Afonso I de Aragón
| Afonso I de Aragón | |
|---|---|
| Rei de Aragón e Pamplona | |
Afonso I de Aragón |
|
| Reinado | 28 de setembro de 1104 - 7 de setembro de 1134 |
| Outros títulos | |
| Nacemento | 1073 |
| Falecemento | 7 de setembro de 1134 Poleñino, Huesca |
| Sepultura | Mosteiro de San Pedro o Vello |
| Predecesor | Pedro I de Aragón |
| Sucesor | Ramiro II (Aragón) García Ramírez (Pamplona) |
| Consorte | Urraca de Castela |
| Casa Real | Casa de Aragón |
| Pai | Sancho Ramírez de Aragón |
| Nai | Felicia de Roucy |
Afonso I de Aragón, o Batallador (1073 - 7 de setembro de 1134, Poleñino, Huesca), foi rei de Rei de Aragón e Pamplona entre 1104 e 1134.
Fillo de Sancho Ramírez (rei de Aragón e de Pamplona entre 1063 e 1094) e de Felicia de Roucy, ascendeu ao trono cando morreu o seu medio irmán Pedro I.
Fíxose chamar entre 1109-1114 «Rei e Emperador de Castela, Toledo, Aragón, Pamplona, Sobrarbe e Ribagorza». Emperador, amparado na teoría política que concede o imperio ao que domina tres ou máis reinos.
Á súa morte, e no que é un dos episodios máis controvertibles da súa vida, legou os seus reinos ás ordes militares, o que non foi aceptado pola nobreza, que elixiu ao seu irmán Ramiro II o Monxe en Aragón e a García Ramírez o Restaurador en Navarra, dividindo o seu reino.
| Predecesor: Pedro I |
Rei de Aragón 1104 - 1134 |
Sucesor: Ramiro II |
| Predecesor: Pedro I |
Rei de Pamplona 1104 - 1134 |
Sucesor: García Ramírez |