Nicolás Salmerón
| Nicolás Salmerón | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Período: | 18 de xullo de 1873 - 7 de setembro de 1873 | ||
| Antecesor: | Francisco Pi i Margall | ||
| Sucesor: | Emilio Castelar y Ripoll | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 10 de abril de 1838 | ||
| Lugar: | |||
| Falecemento: | 20 de setembro de 1908 | ||
| Lugar: | |||
| Organización: | Partido Progresista de España Republicanismo unitario |
||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | {{{cargos}}} | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político, historiador, filósofo e catedrático. | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Nicolás Salmerón Alonso, nado en Alhama de Almería o 10 de abril de 1838 e finado en Pau (Francia) o 20 de setembro de 1908, foi un político e filósofo español, que chegou a Presidente do Poder Executivo da Primeira República Española durante un mes e medio no ano 1873. Dimitiu do seu cargo por negarse a asinar unha pena de morte. Foi catedrático de Historia Universal na Universidade de Oviedo e de Metafísica na Universidade de Madrid. Estudou as teorías de Krause, que inspiraron á Institución Libre de Ensino.
Índice |
Traxectoria [editar]
O seu pai foi médico, e o seu irmán máis vello, Francisco Salmerón (1822-1878) foi político e xurista. Estudou o ensino en Almería. Máis tarde viaxou a Granada onde estudou Dereito e Filosofía, sendo co-discípulo de Francisco Giner de los Ríos. En Madrid foi influenciado pólas teorías de Krause a través de Julián Sanz del Río, o seu profesor. En 1858, foi profesor de Filosofía no Instituto de San Isidro de Madrid e ao ano seguinte foi nomeado profesor axudante na Facultade de Letras da Universidade Central.
O 13 de xullo de 1869 obtivo a cátedra de Metafísica na Universidade Central. En 1867 foi detido polas súas actividades revolucionarias no seo do Partido Demócrata, a carón de Francisco Pi i Margall, pasando cinco meses no cárcere. Durante o Sexenio Democrático (1868-1874) foi un dos líderes do republicanismo, a pesar das diferenzas doutrinais que tiña de federalismo Francisco Pi i Margall. No ano 1871 foi elixido deputado por Badaxoz.
A Primeira República [editar]
Coa proclamación da República en 1873, foi nomeado Ministro de Gracia e Xustiza do goberno de Estanislao Figueras. Tentou reformar o sistema xudicial e establecer unha lexislación secular.
Trala dimisión de Pi i Margall, as Cortes Constituíntes nomearono Presidente do Poder Executivo[1]con 193 votos contra 93[2]de Pi i Margall, cargo que exerceu entre o 18 de xullo e o 7 de setembro de 1873. A situación de todo o período foi especialmente crítica, o que o levou a non poder controlar as sublevacións cantonais que xurdían en España. Os seus problemas co Exército no foron menores durante o seu período presidencial, e a súa negativa a asinar a pena capital obligarono a dimitir. Dous días despois de abandonar o cargo foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados. Os enfrontamentos co seu sucesor, Emilio Castelar, axudaron involuntariamente ó golpe de Estado do xeneral Pavía que, xunto co de Arsenio Martínez Campos o 29 de decembro de 1874, deron fin a primeira experiencia republicana en España.
Restauración da Monarquía [editar]
- Artigo principal: Restauración borbónica en España.
No 1874 regresa a súa cátedra de Metafísica, pero coa Restauración borbónica verase privado da plaza o 17 de xullo de 1875 nun amplo proceso de depuración universitaria. Aínda que tratou de manter un despacho de avogados en Madrid, a situación obligouno a partír cara o exilio en París, onde xunto a Manuel Ruiz Zorrilla fundou o Partido Republicano Progresista. Non volveu a España ata 1885, trala amnistía de Práxedes Mateo Sagasta de 1881, e puido recuperar a súa cátedra. Foi de novo deputado no 1886 e despois ininterrompidamente de 1893 ata 1907.
Finou en Pau, Francia o 20 de setembro de 1908, mentres estaba de vacacións. No ano 1915 trasladaron os seus restos ó monumento funerario levantado no cemiterio civil de Madrid, á dereita do mausoleo de Francisco Pi i Margall, o seu predecesor na presidencia da República. No su epitadio aparece unha glosa realizada por Georges Clemenceau (primeiro ministro francés de 1907 a 1912), e recordase que deixou o poder por non asinar unha sentencia de morte.
Primeira República española |
||
|---|---|---|
Segue a: Francisco Pi i Margall |
Nicolás Salmerón | Precede a: Emilio Castelar y Ripoll |
| Presidente do Goberno de España | ||
Notas [editar]
- ↑ Gaceta de Madrid Anno CII n.201 20 luglio 1873, Tomo III, pág. 1109
- ↑ *La Ilustracion Española y Americana Año XVII - num.XXVIII - Madrid, 21 de julio de 1873, pág. 450 crónica de la elección de Nicolás Salmerón a Presidente de la Primera República
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
Presidentes do Goberno da Primeira República Española |
|
|---|---|
| Estanislao Figueras | Francesc Pi i Margall | Nicolás Salmerón Alonso | Emilio Castelar | |