Dinamarca - Danmark
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Kongeriget Danmark Reino de Dinamarca |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dinamarca, oficialmente Reino de Dinamarca (en dinamarqués Kongeriget Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", é o menor en extensión entre os países nórdicos e tamén o máis meridional. Dinamarca forma parte de Escandinavia e só fai fronteira con Alemaña. Dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund ao surleste e limita ao norte con Noruega. Dinamarca conta con dous territorios de ultramar ou territorios dependentes, Grenlandia e as Illas Feroe, que disfrutan dun elevado nivel de autonomía.
O territorio dinamarqués, componse de 443 illas e está rodeado polo Mar do Norte e o Mar Báltico, fóra da Península de Xutlandia, que está unida ao continente europeo e limita con Alemaña. As principais illas dinamarquesas son Selandia (Sjælland), Fionia (Fyn), Vendsyssel-Thy (Nørrejyske Ø), Lolland e Bornholm, a máis afastada do arquipélago dinamarqués. Esta posición deu a Dinamarca, historicamente, o control sobre o acceso ao mar Báltico.
Dinamarca é unha monarquía constitucional dende 1849, data na que quedou abolida a monarquía absoluta que rexera o país dende 1660, e converteuse en monarquía parlamentaria en 1901. En termos de permanencia, a monarquía dinamarquesa pode considerarse a segunda máis antiga do mundo, despois da casa imperial do Xapón, ao existir durante polo menos un milenio. Dinamarca forma parte da Unión Europea (aínda que non emprega o euro). Cando o país adheriuse á CEE en 1973 fíxoo sen as Illas Feroe, mentres que Grenlandia optou por separarse da CEE en 1985. Tamén se converteu nun membro fundador da OTAN en 1949, rematando coa tradicional política de neutralidade que o país sostivera ata ese momento.
Pola súa natureza pobre en recursos xeolóxicos, Dinamarca sostivo a súa economía na actividade agrícola, grazas ás súas granxas, a explotación pesqueira e a industria naval. No último século, os dinamarqueses déronlle pulo á industrialización do seu país e favoreceron o establecemento dun estado de benestar garantindo o acceso a servizos públicos dende que en 1933 se asinase o acordo de Kanslergade. Dinamarca foi ocupada polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial.
Índice |
[editar] Historia
Artigo principal: Historia de Dinamarca
A orixe de Dinamarca está perdida na prehistoria. Pero a Dannevirke (muralla) máis antiga data do século VII, o mesmo que o novo alfabeto rúnico.
Dinamarca foi unificada por Harald Blatand ó redor de 980. Para o século XI os daneses eran coñecidos como parte dos Vikingos, que colonizaban, saqueaban e comercializaban na maior parte de Europa.
En varias ocasións Dinamarca controlou Inglaterra, Noruega, Suecia, Islandia, Illas Feroe, parte das Illas Virxes, parte da costa do Báltico e o que é agora o norte de Alemaña. Scania foi parte de Dinamarca durante a maior parte da súa historia, pero foi perdida e cedida a Suecia no 1658. A unión con Noruega foi disolta no 1814, cando Noruega ingresou nunha nova unión con Suecia (ata 1905).
O movemento liberal e nacional danés chegou ó seu cumio nos anos 1830 e, logo das revolucións europeas de 1848, Dinamarca convertiuse nunha monarquía constitucional o 5 de xuño de 1849.
Despois da Guerra dos Ducados en 1864, Dinamarca foi forzada a ceder Schleswig-Holstein a Prusia, unha derrota que deixou fondas marcas na identidade nacional danesa. Logo deste feito, Dinamarca adoitou unha política de neutralidade, que mantivo durante a Primeira Guerra Mundial.
O 19 de abril de 1940, Dinamarca foi invadida pola Alemaña nazi e permaneceu ocupada durante a Segunda Guerra Mundial, a pesar dalgunha resistencia interna. Despois da guerra, Dinamarca convertiuse en membro da OTAN, e en 1973 membro da Comunidade Económica Europea, que anos máis tarde transformouse na UE.
[editar] Política
Artigo principal: Política de Dinamarca
En 1849, Dinamarca pasou a ser unha monarquía constitucional coa adopción dunha nova constitución. O monarca é formalmente o xefe de estado, pero ese papel é e grande medida cerimonial. O poder executivo é exercido polos ministros, sendo o primeiro ministro un primeiro entre iguais (primus inter pares). O poder lexislativo está investido no parlamento, coñecido como Folketing, que consiste en (non máis de) 179 membros. Os tribunais da Dinamarca son funcional e administrativamente independentes dos poderes executivo e lexislativo.
As eleccións para o parlamento teñen lugar xeralmente cada catro anos, pero o primeiro ministro pode convocar eleccións anticipadas.
