Reis Católicos
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Coñécense por Reis Católicos a Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela (antiga grafía Ysabel I) raíña de Castela e León, que a finais do século XV e comezos do século XVI unificarían baixo a mesma coroa tódolos estados hispánicos (excepto Portugal, sería o seu bisneto Filipe II quen completaría a unión temporal de toda a Península Ibérica). Baixo o reinado destes reis ocorreron certos acontecementos de gran relevancia, a saber:
- Descubrimento de América (1492).
- Expulsión dos xudeus (1492).
- Creación da Santa Irmandade (1476).
- Conquista do derradeiro estado musulmán de Granada (1492).
- Conquista do reino de Navarra polo Duque de Alba (1512).
Difícil comezo [editar]
- Véxase tamén: Guerra de Sucesión Castelá.
Despois da proclamación en Castela de Isabel como raíña, plantexouse un preito dinástico. Xoana a Beltranexa, apoiada por algúns nobres e polo seu prometido o rei Afonso V de Portugal, defendeu os seus dereitos á coroa polas armas. Así, houbo en terras de Castela unha guerra civil durante anos ata as vitorias de Toro e Albuera e a definitiva paz de Trujillo en 1479. Ese mesmo ano Fernando hereda a coroa de Aragón do seu pai. Alfonso V renunciou ás súas aspiracións sobre Castela e Xoana a Beltranexa retirouse ó Convento de Santa Clara en Coimbra (Portugal).
A concordia de Segovia [editar]
Don Fernando, alegando ás costumbres aragonesas que excluían do trono ás mulleres, tentou gobernar só en Castela. A negativa de Isabel e dos nobres casteláns fixo que se firmara a Concordia de Segovia no alcázar. O goberno de ambos reinos sería conxunto, e sobre os tronos e nos guións militares escribiuse a consigna "Tanto monta", como símbolo de unión dos reis.