Aragón

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Aragón
Bandeira de Aragón Escudo de Aragón
Bandeira Escudo
Himno: Himno de Aragón
 
Localización de Aragón.png
 
Estado Flag of Spain.svg España
Capital
 • Poboación
 • Coordenadas
Zaragoza
682.283 (2008)
n/d
Linguas Castelán, aragonés, catalán
 • Oficiais Castelán
Estatus Cortes
Marcelino Iglesias Ricou (PSOE)
Estatuto
19 de marzo de 2007
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 4º
47.179 km²

km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 11º
1.326.918 (2008)
27,8 hab./km²
Xentilicio aragonés / aragonesa
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .es
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO ES-AR
Sitio web oficial
Subdivisións de España
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aragón (homónimos).

Aragón (en aragonés: Aragón, en catalán: Aragó) é unha comunidade Autónoma con estatuto de "nacionalidade histórica" nacida nunha rexión histórica que abrangue o tramo central do val do Ebro, situada no norte de España e limitando ao norte con Francia polo Pireneos. Linda coas comunidades autónomas de Navarra ao norte, A Rioxa e Castela e León ao oeste, Castela-A Mancha ó suroeste, Cataluña ó leste, e a Comunidade Valenciana ao sur.

O Reino de Aragón, canda o Condado de Barcelona, o Reino de Valencia e o Reino de Mallorca, formaron a histórica Coroa de Aragón; e foi un dos reinos que formaron o Reino de España. Dende 1978 é unha comunidade autónoma española, composta polas provincias de Huesca, Teruel e Zaragoza, e que se articulan en 32 comarcas e 1 delimitación comarcal. A capitalidade reside na cidade de Zaragoza. O 23 de abril celébrase a festividade de San Xurxo, día de Aragón.

Dende o 2 de agosto de 1999, Marcelino Iglesias Ricou (PSOE) é o Presidente de Aragón, en coalición co Partido Aragonés (PAR).


Índice

[editar] Xeografía

A superficie de Aragón é de 47.719,2 km² dos cales 15.636,2 km² pertencen á provincia de Huesca, 17.274,3 km² á provincia de Zaragoza e 14.808,7 km² á provincia de Teruel. O total representa un 9,43% da superficie de España, sendo así a cuarta comunidade autónoma en tamaño por detrás de Castela e León, Andalucía e Castela-A Mancha.

[editar] Relevo

A orografía da comunidade ten como eixo central o val do Ebro (alturas entre 150 e 300 metros aprox.) o cal transita entre dous somontanos, o pirenaico e o ibérico, preámbulos de dúas grandes formacións montañosas, os Pireneos ao norte e o Sistema Ibérico ao sur.

O Pireneo aragonés conta coas principais alturas desta cordilleira que separa Francia e España. Destacan o Aneto (3.404 msnm), Posets (3371 msnm), Monte Perdido (3,355 msnm), Perdiguero (3,221 msnm), Cotiella (2,912 msnm), entre outros. Os principais vales pirenaicos, formados polos ríos que aí nacen, son Ansó (río Veral), Feito (río Aragón Subordán), Canfranc (río Aragón), Tena (río Gállego) e Broto-Ainsa-Benasque (ríos Ara, Cinca e Ésera). É precisamente por encima destes vales onde se sitúa o Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido.

Entre o somontano e o pireneo levántanse un conxunto de serras que forman o chamado prepireneo, que alcanza unha altura máxima de 2,077 msnm (Sierra de Guara). Destacan pola súa beleza os Mallos de Riglos, preto da localidade de Ayerbe.

O tramo aragonés do Sistema Ibérico é un conxunto de serras sen unidade estrutural clara, que pode dividirse en dúas zonas: sistema Ibérico do Jalón, onde destaca o Moncayo con 2,313 msnm, e o Sistema Ibérico Turolense, onde se achan serras como a de Albarracín ou a serranía do Maestrazgo, esta última de gran complexidade orográfica.

[editar] Clima e vexetación

Formigal no inverno.

Aínda que o clima de Aragón pode considerarse, en xeral, como continental moderado, a súa irregular orografía fai que se cren varios climas ou microclimas ao longo e ancho de toda a comunidade. Desde a alta montaña, con xeos perpetuos (glaciares), ata zonas esteparias como os Monegros pasando polo clima continental intenso da zona de Teruel-Daroca.

As temperaturas medias son moi dependentes da altura. No val do Ebro os invernos son relativamente moderados (aínda que a sensación térmica diminúa moito co forte vento norte) e as temperaturas no verán poden alcanzar os 40 °C. Nas zonas de montaña os invernos son máis longos e as temperaturas medias poden ser ata 10 °C máis baixas que no val. Dous son os ventos máis importantes de Aragón: o cierzo ou norte e o de levante ou bochorno. O primeiro é un vento que percorre o val do Ebro de noroeste a sueste e que pode presentar gran forza e velocidade. O segundo é un vento cálido, máis irregular e suave procedente do sur-este.