[editar] Subdivisións
Artigo principal: Subdivisións de Dinamarca
- Artigo principal: Organización territorial de Dinamarca.
Desde o 1 de xaneiro de 2007, Dinamarca está dividida en 5 rexións (regioner) e 98 concellos (kommuner) que substituíron os tradicionais condados e os antigos 270 concellos respectivamente. As cinco rexións existentes son:
- Rexión Hovedstaden 29 comunas
- Rexión Nordjylland 11 comunas
- Rexión Midtjylland 19 comunas
- Rexión de Selandia 17 comunas
- Rexión Syddanmark 22 comunas
O arquipélago de Ertholmene non forma parte de ningunha rexión nin concello, adminístrao o goberno dinamarqués.
[editar] Xeografía
Artigo principal: Xeografía de Dinamarca
Dinamarca consta da península de Xutlandia (Jylland) e de 405 illas con nome, das cales 79 están habitadas, e entre as que as máis importantes son Fyn e a Selandia (Sjælland). A illa de Bornholm localízase un pouco ao leste do resto do país, no mar Báltico. Moitas das illas están ligadas por pontes. A ponte do Øresund liga a Selandia á Suecia e a ponte do Grande Belt liga Fyn á Selandia.
Cunha lonxitude máxima de 375 km, o país é, en xeral, plano e con poucas elevacións (os puntos máis elevados son o Ejer Baunehøj e o Yding Skovhøj, ambolosdous con cerca de 173 metros de altitude. O clima é temperado, con invernos suaves e veráns frescos. As cidades principais son a capital, Copenhaguen (na Selandia), Aarhus (na Xutlandia) e Odense (en Fyn).
[editar] Economía
Artigo principal: Economía de Dinamarca
A moderna economía de mercado de Dinamarca permite que exista unha agricultura de alta tecnoloxía, uns altos niveis de benestar, unha moeda estábel e unha alta dependencia dos mercados exteriores. Dinamarca é un exportador neto de produtos alimenticios e enerxía e ten unha balanza de pagos positiva.
Un 75% dos traballadores daneses pertence a algún sindicato dentro da Confederación Danesa de Sindicatos. As relacións entre os sindicatos e a patronal son de cooperación. Os convenios laborais que fixan os horarios de traballo e os salarios negócianse entre a patronal e os sindicatos, cunha mínima implicación do goberno.
O goberno foi capaz de igualar e superar os criterios económicos de converxencia necesarios para entrar na unión económica e monetaria da Unión Europea. Mais, Dinamarca, nun referendo realizado en setembro de 2000, decidiu non adoptar o euro como moeda.
[editar] Demografía
Artigo principal: Demografía de Dinamarca
[editar] Cultura
Artigo principal: Cultura de Dinamarca
O dinamarqués máis coñecido é probabelmente Hans Christian Andersen, un escritor famoso principalmente debido aos seus contos de fadas, como As Roupas Novas do Emperador ou O Patiño Feo.
Outros dinamarqueses coñecidos son:
- Bertel Thorvaldsen, escultor.
- Hans Christian Andersen, escritor de contos e historias infantis.
- Niels Bohr, físico.
- Tycho Brahe, astrónomo.
- Karen Blixen, tamén coñecida como Isak Dinesen, escritora.
- Søren Kierkegaard, filósofo existencialista.
- K E Løgstrup, filósofo cristián.
Ver tamén:
- Culinaria de Dinamarca
- Lista de pintores dinamarqueses
- Lista de dinamarqueses notábeis
- Lista de persoas nos selos de Dinamarca
- Música de Dinamarca
| Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
|---|---|---|---|
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
|
|
||
|---|---|---|
Países candidatos: |
||
|
|
|---|
Membros asociados |
|
|
|---|
| Albania · Alemaña · Andorra · Austria · Bélxica · Bielorrusia · Bosnia - Hercegovina · Bulgaria · Chequia · Chipre · Cidade do Vaticano · Croacia · Dinamarca · Eslovaquia · Eslovenia · España · Estonia · Finlandia · Francia · Grecia · Hungría · Irlanda · Islandia · Italia · Kosovo · Letonia · Liechtenstein · Lituania · Luxemburgo · República de Macedonia · Malta · Moldavia · Mónaco · Montenegro · Noruega · Países Baixos · Polonia · Portugal · Reino Unido · Romanía · San Mariño · Serbia · Suecia · Suíza · Ucraína Países con parte do seu territorio en Europa |
|
|
|---|
| Alemaña · Bélxica · Bulgaria · Canadá · Chequia · Dinamarca · Eslovaquia · Eslovenia · España · Estados Unidos de América · Estonia · Francia · Grecia · Hungría · Islandia · Italia · Letonia · Lituania · Luxemburgo · Noruega · Países Baixos · Polonia · Portugal · Reino Unido · Romanía · Turquía |