón, Guadajoz, Genil, Corbones, Guadaira.

Pola beira dereita: Guadalimar, Jándula, Yeguas, Guadalmellato, Guadiato, Bembézar, Viar, Rivera de Huelva, e Guadiamar.

Localidades importantes nas beiras[editar | editar a fonte]

Provincia de Jaén: Mengíbar, Villanueva de la Reina, Andújar, Marmolejo e Santo Tomé.

Provincia de Córdoba: Villa del Río, Montoro, El Carpio, Córdoba e Palma del Río.

Provincia de Sevilla: Peñaflor, Lora del Río, Villaverde del Río, Brenes, Alcalá del Río, La Rinconada, La Algaba, Camas, Sevilla, San Juan de Aznalfarache, Gelves, Coria del Río e La Puebla del Río.

Provincia de Cádiz: Sanlúcar de Barrameda e Trebujena.

Protección medioambiental[editar | editar a fonte]

Na cabeceira da conca do Guadalviquir sitúase o Parque Nacional da Serra de Cazorla, Segura e Las Villas, nas que o río percorre uns 50 km, pero encadra ademais os vales altos doutros afluentes. No estuario da desembocadura, está asentado, en parte, o Parque nacional de Doñana.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]