A vexetación segue as oscilacións do relevo e do clima. Hai unha gran variedade, xa sexa vexetación silvestre ou cultivos humanos. Nas zonas altas pódense atopar bosques (piñeiros, abetos, haxas, carballos), matogueiras e prados, mentres que as zonas do val do Ebro son explotadas para uso agrícola.

[editar] Hidrografía

O Ebro ao seu paso por Zaragoza.

A maior parte dos ríos aragoneses son afluentes do Ebro, que é o máis caudaloso de España e divide en dous á comunidade. Dos afluentes da marxe esquerda do río, é dicir os ríos con orixe no Pireneo, destacan o Aragón, que nace en Huesca pero desemboca na comunidade de Navarra, o Gállego e o Cinca, o cal únese ao Segre xusto antes de desembocar no Ebro á altura de Mequinenza. Na marxe dereita destacan o Jalón, o Huerva e o Guadalope.

Na canle do río Ebro, cerca do límite con Cataluña, sitúase o Encoro de Mequinenza, de 1530 hm³ e unha lonxitude duns 110 km; é coñecido popularmente como o Mar de Aragón.

Mención aparte dentro da hidrografía merecen os pequenos lagos de montaña pirenaicos chamados ibones. Estes lagos, de gran beleza paisaxística, teñen a súa orixe na última glaciación e adóitanse atopar por encima dos 2000 msnm.

[editar] Economía

O PBI de Aragón supón o 3 ou 4% do PBI do total de España. Opel ten unha fábrica de automóbiles en Figueruelas, preto da cidade de Zaragoza, constituíndo a maior entidade económica individual da rexión.

[editar] Demografía

[editar] Localidades máis poboadas

Listaxe Cidade Provincia Pob. Listaxe Cidade Provincia Pob.
Basilica del Pilar-sunset.jpg
Zaragoza
Casino Municipal Huesca.jpg
Huesca
Catedral mudéjar de Teruel.png
Teruel
1 Zaragoza Zaragoza 666.129 11 Jaca Huesca 13.193
2 Huesca Huesca 51.117 12 Tarazona Zaragoza 11.095
3 Teruel Teruel 35.037 13 Sabiñánigo Huesca 10.112
4 Calatayud Zaragoza 21.905 14 Binéfar Huesca 9.288
5 Monzón Huesca 17.050 15 Caspe Zaragoza 8.848
6 Utebo Zaragoza 16.966 16 Tauste Zaragoza 7.690
7 Ejea de los Caballeros Zaragoza 16.935 17 La Almunia de Doña Godina Zaragoza 7.633
8 Barbastro Huesca 16.802 18 Zuera Zaragoza 7.288
9 Alcañiz Teruel 16.233 19 Alagón Zaragoza 6.894
10 Fraga Huesca 14.034 20 Cuarte de Huerva Zaragoza 6.404
Censo 2008[1]


[editar] Idioma

Neste mapa observamos as tres linguas faladas na comunidade de Aragón: o aragonés (ao norte), o castelán e o catalán (ao leste).

O castelán é actualmente a única lingua oficial e a maioritaria no territorio aragonés. Caracterízase por algúns trazos propios, na súa maioría restos do aragonés que se foi perdendo progresivamente desde o século XV pola difusión do castelán. O castelán aragonés pódese incluír entre as variantes setentrionais do castelán, con características propias sobre todo na entonación e o vocabulario.

O aragonés fálase en pequenas localidades das provincias de Huesca e Zaragoza, e del quedan pegadas no fala das provincias de Zaragoza, Teruel, A Rioxa, Navarra e en menor medida nalgunhas localidades catalás, valencianas e murcianas. Esta lingua é considerada pola Unión Europea como a lingua minoritaria que corre máis perigo de desaparecer, polo cal insta á DGA a respectala e promocionar o seu uso.

Diversas variedades dialectales do catalán fálanse nalgunhas comarcas da parte oriental de Aragón, que forman a chamada "Franxa de Aragón". En 2006 vivía nesa zona unha poboación de 47.771 habitantes. Esta lingua, do mesmo xeito que o aragonés, está á espera da Lei de Linguas para ter recoñecemento en Aragón aínda que está máis normalizada, xa que en localidades como Fraga dáse a posibilidade de obter na educación pública aragonesa o título de catalán recibindo durante catro anos en Primaria ou durante os catro anos da Educación Secundaria (ESO) clases de catalán en horario extraescolar.

Existe unha minoría que desexa que ás variedades faladas na Franxa non se lles chame catalán senón aragonés oriental.

[editar] Política

As Cortes de Aragón

O parlamento de Aragón coñécese co nome de Cortes de Aragón.

[editar] Cultura

A jota é o baile típico de Aragón.

Algúns aragoneses destacados en diferentes campos artísticos e sociais son:

[editar] Gastronomía

Viños con Denominación de Orixe de Aragón.

De Aragón son soados as migas de pastor, o ternasco (cordeiro), os xamóns de Teruel, a borraxe, o cardo, os viños (Somontano, Campo de Borja, Cariñena, Calatayud), as chiretas, as tortetas, a longaniza, a carne á pastora, os crespillos, o polo ao chilindrón, as améndoas, o aceite de oliva, o mel, o melocotón, etc.

[editar] Referencias

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais